3/11/14

"Queres ler connosco?" premiado polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte


As Bibliotecas Municipais de Oleiros foron galardoadas unha vez máis co prestixioso Premio María Moliner que outorga o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte en colaboración coa FEMP.

Estes galardóns están destinados á programación de animación á lectura das bibliotecas de concellos de menos de 50.000 habitantes. Das 300 bibliotecas seleccionadas de todo o Estado, como os mellores proxectos de entre os 608 presentados, hai 21 bibliotecas de Galicia e entre elas, un ano máis, está o presentado polas bibliotecas municipais de Oleiros.

A candidatura presentada polas bibliotecas municipais de Oleiros titúlase Queres ler connosco? e nel explícanse as actividades de promoción da lectura que se realizaron no primeiro semestre deste ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario