8/9/20

Ler conta moito e a Hora do conto, de setembro a novembro, nas Bibliotecas Municipais. Gózaas!

Serán unha morea de actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os entre os meses de setembro e novembro as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. Moitas oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!

Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os aos que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito.
 
Participarán Charo Pita, Fátima Fernández, Trémola Teatro, Os monicreques de Kukas, Títeres Cachirulo, Soledad Felloza, Ramiro Neira, Anxo Fariña, Ana Facchini, Eduvía, Paula Carballeira, Animar-t, Migallas Teatro, Caxoto, Leo Leiño, Pablísimo, Carmen Domech, Bandullo Azul, O mago Paco, Raquel Queizás, Pavís Pavós, María Canosa e Moc Moc MeRe Clown. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
 
Accede a toda a info nesta ligazón!!!

AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario