O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros gañou o Premio LIBER 2017 á mellor iniciativa de fomento da lectura nas bibliotecas públicas abertas ao público que concede a Federación de Gremios de Editores de España. Esta federación xunta o 90% das editoriais privadas.
As actividades que fomentan o achegamento ao mundo do libro e a lectura para todas as idades, que desde hai máis de dúas décadas se desenvolven nas bibliotecas do Concello de Oleiros, foron recoñecidas con este premio.
Obradoiros de diversas modalidades: ilustración, cómic, creación de poesía, manualidades; exposicións, encontros con escritoras-es, clubs de lectura, contacontos, monólogos, son algunhas das actividades que se programan nas sete bibliotecas municipais, ademáis de celebracións como o Entroido, Día do Libro, Día das Letras Galegas, Nadal, etc. Os programas para o fomento da lectura, teñen lugar de forma ininterrumpida desde hai 25 anos e dedican unha parte importante das actividades á poboación escolar de centros públicos do concello.
Para o público adulto, destacan os tres clubs de lectura, de vinte integrantes cada un, que cada ano contan con lista de espera. As bibliotecas ofrecen, además das actividades e préstamo de libros, rede wifi e ordenadores.
A Federación de Gremios de Editores de España concedeu o Premio Liber 2017 a Javier Marías como mellor autor hispanoamericano, o premio de fomento da lectura en Medios de Comunicación ao xornal asturiano "La Nueva España" polo seu suplemento ‘Cultura’. O Premio Liber 2017 á mellor adaptación audiovisual foi outorgado ao director Juan Antonio Bayona, pola súa película ‘Un monstruo viene a vernos" e o premio "Boixareu Ginesta" ao Libreiro do Ano á librería Lé, de Madrid. O acto de entrega terá lugar o 5 de outubro na Real Fábrica de Tapices no marco das actividades de LIBER.
Ofrecemos este galardón a todas as persoas que participan nas nosas actividades, que gozan das bibliotecas municipais de Oleiros e alargan o horizonte do libro e a lectura!!!
Moitas grazas!!!
Nota de prensa da Federación de Gremios de Editores de España
Así o recollen os medios:
- La Opinión de A Coruña
- El Ideal Gallego
- La Voz de Galicia
- Rede de Bibliotecas de Galicia
- El Periódico de Catalunya
- La Vanguardia
- Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
- Asociación de Editores de Andalucía
- IFEMA
- El País
- Hechos de hoy
- Hoy es arte
- Europapress

No hay comentarios:
Publicar un comentario