3/2/10

Entroido 2010 nas bibliotecas: OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES

No Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais celebramos este entroido con obradoiros de máscaras e antefaces a través do que coñeceremos os diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc)

Divertirémonos ao tempo que coñeceremos máis da nosa cultura e etnografía.

Para nenas e nenos a partir de 7 anos.

Número máximo de participantes en cada obradoiro: 20

Imprescindible inscrición na biblioteca na que desexes participar!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario