30/1/15

Recomendacións en Radioleiros: 30 de xaneiro

http://www.ipernity.com/doc/284673/36905874/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=rosa+caramelo&idx=ti - Infantil (de 6 a 8 anos):
"Rosa caramelo" texto de Adela Turin e ilustracións de Nella Bosnia, en Kalandraka
A historia dun grupo de elefantes e elefantas serve para explicar a discriminación por sexo co exemplo de Margarida, unha elefanta con gustos diferentes e criterios propios. Libro con ilustracións de gran tamaño, apto para ler en voz alta e fomentar o gusto pola lectura xunto cun pensamento crítico que permita entender os estereotipos sexistas. De grande interese pedagóxico.
 
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=108591- Mozos-as e adultos-as:
"Cadeas" de Xabier López López, editado por Xerais
Nado en Bergondo (1974), Xabier López consolidouse co Premio Xerais (2013) como un escritor a ter en conta na literatura galega. “Cadeas” é “unha historia de historias”, unha novela que pode lerse como un conxunto de relatos, cunha chea de personaxes e referencias culturais cruzadas nas que podemos destacar a Manuel Antonio, o propietario das cervexas Cruceiro, un home que se parecía a Dieste ou O Piloto, un dos últimos guerrilleiros. Un paseo polo século XX en diferentes textos.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario