Hora: 20 h.
Un ano máis, e chegados a este punto, a Biblioteca Central Rialeda agradece a todos e todas as participantes nas Tertulias Literarias non só a vosa participación, senón tamén o entusiasmo e interés amosado ao longo destes 9 meses de compaña literaria.
Como dí o verso "... el camino se hace al andar" e neste longo camiño de máis de 10 anos, o éxito da actividade non sería tal sen o compromiso e cariño co que sempre a acollestes.
A xeito de colofón, a Biblioteca comprácese en invitar a todas e todos os participantes na actividade desta tempada a un pequeno refrixerio no lugar habitual de celebración da mesma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario