Podes visitar a exposición bibliográfica "25 fiestras: asómate a novelas que descubren culturas" no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda. Son 25 ocos, 25 ollos por onde mirar outras formas de relacionarse co mundo. 25 propostas, como outras calquera, para coarse na casa, na cociña, na praza, no cuarto de estar, no espazo de traballo, no tempo de lecer, no dormitorio, na escola...
Vai da man de Dai Sijie, Vikram Seth, Naguib Mahfuz, V. S. Naipaul, Edna O' Brien, Amy Tan, Amos Oz, Esther Hautzig, Amélie Nothomb, Waris Dirie, Najat El Hachmi, Anouk Markovits, David Kidd, Azar Nafisi, Angel Wagenstein, Chimamanda Ngozi Adichie, Xosé Neira Vilas, Willa Cather, E. M. Forster, Margaret A. Ogola, Mohamed Chukri, Chinua Achebe, Micheline Aharonian Marcom, Vicki Subirana e Anita Nair e coñece outros mundos a través da literatura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario