31/10/14

Recomendacións en Radioleiros: 31 de outubro

http://www.ipernity.com/doc/284673/35755985/in/album/594169
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=maquinas+increibles+harrison&idx=- Infantil:

"Máquinas increíbles" de James Harrison

Doce páxinas con ilustracións e novo vocabulario para que os cativos podan iniciarse coñecendo un tren, avión, coche, camión, etc. Interese pedagóxico e posibilidade de traballar o tacto con pezas móbiles.

- Moz@s e Adult@s:


A novela máis vendida en lingua árabe no 2002 lévanos a un edificio no centro do Cairo. Todo tipo de personaxes coas súas debilidades e soños: o fillo do conserxe que cae no islamismo tras fracasar na aspiración de ser policía, un vello aristócrata nostálxico, un xornalista homosexual nun mundo intolerante, unha muller que acepta os convites do seu xefe para axudar económicamente á familia… O Exipto actual visto por un escritor de primeira man.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario