Porto Darwin nas Malvinas, Cidade Darwin en Australia, Illa Darwin nas Galápagos e Praza Charles Darwin en Perillo, no Concello de Oleiros, son algúns dos moitos lugares adicados ao científico inglés que este ano celebra dobre aniversario.
A Biblioteca Central Rialeda quere agasallar ao autor de "A orixe das especies" coa exposición bibliográfica PRAZA CHARLES DARWIN: expo conmemorativa do bicentenario do seu nacemento e dos 150 anos da teoría da evolución que se pode visitar no vestíbulo, cos recursos da nosa biblioteca e os paineis informativos elaborados polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario