Cúmprese o centenario da morte de Rubén Darío, o poeta nicaraguano, xenio mundial da poesía contemporánea, (Metapa, hoxe Ciudad Darío, 18 de xaneiro de 1867 - León (Nicaragua), 6 de febreiro de 1916). Para homenaxealo na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé faremos unha exposición cos seus fondos e para os máis pequenos, un concurso de debuxos baseado no seu poema “Margarita”.
Co obxectivo de difundir as obras de Rubén Darío, coñecer máis sobre este poeta modernista, gozar da súa literatura, animar a expresividade e a imaxinación a través do debuxo, achegarse e valorar a poesía, convidamos aos-ás nosos-as usuarios-as a visitar a biblioteca e levar títulos como "Cantos de vida y esperanza", "Antología poética" e "Margarita" en préstamo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario