8/4/11

Recomendacións en Radioleiros: 8 de abril

Logo recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 8 de abril:
- Infantil (de 6 a 8 anos):
"El auto del señor Pulga" de Daniel Barbot, ilustracións de María Isabel Mas, en Ekaré.Cuberta de El auto del señor pulga
O señor Pulga, deseñador de automóbiles a medida, está experimentando unha crise. Nun atasco, córreselle a solución que salvará a súa empresa.

- Mozos/as e adultos/as:
"Conversa ultramarina" de Lois Pereiro, editado por PositivasCuberta do libro Conversa ultramarina
Dúas cartas intimistas escritas a Piedad, amiga de toda a vida, escritas no 1995 cando ela estaba en San Francisco. Literatura, cine, as visitas dos amigos no hospital, as ocorrencias diarias teñen oco neste texto preludio da morte de Lois Pereiro.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario