18/8/17

Recomendacións en Radioleiros: 18 agosto 2017

https://youtu.be/Sim1jESCi1A
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=Oxal%C3%A1+estiveses+aqu%C3%AD&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 9 anos):
"Oxalá estiveses aquí", texto de Charo Pita e ilustracións de Dani Padrón. Editado por Galaxia.
Unha tarde, Lebre estaba deitada cando oíu un son que viña do río. Achegouse á beira e por fin o viu, era un vulto pequeno que baixaba levado pola corrente. Imaxinou algo valioso, un tesouro. Intentou collelo (aínda que a auga non lle gustaba) e por fin o conseguiu. Era unha botella e dentro traía unha mensaxe, pero como a podería sacar sen rompela. Tivo que pedir axuda a seus amigos Cangrexo, Lagarta, Abella e Vento Norberto. Cando entre todos o conseguen, lena e, estrañados, ven que pon “Oxalá estiveses aquí!”. Pero, onde é aquí?, e, quen a envía?...
Un fermoso libro de aventuras, cunhas sinxelas e agradables ilustracións que acompañan o texto, que nos fala de amizade, compañeirismo, retos, axuda e colaboración.

- Mozas-os e adultas-os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=habitaci%C3%B3n+de+Nona&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE"La habitación de Nona" de Cristina Fernández Cubas. En Tusquets.
Premio Nacional de Narrativa no ano 2016 por este libro do que o xurado destacou “a madurez dunha obra que representa a excelencia do relato breve” e que “mestura con mestría o cotián e o fantástico, alcanzando a esencia e a vitalidade propias do mellor deste xénero literario”. Esta obra tamén recibiu o Premio Nacional da Crítica no 2015.
Está formada por 6 relatos: La habitación de Nona (que dá título ao libro), Hablar con viejas, Interno con figura, El final de Barbro, La nueva vida e Días entre los Wasi-Wano.
En
La habitación de Nona fala dunha nena que ten unha irmá especial (ou tal vez non...?)
En
Hablar con viejas atopamos unha muller que vai ser desafiuzada do piso no que vive e queda cun antigo amigo para ver se lle pode prestar os cartos necesarios para evitalo. Unha anciá pídelle que lle axude a cruzar a rúa e despois invítaa a tomar un café...
En
Interno con figura presenta a unha escritora que, nunha visita a un museo, ve a un grupo escolar comentando un cadro, pero principalmente como unha nena crea unha historia a partir das imaxes dese cadro...
En
El final de Barbro explica como Barbro ou “Ojos del Norte” entrou na vida do pai da narradora cando este estaba moi necesitado de agarimo...
En
La nueva vida vemos a unha viúva que volve ao pasado...
E, en
Días entre los Wasi-Wano amosa a dous irmáns (un neno e a súa irma duns 13 anos)
que van pasar o mes de agosto á casa duns tíos debido a que seu pai está bastante enfermo...
Son seis magníficos relatos (en todos os casos narrados por unha muller, de maior ou menor idade pero sempre de xénero feminino) nos que moitas veces non sabemos se o que nos están contando é real ou é imaxinario, se é algo que está sucedendo ou é algo que se está imaxinando a narradora.
En ABC cultural din que “os relatos de Fernández Cubas configuran un dos universos literarios máis singulares da literatura contemporánea, un espazo onde o inesperado e o cotián, o inexplicable e o real, se entrelazan para ofrecer unha insólita visión da experiencia humana”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


11/8/17

Boletín de novidades 11 agosto 2017

https://drive.google.com/open?id=0B95bhc9HVVwOMjJNQV9xeU5EVW8

Recomendacións en Rialeda: 11 agosto 2017

https://youtu.be/QU9LoM_TPGI
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1085868- Infantil (nenas-os maiores de 4 anos):
"A mellor sopa do mundo" texto de Susanna Isern e ilustracións de Mar Ferrero. En OQO.
Nun lugar escondido do bosque a Tartaruga está a preparar a comida. Mentras tanto, fóra, os animais do bosque, vense sorprendidos por unha forte tormenta de neve polo que non teñen máis remedio que refuxiarse na casa da Tartaruga, no momento no que a auga para preparar a sopa está a ferver, así que a medida que os hóspedes entran, van ofrecendo novos ingredientes. No exterior, escurece e vai frío. Dentro da casa, o recendo da sopa vai enchendo a estancia.

