28/3/14

Recomendacións en Radioleiros: 28 de marzo

http://www.ipernity.com/doc/284673/31479363/in/album/594169
- Infantil (a partir de 12 anos):

As meigas de Lupa, de María Solar 
Xerais

María, Pablo e Martiño van pasar unha semana das vacacións coa súa avoa Berta na casa que esta ten en Santa Cruz de Rivadulla, unhas vacacións que se repiten todos os anos, xa que serven para que netos e avoa gocen xuntos. Cando estes chegan á casa enteranse de que van ter que compartir a casa con varias  amigas da avoa xa que naquela casa vai ter lugar un congreso de meigas… Ao mesmo tempo atopan a súa avoa moi consternada pola perda dunha chave, tras esta perda agóchase a historia dun segredo milenario, que foi gardado xeración tras xeración, e que pasou de bocas a oídos, unha e outra vez, e que nunca se contou a quen non era merecedor de sabelo.
- Moz@s e Adult@s:

La intrusa, de Éric Faye
Salamandra

Partindo dun caso real: unha nova publicada en 2008 por varios xornais nipóns, na noticia contaban, que durante un ano, un xaponés estivo convivindo cunha intrusa que se colou na súa casa ao verse na rúa, sen cartos e sen ninguén a quen acudir, un tema moi de actualidade no noso país, non?. O autor consegue tecer unha historia maxistral, na que destacan sobre todo os seus únicos personaxes: Shimura Kobo, de profesión meteorólogo, é un home solitario, ao que se lle acomoda na casa unha muller desesperada que adquire unos hábitos de case fantasma-parásito, porque con incrible destreza faise cunha parte da casa, aliméntase. O curioso é que o dono da casa tarda ou quere tardar en darse conta de que convive con alguén na casa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario