Horario:
- Mañás: martes a venres, de 10 a 13 h.
- Tardes: luns a venres, de 16 a 20 h.
Foron mercados no ano 1985 polas persoas que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz e forman parte dos libros que serían o fondo bibliográfico fundacional para a creación desta biblioteca.
Principalmente, tratan áreas temáticas referentes á muller: movementos feministas, políticas de igualdade, dereitos, traballo, saúde, psicoloxía, coeducación, arte, desenvolvemento, pacifismo, situacións de violencia contra as mulleres, biografías, etc.
No hay comentarios:
Publicar un comentario