11/9/20

Ler conta moito e a Hora do conto: 14 a 18 de setembro 2020

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 14 de setembro, ás 18:30  
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “Bibliotemaxia”

Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 15 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Bandullo Azul
TÍTULO: “C@anta contos - Filipa cos contos”

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 17 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULO: “Historias da marquesa”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 18 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Cantacontos”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 18 de setembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
CONTACONTOS: Leo Leíño
TÍTULO: “A maxia de Mary Poppins”

                                                                        AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

Recomendacións en Radioleiros: 11 setembro 2020

- Inf
antil:
 
"Somos os monstros" de Paula Carballeira; ilustracións de Ignacio Hernández. En Xerais. 
 
O texto, que foi X Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018, tráenos unha historia dunhas-duns nenas-os que se meten no bosque despois dun lume. O medo ao descoñecido e a propia natureza humana son tratados por Paula Carballeira coa súa calidade habitual.
 
- Mozas-os e adultas-os:
 
"Los europeos: tres vidas y el nacimiento de la cultura cosmopolita" de Orlando Figes. Editado por Taurus.
 
Os camiños de ferro comezan a transformación cultural de Europa a mediados do século XIX. Un tempo de mellora das comunicacións que posibilitou a suba das edicións de libros, traducións de autores estranxeiros, concertos musicais cos propios autores, mostras pictóricas e outras manifestacións que conformaron un canon cultural europeo. Un libro oportuno que mestura as grandes mudanzas coas anécdotas e os detalles íntimos.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

8/9/20

Ler conta moito e a Hora do conto, de setembro a novembro, nas Bibliotecas Municipais. Gózaas!

Serán unha morea de actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os entre os meses de setembro e novembro as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. Moitas oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!

Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os aos que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito.
 
Participarán Charo Pita, Fátima Fernández, Trémola Teatro, Os monicreques de Kukas, Títeres Cachirulo, Soledad Felloza, Ramiro Neira, Anxo Fariña, Ana Facchini, Eduvía, Paula Carballeira, Animar-t, Migallas Teatro, Caxoto, Leo Leiño, Pablísimo, Carmen Domech, Bandullo Azul, O mago Paco, Raquel Queizás, Pavís Pavós, María Canosa e Moc Moc MeRe Clown. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
 
Accede a toda a info nesta ligazón!!!

AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

4/9/20

Recomendacións en Radioleiros: 4 setembro 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1687987- Infantil:

Bechopoemas e outras bestas, de Leire Bilbao, con ilustracións de Maite Mutuberria
Kalandraka, 2019

A curuxa, o león e o polbo, son entre outros, protagonistas deste libro divertido e rebuldeiro con gran musicalidade e apto para todos os públicos. Ilustracións con tinta e cores case surrealistas.

- Moz@s e adult@s:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1732446Testamento de juventud, de Vera Brittain
Periférica & Errata Naturae, 2019

Unha rapaza inglesa de provincias tenta mellorar as súas expectativas vitais e laborais con pouca comprensión dos seus pais cando a I Guerra Mundial comeza. Incorporada como enfermeira, a súa testemuña será un clásico que aínda hoxe está de plena actualidade.

No 2014, o director de cine británico James Kent realizou a adaptación cinematográfica que podes levar en préstamo en Rialeda.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/8/20

Recomendacións en Radioleiros: 28 agosto 2020

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1799000
http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros- Infantil (a partir de 10 anos):
Versión dixital en Galiciale

A Edelmira non lle gusta o seu avó polo seu carácter túzaro. Un verán na aldea pode ser terrible pero todo muda coa chegada de dous nenos para mergullalos nunha extraordinaria aventura.

- Moz@s e adult@s:

El final del affaire, de Graham Greene
Libros del Asteroide, 2019
Versión dixital en Galiciale

Considerado un dos mellores textos do escritor inglés, narra unha historia no Londres de 1946. Dous amigos atópanse de novo nunha trama de luces e sombras coa muller dun deles de fondo e un pouso autobiográfico na historia. Epílogo de Mario Vargas Llosa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/8/20

Centenario de Isaac Díaz Pardo na Bibioteca de Santa Cruz

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1855054
Con motivo do centenario do nacemento do intelectual galeguista e mecenas das artes Isaac Díaz Pardo unímonos na biblioteca de Santa Cruz ao acto que se celebrou o pasado 18 de xullo no Castelo de Santa Cruz coa inauguración dunha exposición memorial sobre este artista.

