20/1/17

Recomendacións en Radioleiros: 20 xaneiro 2017

http://www.ipernity.com/doc/284673/44167260/in/album/956276
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1221910&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20casa%20medo%20fernandez%20paz- Xuvenil (maiores de 12 anos): 

A casa do medo, de Agustín Fernández Paz
Rodeira-Edebé, 2016

Co maxistral estilo deste querido autor, conta a historia dun home adulto que ten que regresar á súa vila natal Valverde, onde viviu os doce primeiros anos da súa vida e a onde non regresara despois de moitos anos. Ao volver, lembra os feitos que súa nai chamaba como “desagradable incidente” e que grazas aos psiquiatras infantís agochara no máis profundo do seu cerebro e os que ninguén crería se se chegasen a divulgar, pero que el sabe que foron reais. Unha experiencia traumática, pero decidido a rachar co pasado relata o que lle pasou tras quedar pechado no enigmático caseto situado na leira de don Mauro e que espertaba os temores de todos os rapaces de Valverde polo que contaban del. Para poder volver á súa casa e abandonar ese lugar, o protagonista terá que superar as probas do cruel Señor das Serpes e así lograr regresar con vida da Illa da Lúa.

Un estupendo relato de misterio, dos que tan ben dominaba Agustín, con maxia, lugares malditos e a valentía do rapaz que só leva consigo un amuleto. 


- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=boca+terra+tierra+manuel+rivas&branch_group_limit=A boca da terra = La boca de la tierra, de Manuel Rivas
Xerais, 2015 (en galego)
Visor, 2016 (ed. bilingüe)

Fermoso poemario formado por 58 poesías, dividido en tres partes tituladas: A terra que se esconde, A báscula de Ohio e Oracións fúnebres.

Son poemas nos que Manuel Rivas pon voz á natureza, que fala, berra, murmura, lembra, soña... 

Na 1ª parte, predominan os dedicados á natureza, desde lugares, animais, plantas, o vento...
O autor explica nunha entrevista realizada en La Voz de Galicia que “A visión da natureza non é tampouco unha visión convencional, entendendo por iso o que non é humano. Ao contrario, aquí intégrase, forma parte da natureza...”.

A 2ª parte, en "A báscula de Ohio", empeza cunha poesía dirixida a unha báscula e nesa mesma entrevista conta unha anécdota na que di que de neno frecuentaba unha tenda cunha báscula na que se podía ler “Toledo-Ohio” e el cría que Ohio era a parroquia canguesa de O Hío. «Pensaba que onde está o cruceiro tamén fabricaban as básculas», por iso unha báscula como esa é a que figura na cuberta da edición de Xerais saíndo dela flores de uces.

A 3ª parte, "Oracións fúnebres", comeza cun poema que é o que dá o título á obra, e que o dedicou aos mártires da liberdade nas fosas comúns de Aranga á beira do río Mandeo.
Tamén queremos destacar que está seguida de Os xitanos cesteiros dedicada aos xitanos asasinados na Ponte do Pasaxe en setembro de 1936 e que están enterrados no cemiterio de Liáns.


Un magnífico libro que nos fala da relación do home coa natureza, unha obra que debemos ler e reler detidamente.

E o como di o autor "A linguaxe da terra tamén é a da poesía porque vai contra a falsidade".

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/1/17

Expo adicada a Babette Cole: Biblioteca Central Rialeda

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=cole%2C+babette&limit=branch%3AOLE1&multibranchflag=branch%3AOLE1&sort_by=title_az&addto=Engadir+a...&biblionumber=1189560&loggedinuser=&biblionumber=1104185&loggedinuser=&biblionumber=1126972&loggedinuser=&biblionumber=632074&loggedinuser=&biblionumber=681586&loggedinuser=&biblionumber=523185&loggedinuser=&biblionumber=1127370&loggedinuser=&biblionumber=1152473&loggedinuser=&biblionumber=1144414&loggedinuser=&biblionumber=1149365&loggedinuser=&biblionumber=1120727&loggedinuser=&biblionumber=523609&loggedinuser=&biblionumber=630986&loggedinuser=&biblionumber=1103879&loggedinuser=&biblionumber=1155325&loggedinuser=
A escritora e ilustradora británica Babette Cole deixóunos o pasado 15 de xaneiro. Na Biblioteca Central Rialeda queremos lembrala cunha exposición bibliográfica. Babette Cole naceu nas illas Channel e graduouse na facultade de Belas Artes de Canterbury en 1973. Realizou animacións para a BBC, traballos de ilustración para outros autores, antes de establecerse ela mesma como autora e ilustradora. Publicou máis de 150 títulos.
 

Grazas porque o teu "papel dentro do mundo editorial infantil foi moi importante, non só por ser unha pioneira niso de tratar temas tabú como a sexualidade, a morte ou os estereotipos sociais en libros que supostamente debían ser inofensivos e algo dogmáticos, se non por facelo desde unha perspectiva humorística transgresora e, a maior parte das veces, tamén respectuosa". O texto en cursiva é de Román Belmonte. Podes ver o post completo no seu blog Donde Viven Los Monstruos: LIJ
 Grazas Babette por deixarnos tan divertidas historias!!!

14/1/17

Triángulos: expo de libros na Biblioteca Rialeda

https://goo.gl/photos/X7Ht6j3BoAVQt3nw9
https://goo.gl/photos/X7Ht6j3BoAVQt3nw9A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) comeza 2017 cunha exposición de libros e películas titulada "Triángulos"

Esa forma xeométrica amosa tres vértices e tres lados que non sempre son iguais: como no amor. Complicadas ecuacións que non cadran, sumas que restan ou multiplican as relacións. 

Ofrecemos 25 libros que falan de debilidades, traicións, sentimentos, paixón, ese motor que en ocasións manexa as almas e os corpos ao seu antollo. Proximamente terás á túa disposición unha escolma de películas que presentan historias con tres cantos e múltiples arestas.

Tertulia literaria en Rialeda: 18 xaneiro 2017 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Canadá" de Richard Ford
Documentación

A seguinte obra programada é "Izan o da saca" de Xabier Quiroga

Fotografía cortesía de Pilar Jiménez Castiñeiras

Tertulia literaria en Santa Cruz: 16 xaneiro 2017

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://agustinfernandezpaz.gal/Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
18 a 19,30 h.

Comentario de "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz

A seguinte obra programada é "El sol de los Scorta" de Laurent Gaudé

13/1/17

Recomendacións en Radioleiros: 13 xaneiro 2017

  http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros  http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1215052&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20tragaxan- Infantil (8-10 anos):
"Tragaxán e Tragadiño" texto de Bernardino Graña. Ilustracións de Patricia Castelao. Editado por Galaxia.
Dous personaxes nunha revisitación do conto tradicional de Garavanciño mesturado con detalles da cultura galega. Un canto á lectura e o xogo non tecnolóxico, á solidariedade, á natureza e aos afectos.

 
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1203853&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20conspiracion%20mediocres- Mozas-os e adultas-os:
"La conspiración de los mediocres" de Ernesto Mallo. En Siruela.
O terrorismo de Estado na Arxentina do golpe de Videla foi anticipado uns anos antes por José López Rega e a Triple A. Neste contexto atopamos ao detective Perro Lascano, novo pero xa con experiencia, investigando o suicidio dun ancián. A violencia e o amor mestúranse nesta obra da man dun autor de garantía como Ernesto Mallo.
 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/1/17

Inicio 2º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-25337.pdfBiblioteca Central Rialeda. Perillo
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre coa seguinte programación:

- "Izan o da saca" de Xabier Quiroga
- "Nos vemos allá arriba" de Pierre Lemaitre
- "Las reputaciones" de Juan Gabriel Vásquez
- "Me llamo Lucy Barton" de Elizabeth Strout
- "El mapa y el territorio" de Michel Houellebecq

Datas:
- Xaneiro: día 18
- Febreiro: días 1 e 15
- Marzo: días 15 e 29

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

Inicio 2º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
- "El vino de la soledad" de Irène Némirovsky

Datas:
- Xaneiro: días 11 e 25
- Febreiro: días 8 e 22
- Marzo: días 8 e 22

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
- "Mil soles espléndidos" de Khaled Hosseini

Datas:
- Xaneiro: días 16 e 30
- Febreiro: día 13
- Marzo: días 6 e 20

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

30/12/16

Recomendacións en Radioleiros: 30 decembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/44123956/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=cuerdas&idx=au%2Cwrdl&q=pedro+sol%C3%ADs&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Cuerdas" de Pedro Solís. Editado por Nilo.
Baseada na curtametraxe de animación gañadora dun Goya en 2014. Dirixida por Pedro Solís. Conta a historia de María e Nico, compañeiros de clase. Ela é unha rapaza soñadora, vivaracha e alegre, el é un rapaz con parálise cerebral. El non se pode mover nin  falar, así que María argalla un sistema de cordas para poder xogar xuntos.
Un fermoso conto sobre a solidariedade, que fala de valores e ilusións, todo visto a través dos ollos inocentes dunha nena pequena.
 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1100636

- Mozas-os e adultas-os:
"Lourenço, Xograr" de Manuel Portas. En Galaxia.
A obra coa que Manuel Portas gañou o Premio García Barros 2015 narra a imaxinada vida de Lourenço, xograr portugués do século XIII, co fondo histórico da Baixa Idade Media. O libro está dividido en dúas partes; na primeira, ao máis estilo da novela picaresca, preséntase a un Lourenço adolescente e namoradizo que marcha cara terras galegas facendo de xograr do trobador João García de Gilhade. Viaxarán ata Compostela, presentando a través dos ollos do rapaz a vida cotiá da Galicia medieval. A segunda parte
rompe totalmente coa estrutura da primeira. Dáse paso a unha polifonía de voces narradoras: Lourenço, o mestre Ferreiro, María Balteira, o propio rei Afonso X, etc, van dando testemuño do protagonista, de si mesmos e da sociedade na que viven.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

27/12/16

Nadal 2016: calendario das bibliotecas

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2016/12/nadal-2016-calendario-das-bibliotecas.html
Queremos informar aos nosos usuarios e usuarias do calendario no que as Bibliotecas Municipais de Oleiros non abrirán ao público durante os meses de decembro de 2016 e xaneiro de 2017 polas festas de Nadal e Reis.
Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.
Biblioteca Central Rialeda: pechará os días 31 de decembro e 7 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz: pechará o día 7 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera: pechará o día 5 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé:
Pechará:
Os días 29 e 30 de decembro.
Do 2 ao 5 de xaneiro.
O 9 de xaneiro.

As seguintes bibliotecas abrirán todos os días:
Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda
Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós
Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros

Desculpen as molestias. Felices Festas!

23/12/16

"Compartindo lecturas": guías para o nadal 2016

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25291.pdfhttp://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25292.pdf Eis as 4 guías con suxestións para este nadal, que fan sorrir, reflexionar ou emocionar. 
Queremos ofrecer ideas para o Apalpador, Papá Noel e os Magos de Oriente.
Cada unha diríxese a un grupo de idade.
 

Son libros e audiovisuais que hai nas Bibliotecas Municipais e que se poden levar en préstamo para as vosas casas. Animamos a que as visitedes, utilicedes o servizo de préstamo e gocedes coa lectura.
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25290.pdf
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-25289.pdfDescarga as guías premendo sobre as imaxes.
 

Cos bos libros e audiovisuais destas guías, desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade.  

Que o vindeiro 2017 traia boas novas e un mundo de ilusións convertidas en realidade!!!