- Mozas-os e adultas-os:
"El diagnóstico" de Edith Wharton. Editado por Rey Lear.
Paul Dorrance, o protagonista, é un solteiro acomodado, lixeiramente hipocondríaco, ao que os médicos acaban de certificarlle a súa boa saúde, momento no que decide deixar a Eleanor, a súa amante, para vivir unha vida libre de ataduras. Sen embargo á beira do teléfono
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1196295 atopa un informe médico que lle descobre a “verdade” sobre o fatal desenlace da súa enfermidade. A perspectiva cambia e Eleanor recibe unha proposición de matrimonio.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/8/17

Recomendacións en Radioleiros: 4 agosto 2017

https://youtu.be/LUWActWNF8w
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=sadako+gruas+papel&branch_group_limit=- Infantil - Xuvenil (de 10 anos en adiante):

Sadako e as mil grúas de papel, de Eleanor Coerr
Everest Galicia

Libro baseado na historia real de Sadako, unha nena xaponesa que con 12 anos faleceu vítima dunha leucemia orixinada pola radiación á que foi exposta de pequena tras a bomba nuclear que asolou Hirosima. Dános a coñecer unha fermosa lenda xaponesa: se constrúes mil grúas de papel, o teu maior desexo farase realidade. Iso é o que empeza a facer Sadako, construir mil grúas de papel para curarse da súa enfermidade.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=chicas+cline&branch_group_limit=Las chicas, de Emma Cline
Anagrama

Novela inspirada nun feito real, os crimes da familia Manson que en 1969 conmocionaron EEUU. Evie, que ten 14 anos en 1969 é a única filla dun acomodado matrimonio de California que recén se separou. Un día no parque repara nunhas mozas de aspecto andraxoso e comportamento descarado. Así empeza o seu fascinamento polas “chicas de Russell” e pola súa rebelión.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/8/17

Mergúllate na lectura! na Biblioteca de Santa Cruz

Este verán toca 
mergullarse 
entre as 
páxinas 
dun libro que te refresque…

Se queres refrescarte este verán e non sufrir o inmenso calor do deserto…. invitámoste e só para TI, que tes máis de 12 anos a mergullarte en refrescantes historias para quitar a sede… sobre todo de lecturas.

E se ademáis queres enviarnos unha foto túa lendo… faremos un mural na entrada da Biblioteca de Santa Cruz coas túas aportacións.....

28/7/17

Recomendacións en Radioleiros: 28 xullo 2017

https://youtu.be/PNLYnyE-rIk
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=letrero+secreto+rosie&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 6 anos):
"El letrero secreto de Rosie" de Maurice Sendak, en Kalandraka.
Esta mañá Rosie, unha nena cunha imaxinación desbordante, levántase e decide poñer na porta da súa casa un letreiro que chama a atención de todos os seus amigos e demáis veciños da rúa: “Se queres enterarte dun secreto, chama tres veces”… Un libro que animará ás-aos lectoras-es a desenvolver as súas capacidades de inventiva ante novas situacións.

- Mozas-os e adultas-os:
"A ferida do vento" de Antón Riveiro Coello. Editado por Galaxia.
A historia comenza aló polo ano 1978. Antón un rapaz duns 15 anos, logo de 3 meses de internado, volve a Xinzo coa emoción de ver a súa familia, pero sobre todo de ver a súahttps://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1242813&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20ferida%20do%20vento  primeira moza, Gabriela.
Na vila, o avó Mauro, unha persoa peculiar, entre outras cousas por levar un rexistro dos tolos da vila, espera por el no seu cuarto. Vai ser o encargado de darlle unha nova que vai deixalo abraiado.

 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/7/17

Lecturas a medida, novelas de todas as tallas: XL, L, M, S

https://photos.app.goo.gl/iG0hGfGztZnYtxP73
A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofrécelle para o verán 2017 unha selección titulada "Lecturas a medida, novelas de todas as tallas: XL, L, M, S". Proximamente haberá unha segunda parte adicada a películas de todas as metraxes. 
"Lecturas a medida" presenta 24 títulos de indubidable calidade literaria organizadas segundo o seu número de páxinas: Lecturas XL, de máis de 600 páxinas, dirixidas a aquel@s lector@s que gozan de moito tempo para a lectura e saborean cada párrafo, cada palabra, a modiño. Roberto Bolaño, Ann-Marie MacDonald, Susanna Clarke, Donna Tart son algúns d@s autor@s desta sección. 
A talla L está constituída por lecturas de 400 a 500 páxinas. Títulos como "Ahora sabréis lo que es correr", "La casa de Jampol" ou "Caramelo" para aquelas persoas que debullan as páxinas a unha velocidade dunhas 300 palabras por minuto.  
  
M, esa talla que senta ben a todo o mundo: de 200 a 300 páxinas, libros que poden levar consigo a calquera parte. Propoñemos a Nancy Houston, John Cheever, Kate Taylor, Bohumil Hrabal. Das 150 ás 200 páxinas temos á súa disposición a talla S. Será feliz con lecturas que enchen unha tarde de praia, montaña, parque ou río: J. R. Moehringer, Nina Berberova, Berta Dávila...

Se non atopa a súa talla, pregúntenos, temos lecturas á súa medida!!!

Para máximas temperaturas, mínimas lecturas


A Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz quere que este verán poidas disfrutar do sol e da lectura e que te relaxes sentíndote libre de cargas. 
Por eso, ofrecemos unha selección de lecturas breves

Libros lixeiros con historias frescas para que te sumerxas nas augas da imaxinación.

Recomendacións en Radioleiros: 21 xullo 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=424488- Infantil (de 6 a 8 anos):

A máquina contacontos, de Xelís de Toro
Rodeira

A historia desenvólvese nun mercado da cidade de Londres onde cada sábado acontecía algo moi particular: un home, ataviado con roupas para nada discretas, presentábase no mercado cunha curiosa máquina que tiña a habilidade de, palabra a palabra, inventar contos, cos seus principios e finais. Un sábado, estando o mercado cheo de xente preparada  para escoitar os novos contos, nin máquina nin contista se presentaron. O motivo era que o home tiña que asistir ao seu propio enterro. Samuel, un rapaz do barrio, tomou o seu relevo, pero non sabía como funcionaba a máquina… Precisará da axuda dos demáis para acometer tan importante tarefa.

- Mozas/os e Adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1096279El murmullo de las abejas, de Sofía Segovia
Lumen

A historia comeza en 1910 na localidade natal da autora, Monterrey e arredores, Linares, cando a nana Reja atopa abandonado xunto a unha ponte a un recén nacido espido e co cordón umbilical aínda sen cortar. Ninguén sabe nada da nai nen se explican como puido sobrevivir nesas circunstancias. A noticia recíbese con medo e estupor entre os habitantes do pobo. O bebé apareceu cuberto dun manto vivo de abellas e cunha deformidade na boca que fai crer aos supersticiosos que é obra do demo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


19/7/17

"Raiola de lecturas": guías para o verán 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-26453.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-26455.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-26454.pdf
Presentamos catro guías con suxestións que te emocionarán, farán sorrir, reflexionar...

Cada unha diríxese a un grupo de idade.

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-26452.pdfSon libros que hai nas bibliotecas municipais e que podes levar en préstamo para a túa casa.

Animámoste a que visites as bibliotecas municipais (consulta os nosos horarios), utilices o servizo de préstamo e goces coa lectura.


Descarga as guías premendo sobre as imaxes.
 
Desde Bibloleiros desexámosche 
un feliz verán!!!

