15/1/16

Recomendacións en Radioleiros: 15 de xaneiro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=118547- Xuvenil:
"Madonna e outros contos de inverno" de Manuel Rivas. Ilustración da cuberta Miguelanxo Prado. Colección Fóra de Xogo, en Xerais
Reúnense nesta obra oito contos moi diferentes que transcorren durante o inverno ou o Nadal.
O amor, a integración das persoas diferentes, a traizón, a fame, a bondade dunha nai, as drogas, o naufraxio, etc., son algúns dos temas tratados nesta publicación. Un libro que ao lelo causa emoción e afecto.
Todos estes relatos tamén están recollidos na obra do mesmo autor titulada “Contos de Nadal”.
Recomendámolo para adolescentes a partir de 13 anos, pero tamén para adultos/as.

- Mozas-os e adultas-os:
"La muerte de Ivan Ilich" de Lev Tolstói, editado por Alianza.
É unha excelente novela curta que trata a temática da morte e da toma de conciencia dunha vida mal vivida. Tendo como punto de partida un incidente na vida real, crea esta obra na que un membro destacado do Tribunal de Xustiza ruso morre a causa dun pequeno accidente
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=54556, que ao parecer era sen importancia, pero que lle provoca una doenza física que os médicos non acertan a diagnosticar e tampouco a curar o que lle causa cada vez máis dores e finalmente a morte. É esta enorme dor, así como a intuición dunha morte próxima, o que lle fai reflexionar sobre a vida que levou e chegar á conclusión que foi una vida mal vivida.
Preséntanos ao xuíz Ivan Ilich educado para medrar na administración do Imperio Ruso. No seu matrimonio ao principio todo ía ben, pero cando teñen o primeiro fillo comezan os problemas. Da vida familiar só quería as comodidades que esta lle podía ofrecer: comida caseira, cama e sobre todo o decoro nas formas externas, o que a opinión pública lle esixía. O resto buscábao no seu traballo. Irá progresando socialmente, pero ao final, preguntarase se o seu esforzo pagou a pena e se compensou o malestar da súa vida familiar. Analizará o seu pasado e dubidará se actuou correctamente.
 
É unha crítica á forma de vida superficial das clases altas rusas, unha reflexión sobre a forma de vivir e de comportarse e sobre a desesperación que causa a dor e a angustia por unha morte que intúe próxima.
 
Esta maxistral novela foi elixida por Nabókov e por Gandhi como a máis grande de toda a literatura rusa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/1/16

Tertulia literaria en Rialeda: 12 de xaneiro (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-23221.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Canadá" de Richard Ford.
Documentación
Obras de Richard Ford nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Una casa en Amargura" de Elisa Vázquez de Gey, coa que iniciamos o 2º trimestre da tertulia literaria.

8/1/16

Recomendacións en Radioleiros: 8 de xaneiro

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=119076- Infantil (de 4 anos en adiante):

O dragón que cambiaba de conto cada vez que esbirraba, texto de David Aceituno e ilustracións de Miguel Anxo Prado
El Patito Editorial 

Unha divertida historia para nenos e nenas da man do polifacético David Aceituno contando co magnífico traballo estético de Miguel Anxo Prado. Un círculo con diversos animais que protagonizan un argumento redondo.

- Mozos/as e adultos/as:


http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=95903La anciana que nunca jugó al tenis y otros relatos que sientan bien, de Zidrou
Norma

Banda deseñada con relatos independentes de Zidrou ilustrados por diversos autores. Historias moi diversas guiadas polo fío do amor e da morte, todas cun contido afectivo moi forte. Un paseo pola realidade diaria desde múltiples perspectivas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/1/16

Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria de Rialeda (grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-23227.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre coa seguinte programación:

- "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa
- "La muerte de Iván Ilich" de Lev Tolstói
- "Una casa en Amargura" de Elisa Vázquez de Gey
 - "Un paraíso inalcanzable" de John Mortimer
- "A memoria do boi" de Xosé Vázquez Pintor
- "La puerta" de Magda Szabó

Datas:
- Xaneiro: día 20
- Febreiro: días 3 e 17
- Marzo: días 2, 16 e 30

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca

Nestes intres o grupo está completo. As novas inscricións pasarán a formar parte da lista de espera


Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria de Rialeda (grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-23226.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comenzamos o 2º trimestre coa seguinte programación:

- "Una casa en Amargura" de Elisa Vázquez de Gey
- "A memoria do boi" de Xosé Vázquez Pintor
- "Charlotte" de David Foenkinos
- "La mujer de un sólo hombre" de A.S.A. Harrison
- "La buena reputación" de Ignacio Martínez de Pisón

Datas:
- Xaneiro: días 13 e 27
- Febreiro: días 10 e 24
- Marzo: día 9

Pode apuntarse á actividade:
- A través da páxina web do Concello de Oleiros
- Persoalmente na Biblioteca Central Rialeda
- Por teléfono (981 639 511) no horario da biblioteca

Nestes intres o grupo está completo. As novas inscricións pasarán a formar parte da lista de espera

Inicio 2º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/actividades/promo-lectura/tertulias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-23225.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 18 a 20 h.

Comenzamos o 2º trimestre coa seguinte programación:

- "Follas do bacallau" de Xabier Paz
- "La ternura de los lobos" de Stef Penney
- "Los detectives salvajes" de Roberto Bolaño
- "El proyecto esposa" de Graeme Simsion
- "La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert

Datas:
- Xaneiro: días 11 e 25
- Febreiro: días 15 e 29
- Marzo: día 14

Pode apuntarse á actividade:
- Persoalmente na Biblioteca de Santa Cruz
- Por teléfono (981 626 338) no horario da biblioteca


 Nestes intres o grupo está completo. As novas inscricións pasarán a formar parte da lista de espera.

23/12/15

Nadal 2015: calendario das bibliotecas

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2015/12/nadal-2015-calendario-das-bibliotecas.html
Queremos informar aos/ás nosos/as usuarios/as do calendario no que as bibliotecas municipais de Oleiros non abrirán ao público durante o Nadal 2015.

Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.

Biblioteca Central Rialeda: pechará os días 24, 26, 31 de decembro e 2 de xaneiro.
Biblioteca Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz: pechará os días 24, 26, 31 de decembro e 2 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros: pechará de 21 a 31 de decembro.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera: pechará os días 21 a 26, 31 de decembro e 2, 5 a 8 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda: pechará os días 24, 28 a 31 de decembro e 2, 4 a 8 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós: pechará de 24 a 31 de decembro e 4, 5 e 11 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé: pechará os días 24, 28 a 31 de decembro e do 4 a 8 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Federico García Lorca. Montrove: pechará os días 24, 28 a 31 de decembro e 4 a 7 de xaneiro.

Desculpen as molestias. Felices Festas!

22/12/15

Biblioteca de Santa Cruz 30 aniversario: mostra dos primeiros libros

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
Horario:
- Mañás: martes a venres, de 10 a 13 h.
- Tardes: luns a venres, de 16 a 20 h.

Foron  mercados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz e forman parte dos libros que serían o fondo bibliográfico fundacional para a creación desta biblioteca.

Principalmente, tratan áreas temáticas referentes á muller: movementos feministas, políticas de igualdade, dereitos, traballo, saúde, psicoloxía, coeducación, arte, desenvolvemento, pacifismo, situacións de violencia contra as mulleres, biografías, etc. 

Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes (exposición fotográfica)


- Mañás: martes a venres, de 10 a 13 h.
- Tardes: luns a venres, de 16 a 20 h.

Invitamos a contemplar as fermosas fotografías antigas expostas na sala de actividades baixo o título Lembranzas de Santa Cruz: paisaxes e xentes nas que se inclúen imaxes de veciñas e veciños, oficios, costumes, eventos, así como da espléndida paisaxe desta localidade. 

Permanecerá aberta ata o día 22 de xaneiro.

18/12/15

“De libros e ilusións”: 260 recomendacións de libros, dvd e cd para o Nadal 2015

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23193.pdf
As Bibliotecas Municipais de Oleiros elaboraron para este Nadal unha guía titulada  "De libros e ilusións", formada por 260 recomendacións de libros, DVD e CD. Presentan esta selección cun dobre obxectivo: mostrar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visión e lembrar que un libro, un CD, ou un DVD son tamén un bo agasallo.
 
Esta escolla foi realizada por todo o persoal das bibliotecas, polo que nela poderán atopar publicacións moi diversas. Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos,  intereses,  preferencias  e idades.  Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.
Son 260 libros, CDs e DVDs que temos nas bibliotecas e que poden levar en préstamo para as súas casas.
Os libros figuran clasificados por idades, para as que se considera que son máis axeitados. A idade para a que se recomenda cada obra é só de forma orientativa, xa que cada  nena ou neno ten un grado de desenvolvemento mental que se debe respectar.
 
Animamos a todas as persoas que vaian facer algún regalo por estas datas de Nadal ou
Reis, a que obsequien aos seus seres queridos cun libro, ao mesmo tempo que lles
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23193.pdf
lembramos da importancia da lectura na formación integral da persoa.  A facultade lectora non é innata, vaise adquirindo pouco a pouco, por este motivo gustaríanos espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura dun bo libro.
Esta guía repartirase ao alumnado de ensinanza primaria dos centros de ensino público deste Concello, así como nas bibliotecas municipais.


Cos bos libros desta guía, desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexamos transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade, que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións convertidas en realidade.

Recomendacións en Radioleiros: 18 de decembro

 http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=99126- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
"¿Cuando se irán estos?" de Ute Krause, en Juventud.
Os protagonistas son seis irmáns que teñen que afrontar unha situación nova, estraña e confusa: a do divorcio dos pais. Este desconcerto aínda se agrava máis cando un día chegan á casa do seu pai e alí vive máis xente, unha princesa coas súas princesiñas e princesiños. Utilizando todos os trucos posíbeis conseguen botar aos invasores, pero eles non contaban  coa tristura do pai…

- Mozos-as e adultos-as:
"A vinganza do defunto" de Carlos G. Reigosa, editado por Xerais.
Nova aventura do detective Nirvardo Castro e o xornalista Carlos Conde que demostra que
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=114155 non se xubilaron e gozan de boa saúde. Ambientada entre 1938 e 1945 ten como fío condutor as investigacións para aclarar a  morte de Eliseo Sandamil Bentraces, empresario galego, quen tras citalo na súa casa de Puerta de Hierro (Madrid) lle pide a Nivardo Castro que «investigue a súa morte cando se produza, non importa cando sexa nin en que condicións chegue. En calquera caso, vostede deberá indagala como se sospeitase que se trata dun asasinato». O comercio de volframio, a espionaxe de británicos e alemáns, a fuxida de xudeus cara a América polo porto de Vigo enchen a trama detectivesca.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

11/12/15

Contacontos de Nadal na Biblioteca de Santa Cruz: 17 de decembro

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-23174.pdf
Este Nadal poderás gozar de dúas sesións de Contos de Nadal na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz. Xoves 17 de decembro, a cargo de Soledad Felloza.

Haberá dúas sesións:
- Ás 18:00 h. sesión para nenas e nenos de 1 a 4 anos (para esta sesión o
aforo está limitado a 30 participantes. É imprescindible reservar praza na Biblioteca de Santa Cruz ou chamando por teléfono ao 981 626 338 a partir do luns 14 de decembro ás 16:00 h.)

- Ás 18:30 h. sesión para nenas e nenos maiores de 4 anos. 

Contos de Nadal para viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación e soñar cos momentos especiais destas festas tradicionais. 
ESPERÁMOSTE!!
BO NADAL e FELICES FESTAS a todas/os!!

Tertulia literaria en Rialeda: 16 de decembro (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-23159.pdfNa Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La fórmula preferida del profesor" de Yoko Ogawa.
Documentación
Obras de Yoko Ogawa nas nosas bibliotecas.

A seguinte obra programada é "Canadá" de Richard Ford.