Na sala de préstamo temos unha pequena selección de libros de ou sobre Isaac Díaz Pardo para levar en préstamo ou consultar nas salas de lectura da biblioteca, onde se inclúe o libro “Ensamble Isaac” que é o catálogo da exposición sita no mencionado castelo.

"Ensamble Isaac" amosa un proxecto multidisciplinar onde pintura, cerámica, fotografía, literatura e música se misturan para celebrar e homenaxear a obra e a persoa de Isaac Díaz Pardo. Nas verbas do seu impulsor, autor e editor Pacodíaz (Francisco César Díaz Sánchez), trátase de "Unha edición esencialmente plástica, que se organiza sen capítulos, que vai fluíndo páxina a páxina cara ao coñecemento da magnitude existencial de Isaac Díaz Pardo e o seu proxecto vital."

Esta incomparable e coidada edición en gran formato pódese desfrutar en calquera das sete bibliotecas municipais.

Unha figura tan importante para a cultura galega como a de Isaac merece ser lembrada por todas e todos, de aí a nosa pequena contribución na loa deste escritor, pintor, ilustrador e sobre todo unha das figuras artísticas máis relevantes do século vinte.

Grazas Isaac polo teu legado!

21/8/20

Recomendacións en Radioleiros: 21 agosto 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1029991&viewallitems=1&offset=80&homebranch=&ob=dateaccessioned&sb=DESC- Infantil (a partir de 8 anos):

Estamos no verán!!!, de Xoán Curiel e Charo Pita
Galaxia, 2014

No comezo dun verán un grupo de amigos soña con ter un grupo de música e farán un esforzo para conseguilo. Ilustracións de Iván R. e cd con varias cancións.

- Moz@s e adult@s:

La gran fortuna, de Olivia Manning
Libros del Asteroide, 2020

Unha parella inglesa chega a Bucarest pouco antes de comezar a II Guerra Mundial e tenta integrarse nun mundo que está mudando. Mestura de sentimentos e situación política no 1939 nunha trama moi ben construida.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/8/20

Recomendacións en Radioleiros: 14 agosto 2020

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1733475- Infantil (a partir de 8 anos):

Bicos e non balas, de Antonio García Teijeiro ; ilustracións de Bea Gregores
Galaxia, 2019

Unha antoloxía de poemas pola paz dun dos poetas galegos que máis traballou nesta temática completada polas ilustracións dunha profesional como Bea Gregores, nunha magnífica edición en tapa dura.

- Moz@s e adult@s:

Una historia de la luz, de Jan Němec
Errata naturae, 2019

A vida novelada de František Drtikol (1883-1961), considerado o primeiro fotógrafo relevante de Checoslovaquia. Comeza de neno cun profesional local, pasando despois a Munich e inaugurando un estudo en Praga (1910). Pasou por diferentes etapas desde o pictorialismo ao simbolismo e as vangardas.
Un libro que nos dará a oportunidade de pasear polo século XX artístico e político.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Cecilia Monllor recomenda...

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=32371&folderId=122717&name=DLFE-32424.pdf

A xornalista e coordinadora dos clubs de lectura da Biblioteca Rialeda, Cecilia Monllor, recomenda 8 títulos para diferentes padais literarios

Aínda estás a tempo de tomalas prestadas na Biblioteca Central Rialeda ou na Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz ou descargar a súa versión electrónica en Galiciale.

Queda moito verán para desfrutar con boas lecturas!

7/8/20

Cada verán ten a súa historia: suxestións para nen@s e adolescentes

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-32418.pdf 

Achegámoste esta guía de 12 páxinas con 70 suxestións para este verán que aínda está lonxe de rematar. Ven á biblioteca ou descarga algúns dos títulos en Galiciale


Recomedacións en Radioleiros: 7 agosto 2020

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1505868&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Xuvenil:
"Ninfa rota" de Alfredo Gómez Cerdá. En Anaya.
XVI Premio Anaya de Literatura Xuvenil, 2019
Unha obra de narrativa que fala de adolescentes e trata sobre un amor insano, o machismo, a violencia, pero tamén da amizade e a sinceridade.
Marina, a protagonista, conta en primeira persoa como namorou de Eugenio e como viviu esa relación. É o mozo co que saíu e que pouco a pouco lle foi impoñendo a súa vontade. Ela confunde esas imposicións machistas con arrebatos de namorado e pensa que o amor esixe renuncias dunha mesma...
De repente, todo empeora a causa da ruptura da relación. Marina ponse mal, ten pesadelos, non pode durmir... Os pais están preocupados. Pensaban que o sabían todo sobre a súa filla, pero chega un momento en que non comprenden o que lle sucede. Vai a un psicólogo que, como parte da terapia para recuperarse, lle recomenda que escriba sobre o que aconteceu. Ela non cre que isto vaia solucionar o seu problema, pero comeza a escribir o caderno no que nos conta o sucedido.
Estamos ante un libro conmovedor, incisivo, dirixido a un público xuvenil, a partir de 14 anos aproximadamente, que nos fala de imposicións nas relacións de parella, de violencia e que persegue mostrar a súa complexidade desde o punto de vista da vítima e como é difícil recuperarse dunha relación tóxica.

- Mozas-os e adultas-os:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1129003&query_desc=tregua"La tregua" de Mario Benedetti. Editado por Cátedra.
Este ano conmemórase o centenario do nacemento de Mario Benedetti (en concreto o 14 de setembro fará os 100 anos), por este motivo, na Biblioteca Central Rialeda montouse unha mostra bibliográfica coas súas obras principais e hoxe facemos esta recomendación. 
"La tregua" é unha fermosa novela, publicada por primeira vez en 1960, curta pero intensa, escrita en forma de diario.
É o diario persoal de Martín Santomé, un home de case 50 anos, viúvo, con tres fill@s maiores, que traballa levando a contabilidade nunha empresa, e que a punto de xubilarse volve a atopar o amor o que lle dá un novo sentido a todo...
Os  grandes temas que trata son a súa vida e o tempo. Un tempo humano e vital, que é un gran baleiro cuberto nun momento dado por unha etapa de amor, de aí o título do libro “a tregua”, como unha interrupción temporal dese baleiro.
Fálanos do paso do tempo e de deixar atrás os soños. Segundo vai narrando pensa no que fará cando estea xubilado e non teña as preocupacións do traballo, pero tamén conta os acontecementos diarios, o que lle pasa na empresa, as relacións c@s fill@s. Asistimos a unha vida de rutina ata que de repente aparece o amor que o cambia todo...
Paralelamente tamén presenta outras temáticas como a vida na cidade, unha preocupación social polo país, a soidade, a incomunicación, o amor, a relación entre as distintas xeracións, a felicidade e a morte.
Foi adaptada ao teatro, á televisión e ao cine e tamén ten unha versión radiofónica. O autor mostrouse moi satisfeito coa adaptación para TV, pero non coa cinematográfica.
Unha triste e fermosa obra moi ben escrita. Cando acabas de lela deixa unha sensación de tristeza, pero ao mesmo tempo de benestar polo excelente libro que acabas de ler.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

31/7/20

Recomendacións en Radioleiros: 31 xullo 2020

https://youtu.be/EYK6Eg44j3Q
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1004051- Infantil (a partir de 6 anos):
"Raro" de Marcos Calveiro. Ilustracións de Ana Pez. Editado por Tambre. 

Tomás nunca sae á rúa e observa desde a fiestra a vida do seu barrio. A chegada duns novos veciños abre unha etapa distinta: que vai pasar? Unha historia en positivo arredor da integración. 

- Mozas-os e adultas-os:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1502930&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-43"Corazón que ríe, corazón que llora: cuentos verdaderos de mi infancia" de Maryse Condé. En Impedimenta.

A nena Maryse nace nos anos trinta nunha familia de funcionarios na illa caribeña de Guadalupe que viaxa con frecuencia a París. 
Unha realidade dupla que tardará en entender coas súas diferencias raciais, sociais e de costumes e que plasmará nestas lembranzas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/7/20

Recomendacións en Radioleiros: 24 xullo 2020


- Infantil (a partir de 8 anos):
"A nena, o monstro e o mar: unha historia de Leopolda Diéguez" de Teresa González Costa. Ilustracións de Martín Romero. Editado por Xerais.
Unha nova historia da viaxeira Leopolda Diéguez que aparecía por primeira vez en "Fred Quincalla, o nómade do mar".
Leopolda Diéguez nárralle a Gran Gogol (que estaba prisioneiro nunha torre) a historia da nena que quería saber onde fora parar o mar que antes rodeaba a vila, e do monstro que construíu un muro para que a auga salgada non volvese chegar ata alí. Fálalle da terrible condición que o monstro lle esixe a quen queira atravesar o muro: unha vida. Só conseguen ver o mar cando o monstro está durmido.
Na historia que conta Leopolda, a nena pídelle a seu avó que de agasallo
polo seu aniversario lle gustaría que lle contara como é o mar, pero tamén quere saber que lle pasou a seus pais...
Un relato de viaxes que nos fala de amizade, da relación avós-netos, de seres diferentes, da protección do medio ambiente e dunha necesidade da educación en valores.

- Mozas-os e adultas-os:
"El puerto de los aromas" de John Lanchester. En Anagrama.
En 1935, Tom Stewart, un mozo inglés, deixa unha tranquila localidade e o pub familiar no que traballa e marcha a Hong Kong. No barco coñece a María, unha monxa asiática nova, e por unha aposta ela ensinaralle cantonés o tempo que dure a viaxe. Tom e María manterán a amizade durante todo o tempo.
Nos anos n
oventa, Daw Stone, unha ambiciosa xornalista británica que quere medrar na súa carreira, deixará o xornal no que traballa en Londres para cambiarse a un medio de comunicación de Hong Kong. Unha crónica sobre os millonarios locais atraerá a atención do dono da revista, o que lle facilitará a súa promoción.
En Hong Kong tamén atopará unha nova vida Matthew Ho, un neno refuxiado, que o pai foi vítima da revolución cultural en China. De maior será empresario..
.
En torno a estes catro personaxes avanza a novela, pero principalmente cóntanos a
vida de Tom Stewart desde que chegou a esta cidade e con ela como pano de fondo e como verdadeira protagonista. Vemos os principios de Stewart, a ocupación xaponesa durante a Segunda Guerra Mundial... Segundo vai transcorrendo a vida de Stewart, paralelamente contemplamos a evolución de Hong Kong ao longo do século XX.
A obra consta dun prólogo narrado polo propio Stewart e está dividida en catro partes, cada unha narrada por unha destas persoas. Na 1ª fala a xornalista Daw Stone, na 2ª Tom Stewart, na 3ª a irmá María, e na 4ª Matthew Ho.
Con Matthew Ho regresamos á última década do século pasado. A súa vida estará relacionada cos anteriores personaxes.
O significado de Hong Kong é porto dos aromas, de aí o título do libro. Unha mítica cidade que pasou por diferentes guerras e que agora, co paso do tempo, é unha urbe moderna.
Unha obra moi interesante, ben escrita, que nos traslada a outro continente, con outra lingua, costumes e gastronomía distintas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/7/20

Grazas pola túa literatura, Marsé!

Indomable, insubornable, cinéfilo empedernido, o mellor autor que contou Barcelona... Son algúns dos epítetos que estes días os medios de comunicación lle adican a Juan Marsé con motivo do seu pasamento. A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofrece ás-aos súas-seus lectoras-es unha expo cos libros e as adaptacións cinematográficas que temos nos nosos fondos para reler ao que foi Premio Cervantes en 2008.
"Parece un argumento dunha das súas novelas pero Juan Marsé naceu en Barcelona o 8 de xaneiro de 1933 como Juan Faneca Roca. A súa nai morreu no parto, e deixou ao taxista Faneca só coa súa filla pequena e o recén chegado. No decurso dunha das súas carreiras coincidíu co matrimonio Marsé, unha parella nova que lamentaba non ter fillos: o futuro novelista foi adoptado ás poucas semanas do seu nacemento, e pasou así a chamarse Juan Marsé i Carbó. Pasou os anos de infancia como un mal estudante que a menudo prefería correr polas rúas de Gràcia, o Guinardó e a montaña do Carmel antes que ir á escola. Estas paisaxes acabarían convertidas nos seus escenarios literarios, e agora a biblioteca do barrio do Carmel leva o seu nome, para homenaxear así ao escritor que puxo a Montaña Pelada no mapa literario de Barcelona, cos seus personaxes como o emblemático "Pijoaparte" de "Últimas tardes con Teresa".