20/4/12

Recomendacións en Radioleiros: 20 de abril

- Infantil (menores de 6 anos):
"Un becho estraño", Mon Daporta e Óscar Villán, en Faktoría K.
Un libro para os máis pequenos/as de pouco texto e páxinas duras. É un libro rectangular pensado para ler ao dereito e ao revés, contando cunhas magníficas ilustracións de Óscar Villán. Relata a historia dun rato dun xeito progresivo. Moi práctico para contarllo os nenos e debuxar con eles.

-Mozos/as e adultos/as:
"Wendolin Kramer" de Laura Fernández, en Seix Barral.
 Wendolin é unha muller fóra do normal. Xunto a súa familia, vive do que aporta o seu can nos concursos de beleza. O seu primeiro caso como detective fará que a vida mude. Un libro orixinal e diferente.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario