21/10/11

Recomendacións en Radioleiros: 21 de outubro

logo Recomendacións en Radioleiros- Infantil (nenos/as de 6 a 8 anos):
"Nadarín" de Leo Lionni en Kalandraka.

Fermosa obra que nos presenta a Nadarín, un peixe de cor negra, que vivía cun banco de peixes vermellos. Todos vivían felices nadando polo mar, ata que un día chegou un atún rabioso e famento e dun cuberta do libro Nadarínbocado tragou a todos os peixes vermellos. Só Nadarín se salvou, fuxiu cara ás profundidades, pero vivía só, triste e asustado, mais o mar estaba cheo de fermosas criaturas e Nadarín volveu ser feliz. Un día viu agochados nas profundidades máis peixiños coma el, pero de cor vermella, que non se atrevían a saír por medo a que os comeran. Que ideará Nadarín para que todos podan saír a nadar polo ancho mar?
Álbum de gran calidade, tanto no texto como na ilustración, que nos fala da importancia da unidade e solidariedade entre os máis débiles para facer fronte aos máis fortes, pero tamén do valor da diferenza, a superación dos medos e a loita por superar as adversidades.

- Mozos/as e adultos/as:

"El pájaro espectador" de Wallace Stegner, editado por Libros del Asteroide.

Amósanos como é a vida dun matrimonio xubilado que marchou a vivir ao campo californiano. O protagonista, Joe Allston, foi un coñecido axente literario en Nova York. O seu único fillo morreu hai tempo nun accidente, polo que de vez en cando pensa na súa relación con el e tamén coa súa nai, unha muller que emigrou soa e moi nova para EE UU.
A chegada da poscuberta do libro El pájaro espectadortal dunha vella amiga lévao a buscar os diarios da época en que a coñeceu, hai uns vinte anos, nunha viaxe que fixo a Dinamarca coa súa muller, Ruth, para visitar o país de onde era orixinaria a súa familia. Ruth, ao enterarse da existencia deses diarios, convénceo de que cada noite lle lea un fragmento e así van revivindo o sucedido, en especial a súa relación cunha aristócrata danesa. As lembranzas lévaos a prantexarse preguntas e a reflexionar sobre o seu matrimonio, ao mesmo tempo que nos fala dunha serie de experimentos xenéticos que facían en Dinamarca o pai e o irmán da amiga aristócrata.
É unha entretida novela, cunha prosa coidada e unha historia na que nos describe dúas persoas maiores que chegan ao final das súas vidas. Un libro para reflexionar sobre a vellez e o matrimonio.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario