5/6/15

Recomendacións en Radioleiros: 5 de xuño

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=3406- Infantil (nenas-os maiores de 8 anos):
"Mi tío Andy" de James Warhola, en Serres.
O autor do libro, James Warhola, sobriño do artista Andy Warhol, conta a visita que regularmente facía a súa familia,
desde Pittsburgh, de onde procedían, a Nova York, á casa do seu tío. Alí James, que xa daba os seus primeiros pasiños co debuxo, e os seus irmáns, descobren os obxectos cotiáns que serven de fonte de inspiración ao seu tío Andy, creador e impulsor do Pop-art, como as moreas de caixas de latas de sopa Campbell's, ou os retratos de Elvis e Marilyn, iconas que o fixeron famoso.
 

- Mozas-os e adultas-os:
"Onde o aire non era brisa" de María Victoria Moreno, editado por Galaxia.
O relato, traducido por Xavier Senín, está baseado nas experiencias dunha mestra nova, http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=88023 Elena que chega a unha vila de caciques, na Castela da década dos 60, na que terá que lidar coas conspiracións, a pobreza, o poder eclesiástico e político e o analfabetismo, unha vida dura para todas-os. O máis reconfortante para ela serán as relacións coas-cos poucas-os alumnas-os que asisten con certa regularidade á escola. Única novela escrita en castelán na xuventude da escritora, que despois fixo seu o idioma galego.
Este ano adícaselle o II Día das Galegas nas Letras, promovido pola Plataforma de crítica literaria A Sega.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario