A casa do medo, de Agustín Fernández Paz
Rodeira-Edebé, 2016
Co maxistral estilo deste querido autor, conta a historia dun home adulto que ten que regresar á súa vila natal Valverde, onde viviu os doce primeiros anos da súa vida e a onde non regresara despois de moitos anos. Ao volver, lembra os feitos que súa nai chamaba como “desagradable incidente” e que grazas aos psiquiatras infantís agochara no máis profundo do seu cerebro e os que ninguén crería se se chegasen a divulgar, pero que el sabe que foron reais. Unha experiencia traumática, pero decidido a rachar co pasado relata o que lle pasou tras quedar pechado no enigmático caseto situado na leira de don Mauro e que espertaba os temores de todos os rapaces de Valverde polo que contaban del. Para poder volver á súa casa e abandonar ese lugar, o protagonista terá que superar as probas do cruel Señor das Serpes e así lograr regresar con vida da Illa da Lúa.
Un estupendo relato de misterio, dos que tan ben dominaba Agustín, con maxia, lugares malditos e a valentía do rapaz que só leva consigo un amuleto.

- Mozos/as e adultos/as:
A boca da terra = La boca de la tierra, de Manuel Rivas
Xerais, 2015 (en galego)
Visor, 2016 (ed. bilingüe)
Fermoso poemario formado por 58 poesías, dividido en tres partes tituladas: A terra que se esconde, A báscula de Ohio e Oracións fúnebres.
Son poemas nos que Manuel Rivas pon voz á natureza, que fala, berra, murmura, lembra, soña...
Na 1ª parte, predominan os dedicados á natureza, desde lugares, animais, plantas, o vento...
O autor explica nunha entrevista realizada en La Voz de Galicia que “A visión da natureza non é tampouco unha visión convencional, entendendo por iso o que non é humano. Ao contrario, aquí intégrase, forma parte da natureza...”.
A 2ª parte, en "A báscula de Ohio", empeza cunha poesía dirixida a unha báscula e nesa mesma entrevista conta unha anécdota na que di que de neno frecuentaba unha tenda cunha báscula na que se podía ler “Toledo-Ohio” e el cría que Ohio era a parroquia canguesa de O Hío. «Pensaba que onde está o cruceiro tamén fabricaban as básculas», por iso unha báscula como esa é a que figura na cuberta da edición de Xerais saíndo dela flores de uces.
A 3ª parte, "Oracións fúnebres", comeza cun poema que é o que dá o título á obra, e que o dedicou aos mártires da liberdade nas fosas comúns de Aranga á beira do río Mandeo.
Tamén queremos destacar que está seguida de Os xitanos cesteiros dedicada aos xitanos asasinados na Ponte do Pasaxe en setembro de 1936 e que están enterrados no cemiterio de Liáns.
Un magnífico libro que nos fala da relación do home coa natureza, unha obra que debemos ler e reler detidamente.
E o como di o autor "A linguaxe da terra tamén é a da poesía porque vai contra a falsidade".
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario