31/10/24
Hora do conto e Ler conta moito: 6 a 8 de novembro 2024
29/10/24
AVISO: A Biblioteca "Manuel María" de Oleiros pechará o 31 de outubro
Pregamos desculpen as molestias.
28/10/24
Hora do conto e Ler conta moito: 30 e 31 de outubro 2024
27/10/24
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (28 a 30 de outubro 2024)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 28 de outubro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "El coronel no tiene quien le escriba" de Gabriel García Márquez.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Xente ao lonxe" de Eduardo Blanco Amor.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 29 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Canciones de amor a quemarropa" de Nickolas Butler.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 30 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Desgracia" de J. M. Coetzee.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina.
25/10/24
Recomendacións en Radioleiros: 25 outubro 2024
Inventario de bruxas da avoa Maruxa, de Ramón D. Veiga con ilustracións de Isabel Muñoz.
Cumio
Poemas con moito humor e ilustracións cheas de cor de Isabel Muñoz, formando unha dupla afortunada no contido e na estética, axeitada para os máis novos.
- Mocidade e persoas adultas:
Hasta su total exterminio: la guerra antipartisana en España, 1936-1952, de Arnau Fernández Pasalodos.Galaxia Gutenberg
Unha ollada novidosa da guerra irregular que sostivo o bando sublevado contra aqueles que estaban no monte e os seus apoios. Un estudo poliédrico baseado nunha investigación recente que ofrece unha paisaxe ampla.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
AVISO: A Biblioteca Mª José Trincado (Mera) pechará o 29 e o 31 de outubro
24/10/24
O proxecto de animación á lectura “Rialeda: literatura e música para cambiar o mundo” seleccionado polo Ministerio de Cultura para o Concurso María Moliner 2024
Día das Bibliotecas (24 de outubro): celebrámolo con Ledicia Costas

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) teremos este xoves 24 de outubro, Día das Bibliotecas, ás 18:30, unha actividade especial de dinamización á lectura coa escritora Ledicia Costas, na que narrará “Sete dentes de león” e “Barbabuela”, dirixida a crianzas maiores de 5 anos (o aforo está completo).23/10/24
Premio á Innovación bibliotecaria de Galicia ao Concello de Oleiros polo proxecto “Ler para saber: A CIENCIA” presentado pola Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Os obxectivos que se pretenden conseguir son: achegar a ciencia a todas as persoas (pero principalmente a crianzas e adolescentes), ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva, fomentar a lectura e a consulta de libros que traten estas materias. Programáronse conferencias, obradoiros, prácticas e experimentos sobre temas moi diferentes para atraer a un público de gustos diversos e variados. Primeiramente dúas-dous alumnas-os dan unha breve explicación e a continuación é a conferencia propiamente dita. A biblioteca realiza unha selección bibliográfica sobre o tema que se vai tratar. Expóñense todos os fondos da escolla para que as persoas que asisten aos actos os vexan e os leven en préstamo. Pódese finalizar cunha parte práctica (obradoiros, experimentos, prácticas botánicas ou de bioloxía, etc). Os aspectos principais deste proxecto radican na divulgación de temas científicos, co traballo anterior na aula, a preparación do alumnado participante por parte do seu profesorado, a implicación das-os nais e pais e, por suposto, a colaboración altruísta e gratuíta dos distintos profesionais que veñen a impartir as diferentes conferencias. Consideramos que actualmente é fundamental traballar a cultura científica, un dos piares básicos dunha sociedade culta, formada e responsable. Coa divulgación dos diversos temas de ciencia e tecnoloxía preténdese facer accesible a toda a poboación o coñecemento científico. Poñer a mirada nos diversos campos do mundo da ciencia que poden resultar útiles á cidadanía á hora de comprender mellor estas temáticas, de forma que teña a información necesaria para adquirir unha opinión sobre cuestións relacionadas cos avances da ciencia e as súas repercusións, para facilitar que cada persoa teña un pensamento crítico.Conmemoración do Día das Bibliotecas 2024 en Bibloleiros
21/10/24
Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (21 a 24 outubro 2024)
Biblioteca "María José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 21 de outubro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "El extranjero" de Albert Camus.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Circe ou o pracer do azul" de Begoña Caamaño.
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
- Martes 22 de outubro. 11 a 12:30 h. (Grupo C)
Comentario de "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "A esmorga" de Eduardo Blanco Amor.
- Martes 22 de outubro. 17:30 a 19:30 h. (Grupo A)
Comentario de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.
Biblioteca Central Rialeda. Perillo. (Grupo B)
- Mércores 23 de outubro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "No te veré morir" de Antonio Muñoz Molina.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Azucre" de Bibiana Candía.
Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 24 de outubro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "La historia de los vertebrados" de Mar García Puig.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remata de sesión entregaráse a seguinte lectura: "Os seres queridos" de Berta Dávila.
Programación tertulias literarias 1º trimestre (outubro - decembro 2024)
Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
Monográfico "A historia dentro da Historia"
Grupo A:
- Desgracia, de J. M. Coetzee (9 a 30 de outubro)
- No te veré morir, de Antonio Muñoz Molina (30 outubro a 13 novembro)
- Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi (13 a 27 novembro)
- Cómo maté a mi padre, de Sara Jaramillo Klinkert (27 novembro a 11 decembro)
- Ninguén queda, de Brais Lamela (11 de decembro a 8 de xaneiro)
Grupo B:
- No te veré morir, de Antonio Muñoz Molina (9 a 23 outubro)
- Azucre, de Bibiana Candía (23 outubro a 6 novembro)
- La isla de las mujeres del mar, de Lisa See (6 a 20 novembro)
- As alumnas, de Paula Carballeira (20 novembro a 4 decembro)
- Sostiene Pereira, de Antonio Tabucchi (4 a 18 de decembro)
- Cómo maté a mi padre, de Sara Jaramillo Klinkert (18 decembro a 15 xaneiro)
Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz.
Monográfico: "Identidade e espazos: outras formas de amor"
Grupo A:
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (9 a 22 outubro)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (22 outubro a 5 novembro)
- O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (5 a 19 novembro)
- La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel (19 novembro a 3 decembro)
- La mujer helada, de Annie Ernaux (3 a 17 decembro)
Grupo B:
- Canciones de amor a quemarropa, de Nickolas Butler (9 a 29 outubro)
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (29 outubro a 12 novembro)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (12 a 26 novembro)
- O único que queda é o amor, de Agustín Fernández Paz (26 novembro a 10 decembro)
- La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel (10 decembro a 14 xaneiro)
Grupo C (mañás):
- La nieta del señor Linh, de Philippe Claudel (9 a 22 outubro)
- A esmorga, de Eduardo Blanco Amor (22 outubro a 19 novembro)
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (19 novembro a 17 decembro)
- Un viejo que leía novelas de amor, de Luis Sepúlveda (17 decembro a 21 xaneiro)
Biblioteca "Mª José Trincado". Mera.
Monográfico: "Clásicos atemporais: un festín literario"
Grupo A:
- El extranjero, de Albert Camus (9 a 24 outubro)
- Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño (21 outubro a 11 novembro)
- Ancho mar de los Sargazos, de Jean Rhys (11 novembro a 9 decembro)
- El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez (16 decembro a 13 xaneiro)
Grupo B:
- El coronel no tiene quien le escriba, de Gabriel García Márquez (9 a 28 de outubro)
- Xente ao lonxe, de Eduardo Blanco Amor (28 outubro a 18 novembro)
- El extranjero, de Albert Camus (18 novembro a 16 decembro)
- Ancho mar de los Sargazos, de Jean Rhys (16 decembro a 20 xaneiro)
Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
Monográfico: "Literatura e formas de maternar e paternar: a familia"
- Historia dos vertebrados, de Mar García Puig (9 a 24 outubro)
- Os seres queridos, de Berta Dávila (24 outubro a 21 novembro)
- Canción dulce, de Leila Slimani (21 novembro a 19 decembro)
- Llévame a casa, de Jesús Carrasco (19 decembro a 16 xaneiro)
18/10/24
Hora do conto e Ler conta moito: 21 a 25 de outubro 2024
Recomendacións en Radioleiros: 18 outubro 2024

Tarde de sapo, de Maite Mutuberria
Kalandraka
Sapo ten unha rutina que se repite todas as tardes ata que un día sucede algo que o cambia todo.
Divertidísimo conto, de textos breves escritos en letra maiúscula, que pode ser unha moi boa proposta de primeiras lecturas.
- Mocidade e persoas adultas:
O azul entre o ceo e a auga, de Susan AbulhawaLaiovento
Versión dixital en Galiciale
O azul entre o ceo e a auga, xa traducido a máis de 20 idiomas, achégase agora en galego.
Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Gaza.
Unha novela de resistencia e esperanza coidadosamente traducida dun inglés engalanado de arabismos por Rocío Viéitez Ferro.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


















