- Infantil (menores de 10 anos):
"Bicos de música" de Mamá Cabra. Ilustracións de Kristine Sabaite, editado por Galaxia.
Libro + CD + DVD con cancións dirixidas a nenas e nenos. Formado por 10 cancións, das que algunhas son letra e música de Gloria Roel, ou de adaptacións de cancións infantís, tradicionais ou tamén doutras autoras. É unha publicación para ler, escoitar, cantar, bailar e aprender. Un traballo recente do Grupo Mamá Cabra que fará as delicias dos máis pequenos.
- Mozos/as e adultos/as:
"La bibliotecaria de Auschwitz" Antonio G. Iturbe, en Planeta .

Trata sobre a extrema dureza e o horror da vida nun campo de concentración nazi e a escola clandestina que formaron como maneira de escapar da realidade. Este libro xurde a raíz dos feitos reais que o autor coñeceu ao ler “La biblioteca de noche” de Alberto Manguel, na que describe unha pequena biblioteca no campo de concentración de Auschwitz. Ese foi o inicio para que comezase a investigar sobre ese caso, polo que a
novela parte de feitos reais contados pola propia protagonista, pero hai nomes e apelidos de personaxes que foron cambiados. Inspirada na historia real de Dita Polachova, unha adolescente checa de 14 anos, que foi levada, xunto coa súa familia, a este campo de concentración e que se converte na bibliotecaria que custodiaba os libros nun lugar onde estaban prohibidos. Esta obra é unha homenaxe a ela. Está moi ben documentada, a súa lectura a veces estremece, pero ao mesmo tempo podemos ver como nun lugar onde impera a brutalidade e a inxustiza, a través dos libros e por uns momentos, os nenos e nenas que asisten a esa escola poden escaparse da realidade e facer voar a súa imaxinación.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario