Unha magnífica novela xuvenil na que o misterio é a temática principal.
A historia acontece nun hostal da Fonsagrada,
durante o inverno. Un equipo de guionistas recibe a encarga de escribir
os guións dunha serie de televisión. Para concentrarse no traballo,
acordan recluírse nese hostal solitario. Ao terceiro día de estar alí,
comeza a nevar. Unha nevarada que semella non rematar nunca, que
interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados
do mundo. Segundo van escribindo poderemos coñecer o extraordinario
relato de Miro “A casa azul”, o excelente de Irene “Herdanza de sangue”,
o angustioso de Diego “A néboa da vinganza” ou o azaroso de Ruth “Un
incidente no internado”. A situación climatolóxica empeorará e pouco a
pouco irán descubrindo cousas que os fará sospeitar que algo raro está
pasando e un tremendo medo comeza a penetrar nas súas vidas.
Unha novela de intriga e medo, cun final diferente e inesperado.
- Mozos/as e adultos/as
Unha novela que trata sobre a mentira, segredos e o
rancor que desata non ter coñecido antes esa verdade, pero tamén fala
do franquismo e a Transición.
Está ambientada no Madrid dos años oitenta. Un narrador, agora xa maior, conta
a historia sobre o matrimonio formado por Eduardo Muriel e Beatriz
Noguera. Uns feitos que el coñeceu persoalmente na súa mocidade, cando
estaba traballando como secretario persoal de Muriel, que era un exitoso
director de cine.
Ao pouco de ser contratado, Muriel pídelle que
investigue sobre un amigo seu, o doutor Jorge Van Vechten, para saber se
uns rumores que lle chegaron del son certos. A trama vaise articular
entre esta investigación e a relación entre Muriel e a súa muller, todo
observado e contado polo narrador, con consideracións de tipo moral e no que influirá moito o seu pensamento.
“Así empieza lo malo y lo peor queda atrás” é unha
cita de de Shakespeare, pronunciada en Hamlet, da que o autor saca o
título para esta obra.
A revista Babelia elixiu “Así empieza lo malo” como o libro máis importante do 2014.
Unha obra moi interesante, moi ben escrita, cunha
prosa magnífica e precisa, que nos fala do desexo, da capacidade de
ocultar o pasado, do rancor e o perdón.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario