La filarmónica se viste de Karla Kuskin e ilustracións de Marc Simont
Corimbo
Os preparativos dun concerto dunha orquestra son descritos con detalle por autora e ilustrador formando unha parella perfecta. Cun debuxo de grande calidade, o texto explícanos os hábitos das máis de cen persoas que forman este colectivo, cun resultado moi atractivo a nivel estético e de contido.
- Mozos/as e adultos/as:

O violín de Rembrandt de Jorge Llorca
Xerais
O XXXI Premio Blanco Amor de novela ofrécenos unha historia coral que parte dun cadro e dun violín vencellados a un profesor do Colexio Atenea. Violeta, filla dun embaixador arxentino, Bladimiro Regueira que aspira a triunfar na farándula, Teresa Moure, daltónica pero con vista para xestionar unha galería de arte e Indalecio, camareiro do Delicias pelexado coa climatoloxía, forman entre outros unha novela fluida con moito humor que reflicte o ambiente das pequenas cidades.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario