26/4/13

3 e 10 de maio: Roteiro Cultural e Literario


Syra Alonso e Francisco Miguel e a "Casa da felicidade" en Santa Cruz
Francisca Herrera en Oleiros 

Organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores de Oleiros, a actividade consiste no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres e homes ilustres, como unha homenaxe a todos eles e co obxectivo de dalos a
coñecer e mellorar o coñecemento do patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.

Realizaránse dúas sesións, sendo a primeira o 3 de maio e a segunda o 10 de maio. En ambos casos comezaremos ás 9.30 horas nas Torres de Santa Cruz, realizando en ambas o mesmo recorrido.

O alumnado do Instituto Miraflores realizarán a presentación destas persoas ilustres. Alumnos e alumnas de 2º de bacharelato elaboraron o folleto dirixidos polo profesorado. O alumnado de 4º de ESO colabora igualmente na actividade.

O alumnado de 2º de bacharelato do IES Miraflores que realizou os textos do folleto foi: Aurora Alonso, Pablo Balado, Carlos Barros, Nicolás Berti, María Cabrero, Blanca Domínguez, Alfonso Fernández, Belén Fernández, Eduardo Ferro, Manuel González, Iago Rial, Víctor Roade,
Pablo Rodríguez, Rubén Vaamonde, Álvaro Varela, Iván Vázquez Mira, e o profesorado: Mercedes Agra Ramírez (do departamento de Lingua Galega), Mª Concepción Castro Higelmo (departamento de Ciencias Sociais), Elena López Prada (departamento de Física e Química), baixo a coordinación da catedrática Rosa García Vilariño do Departamento de Lingua e Literatura galega, así como da Biblioteca Central Rialeda e do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.


O deseño da publicación foi realizado polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.
Participarán no roteiro, ademais de alumnado e profesorado do IES Miraflores, tamén do Instituto Mª Casares, do Instituto Neira Vilas, do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e do Colexio Luis Seoane de Mera. Máis de 300 alumnas e alumnos, aos que se lles entregará a publicación sobre estas persoas ilustres. 
Poderán asistir todas as persoas que o desexen, debendo apuntarse na Biblioteca Rialeda para ter praza nos autobuses. Poderán facelo vindo persoalmente á biblioteca, ou chamando por teléfono ao número 981 639 511 ou enviando un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org.

DATA LÍMITE PARA INSCRIBIRSE O MARTES, 30 DE ABRIL

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros agradecemos a todas as persoas que colaboraron na elaboración da publicación e a todas as que van colaborar os días 3 e 10 de maio para a realización do roteiro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario