15/10/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 15 de outubro:
- Xoves de 12 anos en adiante:
"O pintor do sombreiro de malvas" de Marcos Calveiro, en Xerais.
Un adolescente parisino chega a Auvers, no sur da Franza, para pasar unha tempada e, aínda que nun principio non se sinte a gusto, todo cambiará coa chegada á vila do pintor Vincent Van Gogh co que vai establecer unha fermosa relación de amizad
e.
- Mozos-as e adultos-as:
"Una casa para el señor Biswas" de V. S. Naipaul, editado por Debate.
Corren
os anos 40 do pasado século na illa caribeña de Trinidad. A falta de boas oportunidades de traballo e a escaseza de vivenda na illa obrigan a Mohun Biswas, casado e con catro fillos, a compartir casa coa extensa parentela da súa muller. Alí, sen apenas privacidade, soña co día no que poderá adquirir unha casa propia donde educar aos seus fillos lonxe das imposicións do clan familiar e donde poder exercer de cabeza de familia.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario