18/12/15

“De libros e ilusións”: 260 recomendacións de libros, dvd e cd para o Nadal 2015

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23193.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron para este Nadal unha guía titulada  "De libros e ilusións", formada por 260 recomendacións de libros, DVD e CD. Presentan esta selección cun dobre obxectivo: mostrar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visión e lembrar que un libro, un CD, ou un DVD son tamén un bo agasallo.
 
Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas, polo que nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades.  Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Son 260 libros, CDs e DVDs que temos nas bibliotecas e que poden levar en préstamo para as súas casas.
Os libros figuran clasificados por idades, para as que se considera que son máis axeitados. A idade para a que se recomenda cada obra é só de forma orientativa, xa que cada  nena ou neno ten un grado de desenvolvemento mental que se debe respectar.
 
Animamos a todas as persoas que vaian facer algún regalo por estas datas de Nadal ou
Reis, a que obsequien aos seus seres queridos cun libro, ao mesmo tempo que lles
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23193.pdf
lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa.  A facultade lectora non é innata, vaise adquirindo pouco a pouco, por este motivo gustaríanos espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura dun bo libro.
Esta guía repartirase ao alumnado de ensinanza primaria dos centros de ensino público deste Concello, así como nas bibliotecas municipais.


Cos bos libros desta guía, desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade, que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións convertidas en realidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario