5/6/15

Concerto e presentación do DVD “Viernes de cantautar": xoves 11 de xuño

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-21719.jpg
No Teatro As Torres de Santa Cruz, o xoves 11 de xuño ás 20 horas.
Espectáculo musical no que actuarán Carlos Colino, César de Centi, Xurxo Mares e Paris Joel.
Cancións que unen poesía, sentimento e palabras cunha mensaxe. Un espectáculo ao vivo, aberto e participativo.
Carlos Colino: o seu estilo persoal bebe directamente da Nova Trova Cubana. 
César de Centi: leva máis de 15 anos neste oficio revolucionando a escena local. 
Xurxo Mares: forma parte da historia da música galega como membro do Movemento Popular da Canción Galega. 
Paris Joel: técnico de son e locutor de Radioleiros, cantautor de vocación, con cancións cheas de vida e sentimento e unha música que engaiola.

A Asociación Cultural Viernes de Cantautar leva dous anos en funcionamento desde a súa constitución oficial pero moitos máis como colectivo independente de cantautores. A súa historia xurde cando un grupo de amigos cantores despois de facer unha exitosa homenaxe a Silvio Rodríguez na sala LaTuerka 27 d' A Coruña decide aunar esforzos para dar a coñecer o xénero da canción de autor en Galicia. Nese momento, amparados polo éxito desa homenaxe a Silvio Rodríguez, son chamados para ofrecer un concerto mensual na sala La Tuerka e outro na sala Bâbâ Bar de A Coruña, concertos onde tributan cancións aos grandes cantautores e onde tamén presentan as súas composicións. Desa actividade nace a idea de constituírse oficialmente como asociación e instalan a súa base de operacións definitiva na sala Bâbâ Bar e no Concello de Sada onde tamén ofrecen actividades mensuais coma as súas Sesións de Guitarra Aberta ou os seus Concertos de Ocasión onde, grazas a eles, trouxeron cantautores doutras latitudes como Cataluña, Cuba ou Colombia. É a única asociación de cantautores activa de toda Galicia e está a presentar o seu primeiro traballo, un DVD gravado en directo na sala Bâbâ Bar de A Coruña onde participaron 16 cantautores-as de distintas cidades galegas, un directo onde se pode apreciar, como son os seus espectáculos, sempre abertos e participativos. Un deuvedé cuxo obxectivo é levalo a todos os recunchos da xeografía galega para que se saiba que a canción de autor está máis viva ca nunca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario