27/1/17

Recomendacións en Radioleiros: 27 xaneiro 2017

http://www.ipernity.com/doc/284673/44254100/in/album/956276
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1031209&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20lentes%20de%20ver- Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos): 
 "As lentes de ver" de Margarita del Mazo. En La Fragatina.
Carliños só ten ollos para Inés, unha rapaza do seu cole, alta e guapa que nunca se fixa nel. O rapaz fai todo o que está ao seu alcance para facerse ver, pero ela pasa coma se fose invisible. Un día, Inés anuncia na escola que lle van poñer unhas gafas de ver. Carliños énchese de esperanza xa que por fin ela o vai ver, pero nada, nin coas gafas nin sen elas. Inés nunca repara nel.
Carliños decide poñer el tamén gafas, de dististas formas e cores, grandes e pequeñas, pero nada. Ata que lle poñen unhas verdadeiras lentes de ver, feitas á súa medida. Será o día en que o pequeno estree as súas lentes novas cando chegará a sorpresa máis inesperada.
 

- Mozas-os e adultas-os:
"La tierra que pisamos" de Jesús Carrasco. Editado por Seix Barral.
A historia sitúase nun pobo extremeño de principios do século XX, cando España é anexionada
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1205064&viewallitems=1 a un imperio que se extende por Europa e boa parte de África. Ese pobo da xeografía española foi o elexido polas elites militares dese imperio para vivir un retiro dourado. Eva Holman coida do seu esposo, coronel sanguinario que pertenceu a esa elite militar, que está en casa impedido a consecuencia da guerra.
Un día aparece na súa horta un desfarrapado, un home devastado e mudo polo que Eva acabará tendo compaixón e mostrará unha profunda empatía.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/1/17

Triángulos vol. 2: expo de películas na Biblioteca Rialeda

.
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1182856A exposición "Triángulos" da Biblioteca Central Rialeda presenta nesta segunda xeira, 25 películas, que como na escolma de libros, tratan dalgún xeito a "xeometría" do amor, o desexo, a paixón. 

Lévate en préstamo estas debilidades, traicións, sentimentos, paixóns: forzas motrices que torcen ánimos, vontades. Agardamos que vos gusten.

Tertulia literaria en Rialeda: 25 xaneiro 2017 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-25409.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Crematorio" de Rafael Chirbes
Documentación

A seguinte obra programada é "O coitelo en novembro" de Marilar Aleixandre

20/1/17

Recomendacións en Radioleiros: 20 xaneiro 2017

http://www.ipernity.com/doc/284673/44167260/in/album/956276
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1221910&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20casa%20medo%20fernandez%20paz- Xuvenil (maiores de 12 anos): 

A casa do medo, de Agustín Fernández Paz
Rodeira-Edebé, 2016

Co maxistral estilo deste querido autor, conta a historia dun home adulto que ten que regresar á súa vila natal Valverde, onde viviu os doce primeiros anos da súa vida e a onde non regresara despois de moitos anos. Ao volver, lembra os feitos que súa nai chamaba como “desagradable incidente” e que grazas aos psiquiatras infantís agochara no máis profundo do seu cerebro e os que ninguén crería se se chegasen a divulgar, pero que el sabe que foron reais. Unha experiencia traumática, pero decidido a rachar co pasado relata o que lle pasou tras quedar pechado no enigmático caseto situado na leira de don Mauro e que espertaba os temores de todos os rapaces de Valverde polo que contaban del. Para poder volver á súa casa e abandonar ese lugar, o protagonista terá que superar as probas do cruel Señor das Serpes e así lograr regresar con vida da Illa da Lúa.

Un estupendo relato de misterio, dos que tan ben dominaba Agustín, con maxia, lugares malditos e a valentía do rapaz que só leva consigo un amuleto. 


- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=boca+terra+tierra+manuel+rivas&branch_group_limit=A boca da terra = La boca de la tierra, de Manuel Rivas
Xerais, 2015 (en galego)
Visor, 2016 (ed. bilingüe)

Fermoso poemario formado por 58 poesías, dividido en tres partes tituladas: A terra que se esconde, A báscula de Ohio e Oracións fúnebres.

Son poemas nos que Manuel Rivas pon voz á natureza, que fala, berra, murmura, lembra, soña... 

Na 1ª parte, predominan os dedicados á natureza, desde lugares, animais, plantas, o vento...
O autor explica nunha entrevista realizada en La Voz de Galicia que “A visión da natureza non é tampouco unha visión convencional, entendendo por iso o que non é humano. Ao contrario, aquí intégrase, forma parte da natureza...”.

A 2ª parte, en "A báscula de Ohio", empeza cunha poesía dirixida a unha báscula e nesa mesma entrevista conta unha anécdota na que di que de neno frecuentaba unha tenda cunha báscula na que se podía ler “Toledo-Ohio” e el cría que Ohio era a parroquia canguesa de O Hío. «Pensaba que onde está o cruceiro tamén fabricaban as básculas», por iso unha báscula como esa é a que figura na cuberta da edición de Xerais saíndo dela flores de uces.

A 3ª parte, "Oracións fúnebres", comeza cun poema que é o que dá o título á obra, e que o dedicou aos mártires da liberdade nas fosas comúns de Aranga á beira do río Mandeo.
Tamén queremos destacar que está seguida de Os xitanos cesteiros dedicada aos xitanos asasinados na Ponte do Pasaxe en setembro de 1936 e que están enterrados no cemiterio de Liáns.


Un magnífico libro que nos fala da relación do home coa natureza, unha obra que debemos ler e reler detidamente.

E o como di o autor "A linguaxe da terra tamén é a da poesía porque vai contra a falsidade".

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/1/17

Expo adicada a Babette Cole: Biblioteca Central Rialeda

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=cole%2C+babette&limit=branch%3AOLE1&multibranchflag=branch%3AOLE1&sort_by=title_az&addto=Engadir+a...&biblionumber=1189560&loggedinuser=&biblionumber=1104185&loggedinuser=&biblionumber=1126972&loggedinuser=&biblionumber=632074&loggedinuser=&biblionumber=681586&loggedinuser=&biblionumber=523185&loggedinuser=&biblionumber=1127370&loggedinuser=&biblionumber=1152473&loggedinuser=&biblionumber=1144414&loggedinuser=&biblionumber=1149365&loggedinuser=&biblionumber=1120727&loggedinuser=&biblionumber=523609&loggedinuser=&biblionumber=630986&loggedinuser=&biblionumber=1103879&loggedinuser=&biblionumber=1155325&loggedinuser=
A escritora e ilustradora británica Babette Cole deixóunos o pasado 15 de xaneiro. Na Biblioteca Central Rialeda queremos lembrala cunha exposición bibliográfica. Babette Cole naceu nas illas Channel e graduouse na facultade de Belas Artes de Canterbury en 1973. Realizou animacións para a BBC, traballos de ilustración para outros autores, antes de establecerse ela mesma como autora e ilustradora. Publicou máis de 150 títulos.
 

Grazas porque o teu "papel dentro do mundo editorial infantil foi moi importante, non só por ser unha pioneira niso de tratar temas tabú como a sexualidade, a morte ou os estereotipos sociais en libros que supostamente debían ser inofensivos e algo dogmáticos, se non por facelo desde unha perspectiva humorística transgresora e, a maior parte das veces, tamén respectuosa". O texto en cursiva é de Román Belmonte. Podes ver o post completo no seu blog Donde Viven Los Monstruos: LIJ
 Grazas Babette por deixarnos tan divertidas historias!!!

14/1/17

Triángulos: expo de libros na Biblioteca Rialeda

https://goo.gl/photos/X7Ht6j3BoAVQt3nw9
https://goo.gl/photos/X7Ht6j3BoAVQt3nw9A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) comeza 2017 cunha exposición de libros e películas titulada "Triángulos"

Esa forma xeométrica amosa tres vértices e tres lados que non sempre son iguais: como no amor. Complicadas ecuacións que non cadran, sumas que restan ou multiplican as relacións. 

Ofrecemos 25 libros que falan de debilidades, traicións, sentimentos, paixón, ese motor que en ocasións manexa as almas e os corpos ao seu antollo. Proximamente terás á túa disposición unha escolma de películas que presentan historias con tres cantos e múltiples arestas.

Tertulia literaria en Rialeda: 18 xaneiro 2017 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Canadá" de Richard Ford
Documentación

A seguinte obra programada é "Izan o da saca" de Xabier Quiroga

Fotografía cortesía de Pilar Jiménez Castiñeiras

Tertulia literaria en Santa Cruz: 16 xaneiro 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://agustinfernandezpaz.gal/Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz

A seguinte obra programada é "El sol de los Scorta" de Laurent Gaudé

13/1/17

Recomendacións en Radioleiros: 13 xaneiro 2017

  http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros  http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1215052&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20tragaxan- Infantil (8-10 anos):
"Tragaxán e Tragadiño" texto de Bernardino Graña. Ilustracións de Patricia Castelao. Editado por Galaxia.
Dous personaxes nunha revisitación do conto tradicional de Garavanciño mesturado con detalles da cultura galega. Un canto á lectura e o xogo non tecnolóxico, á solidariedade, á natureza e aos afectos.

 
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203853&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20conspiracion%20mediocres- Mozas-os e adultas-os:
"La conspiración de los mediocres" de Ernesto Mallo. En Siruela.
O terrorismo de Estado na Arxentina do golpe de Videla foi anticipado uns anos antes por José López Rega e a Triple A. Neste contexto atopamos ao detective Perro Lascano, novo pero xa con experiencia, investigando o suicidio dun ancián. A violencia e o amor mestúranse nesta obra da man dun autor de garantía como Ernesto Mallo.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/1/17

Inicio 2º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-25337.pdfBiblioteca Central Rialeda. Perillo
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre coa seguinte programación:

- "Izan o da saca" de Xabier Quiroga
- "Nos vemos allá arriba" de Pierre Lemaitre
- "Las reputaciones" de Juan Gabriel Vásquez
- "Me llamo Lucy Barton" de Elizabeth Strout
- "El mapa y el territorio" de Michel Houellebecq

Datas:
- Xaneiro: día 18
- Febreiro: días 1 e 15
- Marzo: días 15 e 29

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

Inicio 2º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
- "El vino de la soledad" de Irène Némirovsky

Datas:
- Xaneiro: días 11 e 25
- Febreiro: días 8 e 22
- Marzo: días 8 e 22

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
- "Mil soles espléndidos" de Khaled Hosseini

Datas:
- Xaneiro: días 16 e 30
- Febreiro: día 13
- Marzo: días 6 e 20

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.