27/3/14

Yolanda Castaño no Mes do “Movemento para ler libros escritos por mulleres” na Biblioteca de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2014/03/mes-do-movemento-para-ler-libros.html
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela, 1977), deuse a coñecer como poeta, a través dunha serie de premios de poesía menores ata que, grazas ao Premio Fermín Bouza Brey 1994, publicou o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995). Seguíulle Delicia (1998), e máis tarde Vivimos no ciclo das Erofanías (1998), editado co gallo do Premio Johán Carballeira, e que tamén recibiu o Premio da Crítica Española 1998. No ano 2000 publica Edénica, unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior ao que segue O libro da egoísta (2003). Ao fío deste poemario, Yolanda dirixiu e produciu un “videopoema” que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual, e que resultou gañador do Premio Videocreación do Festival Compostela Curtocircuito 2004. 
En anos posteriores publica Profundidade de campo (2009) e Erofanía (2009). No ámbito infantil podemos salientar Punver (2006), Cando eu saiba ler, Punver de volta (2009) e Verdedades (2012). Ten participado en varios volumes colectivos  e tamén aparece a súa obra en diversas antoloxías. Como poeta, e tamén como crítica literaria, ten colaborado en numerosas revistas e publicacións periódicas así como en diversas iniciativas audiovisuais. 
http://www.disquecool.com/2014/01/30/readwomen2014-un-movemento-para-ler-libros-escritos-por-mulleres/
Formou parte da equipa fundadora e directiva de Letras de Cal, unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos. Ademáis de manifestarse coma unha activa animadora cultural, organizou, xunto con Emma Couceiro, dous Ciclos de Recitais Poéticos en Filoloxía (1996 e 1998). 

Así mesmo, ten recitado poemas e ofrecido charlas, ou participado en foros poéticos, como Poetas di(n) versos,  e encontros por toda a xeografía galega tanto como estatal e tamén internacional. Foi Secretaria Xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). 
Ademáis de poeta, é conferenciante e tamén articulista en varios medios escritos galegos á vez. Mentres, dirixe Obradoiros de Poesía en diferentes vilas e cidades do país. Ten participado nas bibliotecas de Oleiros, en varias edicións das actividades organizadas para os centro escolares do municipio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario