10/5/13

Recomendacións en Radioleiros:10 de maio

- Infantil: 


 
Comedia nun acto que conta as andanzas dunha compañía de teatro ambulante formada por Catarina de Siena e Ramiro de Blas que representa obras para nenos. Nesta peza sucédense lances de ton fantástico e simbólico con personaxes como o Sol, a Lúa, o Rei dos demos, etc. a través dos que se explican o nacemento dos días e das noites, a existencia dos tesouros e outros feitos.

- Moz@s e Adult@s:


Gaia é a protagonista e o argumento mesmo de En vías de extinción. Gaia asenta as súas raíces no rural galego, no respecto pola natureza e os animais, no amor á(s) lingua(s) e nunha cultura propia que perde presenza e poder a marchas forzadas . O pensamento feminista e o ecoloxismo figuran entre outros , como eixos deste libro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario