Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboramos unha guía de lectura titulada “Á calor dos libros”, formada por 66 recomendacións de libros e dvd. Esta escolla foi realizada polo persoal das bibliotecas e nela pódense atopar publicacións moi diversas.
É unha escolla de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Bos libros e películas para gozar e compartir.
Desde as Bibliotecas de Oleiros ofrécese esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura ou visionado e lembrar que un libro e un dvd son tamén un bo agasallo.
Son 66 libros e dvd que hai nas bibliotecas municipais e que se poden levar en préstamo para as casas. Uns divirten, outros emocionan, fan pensar, provocan a reflexión ou aportan novos coñecementos.
Animamos a todas as persoas que vaian facer algún agasallo por estas datas de Nadal ou Reis, a que obsequien aos seus seres queridos cun libro, disco ou película. Gustaríanos que os/as que teñen vacacións que dediquen parte do seu tempo a ler algún libro; principalmente os nenos/as, adolescentes e mozos/as e lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa.

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade.
Que 2015 traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades!
No hay comentarios:
Publicar un comentario