As nosas guías en Gálix

14/7/17

Boletín de novidades 13 xullo 2017

https://drive.google.com/open?id=0B95bhc9HVVwORVQtSXBhQmtDU3M

Recomendacións en Radioleiros: 14 xullo 2017

https://youtu.be/oorRkiy5VFk
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1098633- Infantil (8 a 10 anos):
"O caderno de Edua" de Helena Villar Janeiro e ilustracións de Carmen Queralt. En Sushi Books.
Edua, unha nena que vive nunha aldea do Cebreiro agarda un ordenador como agasallo de cumpreanos. Unha tormenta de neve implicará un regalo distinto que cambiará a súa forma de ver as cousas.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1217689&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20intermediario%20and%20au%2Cwrdl%3A%20grisham   
- Mozas-os e adultas-os:
"El intermediario" de John Grisham. Editado por Debolsillo.
Un avogado preso nun cárcere norteamericano é indultado no remate dun mandato
presidencial. A súa liberación é o comezo dunha trama de intrigas entre os servizos de intelixencia de Israel, Rusia, China e Arabia Saudí.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

As Bibliotecas de Oleiros celebramos o Premio da Federación de Gremios de Editores de España!!!

http://federacioneditores.org/img/documentos/160617-notasprensa.pdf
O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros gañou o Premio LIBER 2017 á mellor iniciativa de fomento da lectura nas bibliotecas públicas abertas ao público que concede a Federación de Gremios de Editores de España. Esta federación xunta o 90% das editoriais privadas. 

As actividades que fomentan o achegamento ao mundo do libro e a lectura para todas as idades, que desde hai máis de dúas décadas se desenvolven nas bibliotecas do Concello de Oleiros, foron recoñecidas con este premio. 


Obradoiros de diversas modalidades: ilustración, cómic, creación de poesía, manualidades; exposicións, encontros con escritoras-es, clubs de lectura, contacontos, monólogos, son algunhas das actividades que se programan nas sete bibliotecas municipais, ademáis de celebracións como o Entroido, Día do Libro, Día das Letras Galegas, Nadal, etc. Os programas para o fomento da lectura, teñen lugar de forma ininterrumpida desde hai 25 anos e dedican unha parte importante das actividades á poboación escolar de centros públicos do concello. 


Para o público adulto, destacan os tres clubs de lectura, de vinte integrantes cada un, que cada ano contan con lista de espera. As bibliotecas ofrecen, además das actividades e préstamo de libros, rede wifi e ordenadores.

A Federación de Gremios de Editores de España concedeu o Premio Liber 2017
a Javier Marías como mellor autor hispanoamericano, o premio de fomento da lectura en Medios de Comunicación ao xornal asturiano "La Nueva España" polo seu suplemento ‘Cultura’. O Premio Liber 2017 á mellor adaptación audiovisual foi outorgado ao director Juan Antonio Bayona, pola súa película ‘Un monstruo viene a vernos" e o premio "Boixareu Ginesta" ao Libreiro do Ano á librería Lé, de Madrid. O acto de entrega terá lugar o 5 de outubro na Real Fábrica de Tapices no marco das actividades de LIBER. 

Ofrecemos este galardón a todas as persoas que participan nas nosas actividades, que gozan das bibliotecas municipais de Oleiros e alargan o horizonte do libro e a lectura!!!
Moitas grazas!!!


Nota de prensa da Federación de Gremios de Editores de España

Así o recollen os medios: 
- La Opinión de A Coruña
- El Ideal Gallego
- La Voz de Galicia
- Rede de Bibliotecas de Galicia 
- El Periódico de Catalunya 
- La Vanguardia
- Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes 
- Asociación de Editores de Andalucía 
- IFEMA
- El País
- Hechos de hoy
- Hoy es arte
- Europapress 

7/7/17

Recomendacións en Radioleiros: 7 xullo 2017

https://youtu.be/8WGc8dnCoHU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1101203&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20cousas%20importan%20primo%20ramon- Infantil (a partir de 6 anos):

As cousas que importan, de El primo Ramón
Bululú

Da man desta parella de arquitectos coruñeses (Borja López Cotelo e María Olmo Béjar) recibimos esta publicación que é un auténtico agasallo estético cunhas ilustracións de grande calidade e textos moi sensibeis. Seis historias presentadas con citas de autores clásicos (Ibsen, Gómez de la Serna, Borges, Hemingway, Melville e Perec) sobre a importancia da amizade e os valores da vida.

- Mozos/as e adultos/as: 

Tamara Drewe, de Posy Simmonds
Sinsentido

A colaboradora de The Guardian traenos esta banda deseñada que narra a chegada dunha xornalista de prensa barata a unha pequena comunidade rural inglesa na que hai unha casa para escritores. Un retrato satírico da Inglaterra actual.
Tamén en película.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.