Presentación da obra Falando claro de Pepe Sendón, acompañada de proxección audiovisual.
Narración audiovisual que ilustra con imaxes documentais a figura do anarquista Claro Xosé Sendón Lamela. Transitarase pola Semana Tráxica arxentina, polos anos 20 neoiorquinos, polo Crack de 1929 e a posterior Gran Depresión, pola II República española, por diferentes episodios do anarquismo galego, polos días previos á sublevación militar e, finalmente, pola Guerra Civil española.
Reconstrución dunha peripecia vital novelesca e, ao mesmo
tempo, a primeira escolma publicada do traballo xornalístico de Claro
Sendón. A obra inclúe tamén unha serie de fotografías inéditas do
protagonista.
Pepe Sendón (Lira, 1964) é escritor, músico e tradutor. A comezos dos noventa foi un dos activos promotores da sala NASA e o grupo Chévere e colaborador en numerosos proxectos musicais con Fran Pérez (Narf), como a ópera Annus Horribilis, o grupo A Psicofónica de Conxo ou o multimedia infantil O Labirinto dos Soños. Ultimamente ten publicado a novela Satélite (2010), a obra infantil Animal Fun (2014) con Fausto, e xira co monólogo Marx no Soho e a presentación audiovisual de Falando Claro.

Próximas presentacións na Biblioteca de Santa Cruz:
- Venres 12 de xuño ás 18,30 h. Presentación do poemario O punto de maduración de Mª Luisa Abad, acompañada da cantautora Mª José Pérez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario