18/10/24

Recomendacións en Radioleiros: 18 outubro 2024

- Infantil (a partir de 3 anos):

Tarde de sapo, de Maite Mutuberria
Kalandraka

Sapo ten unha rutina que se repite todas as tardes ata que un día sucede algo que o cambia todo.

Divertidísimo conto, de textos breves escritos en letra maiúscula, que pode ser unha moi boa proposta de primeiras lecturas.

- Mocidade e persoas adultas:

O azul entre o ceo e a auga, de Susan Abulhawa
Laiovento

Versión dixital en Galiciale

O azul entre o ceo e a auga, xa traducido a máis de 20 idiomas, achégase agora en galego.

Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, nos amosan a dura realidade da franxa de Gaza.

Unha novela de resistencia e esperanza coidadosamente traducida dun inglés engalanado de arabismos por Rocío Viéitez Ferro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario