5/4/11

Agustín Fernández Paz, camiño do Andersen

foto de Agustín Fernández PazAgustín Fernández Paz, camiño do Andersen

Un cualificado xurado internacional de especialistas encárgase de outorgar cada dous anos o Premio Hans Christian Andersen, coñecido como “o Premio Nobel da Literatura Infantil”. Os-as galardoados/as son un escritor ou escritora e un ilustrador ou ilustradora, cuxa produción contribúa a acrecentar a literatura infantil e xuvenil. É o premio de máis elevado recoñecemento que se concede en vida a un autor/a e a un ilustrador/a de libros infantís.
A OEPLI, como sección española do IBBY, é a encargada de propoñer aos seus candidatos-as e para 2012 presentaranse as candidaturas do escritor galego Agustín Fernández Paz e do ilustrador Javier Zabala.
Con este motivo e para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil presentamos unha exposición bibliográfica coa obra do escritor de Vilalba que poderás contemplar na Sala Infantil e Xuvenil da Biblioteca Central Rialeda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario