A coelliña Marcela, de Esther Tusquets ; ilustracións de María Hergueta
Delicioso conto sobre a igualdade con texto de Esther Tusquets e ilustracións de María Hergueta. Un texto sobre tolerancia e xustiza social nas comunidades dos coellos que ben poden traspasarse á humana. Unha fábula moderna onde todo o mundo cabe e a mestizaxe é a solución perfecta. Ilustracións moi realistas, destacando a cor amarela. Esta cor é utilizada para xogar coa uniformidade das diferenzas.
- Moz@s e Adult@s:
Un home novo cun pai vello, un irmán autista e unha filla case descoñecida sofre unha crise que lle leva a abandonar Islandia. Deste xeito, comeza unha viaxe física a un mosteiro no interior de Europa que tamén é unha viaxe interior coas flores como ligazón coa nai xa falecida. Texto premiado a nivel europeo.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario