20/2/15

Recomendacións en Radioleiros: 20 de febreiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/37089654/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=102173- Infantil (de 8 anos en adiante):

Rasmus y el vagabundo, de Astrid Lindgren; ilustrado por Pablo Auladell
Kalandraka, 2011

A autora sueca e medalla Hans Christian Andersen tráenos este relato no que un neno orfo atopa nun vagabundo o significado da amizade, o afecto, a experiencia e a supervivencia. Novela case histórica con ilustracións do galardoado Pablo Auladell.

- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=39873Expediente Artieda, de Luis Rei Núñez
Xerais, 2000

A Coruña de 1959 contada desde os “anónimos absolutos”, aqueles que participan na Historia pero non aparecen nomeados. Personaxes heroicos e cotiáns que protagonizan xunto con Franco e Pedro Barrié unha trama social e política na que os maquis lévannos pola estación do tren, Os Mallos, Santa Margarida, a Torre de Hércules e o Hospital de Oza. Un conxunto que foi Premio Xerais de novela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario