4/9/15

Recomendacións en Radioleiros: 4 de setembro



http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=112785- Infantil (de 6 a 8 anos):


A canguro Adelaida toma contacto cos humanos e acaba en París salvando a unha familia do lume. No hospital coñece a un canguro co que ten fillos. Estilo gráfico con páxinas brancas e poucas cores, nun relato no que a protagonista supera todos os obstáculos nunha “fábula” protagonizada por un animal distinto ao habitual.

- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=118064

Esta correspondencia dos soldados alemáns destinados en diversos frentes e escrita entre 1939 e 1945 constitúe unha testemuña histórica, social e política de primeira orde. Ordeada cronoloxicamente, e indo do optimismo á amargura, é unha viaxe humana polo maior episodio bélico do século XX e forma un epistolario  do que hai poucos exemplos. Un traballo froito da investigación da historiadora francesa Marie Moutier.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario