Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Luns 30 de setembro
ARTISTA: Elefante Elegante
ESPECTÁCULO: "O aviador"
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 1 de outubro
ARTISTA: Compañía Sarabela Teatro
ESPECTÁCULO: "Contacontos"
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 2 de outubro
ARTISTA: María Noel Toledo
ACTIVIDADE: "Instantáneas de plastilina"
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no 981 626 338
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 2 de outubro
ARTISTA: Nita
ESPECTÁCULO: "A ciencia é divertida"
- 1ª sesión: 17 h.: nenas e nenos de 0 a 3 anos
- 2ª sesión: 18,30 h.: nenas e nenos de 3 a 6 anos
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no 981 618 201
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 3 de outubro
ARTISTA: Elefante Elegante
ESPECTÁCULO: "O aviador"
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 4 de outubro
CONTACONTOS: Matapiollos Teatro
ESPECTÁCULO: "Abrapalabra"
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 4 de outubro
ARTISTA: María Noel Toledo
ACTIVIDADE: "Instantáneas de plastilina"
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no 981 628 507
Salvo indicación, todos os actos terán lugar ás 18,30 h.
27/9/13
Recomendacións en Radioleiros: 27 de outubro
Punto de lectura
Con so 16 anos a Tiuri encárganlle a perigosa misión de entregar urxentemente unha misteriosa carta ao rei Unawen. A partir dese momento a súa vida corre perigo.
- Moz@s e Adult@s:
Debate
Biografía de Steve Jobs, o creador de Apple.
23/9/13
Hora do Conto e Ler conta moito: semana do 23 ao 27 de setembro
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 23 de setembro*
ARTISTA: María Noel Toledo
ACTIVIDADE: "Instantáneas de plastilina"
*Prazas limitadas. Imprescindible inscribirse no teléfono 981 626 638
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 24 de setembro
CONTACONTOS: Carmen Domech
ESPECTÁCULO: “Contacontos de libros contentos”
Biblioteca Pública Municipal "Federico García Lorca". Montrove
Martes 24 de setembro
CONTACONTOS: Expresión Produccións
ESPECTÁCULO: “Contos para todos”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 25 de setembro
CONTACONTOS: O fogueteiro
ESPECTÁCULO: “O libro animado”
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 25 de setembro*
ARTISTA: Compañía Larraitz
ESPECTÁCULO: “Títeres nas mans”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 27 de setembro
CONTACONTOS: Matapiollos Teatro
ESPECTÁCULO: “Abrapalabra”
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 27 de setembro
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: "As dúbidas dos animais”

20/9/13
Recomendacións en Radioleiros: 20 de setembro
- Infantil (a partir de 6 anos):
Bárbara Fiore Editora
Como cada ano, todos soben ao alto do outeiro, pero debido a que a tartaruga está enferma, a formiga é a que vai dirixir a reunión. O elefante ten unha pregunta. É unha pregunta difícil. Como se pode saber si se quere a alguén? Todos os que alí están dan a súa particular visión do amor e o que senten: o rato, Brancaneves, a pedra, o mar, as nubes, o vagabundo, o explorador, a maceira, o oso, o sol...

Fermoso álbum ilustrado que nos achega ao sentimento do amor, cunhas delicadas imaxes realizadas en tons suaves.
- Moz@s e Adult@s:
Galaxia
Estamos en Santiago de Compostela no ano 1928 e Marcel, un neno de 5 anos, ve (agochado debaixo da cama) o asasinato de súa nai e o seu irmán e o suicidio de seu pai. Este acontecemento marcarao para toda a súa vida. Alí o atopará Lucía e coidarao igual que se fora fillo dela. De Santiago trasládanse a vivir para A Coruña. Lucía é unha muller rica, culta e librepensadora, amante na ficción de Ánxel Casal, que subvenciona a súa edición de libros, e amiga de Santiago Casares Quiroga.

A obra desenvolve cincuenta anos da vida do protagonista, por medio do relato en primeira persoa do propio Marcel. Como viven na Coruña ata o estoupido da Guerra Civil en que fuxen para París, onde se establecen e cidade na que consegue traballar de actor. De aí viaxará, por motivos de traballo, a Bos Aires e a Nova York.
Na infancia e adolescencia de Marcel podemos ver como era a vida cultural, política e de ocio na Coruña, unha cidade moderna. Aparecen desmitificadas figuras e lugares coñecidos do galeguismo. Ánxel Casal visita moitas veces a casa de Lucía e será para Marcel como un mestre. A súa amizade con Samuel e o amor adolescente de Vitola (María Casares), a quen volverá a ver en París e coa que manterá unha amizade durante toda a súa vida. En París tamén nos presenta episodios da invasión nazi e da súa vida alí. Na última parte da novela vemos como Marcel quere coñecer as causas polas que mataron á súa familia.
Unha boa novela, cunha linguaxe áxil que engancha ao lector/a.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
18/9/13
Mércores 18 de setembro: apertura do prazo de inscrición nas Tertulias Literarias en Rialeda
O prazo de
inscrición para a tempada 2013-2014 das Tertulias Literarias na Biblioteca Central Rialeda ábrese o mércores 18 de
setembro*.
A inscrición poderá facerse dos seguintes xeitos:
- A través da páxina web
do Concello de Oleiros.
- Persoalmente
na Biblioteca Central Rialeda.
- Por teléfono
(981 639 511) no horario da biblioteca (de 8,15 a 21,15 h., luns a venres).
As 20 primeiras
solicitudes constituirán o grupo A e as 20 restantes o grupo
B.
As persoas que queden sen praza entrarán a formar parte da Lista de Espera.
*Non se admitirán solicitudes previas á data sinalada.
17/9/13
Actividades de Promoción da Lectura (setembro a decembro)
Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola
Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros. Con este programa as nenas e nenos poderán fomentar a creatividade con obradoiros de plastilina, divertirse e aprender con sinxelos experimentos científicos, escoitar contacontos, ver espectáculos de monicreques, gozar cun taller sobre a arte nos libros ou entreterse cun espectáculo de maxia.
A Hora do conto é unha actividade tradicional nas Bibliotecas Municipais de Oleiros na que se levan a cabo diferentes sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos. Nárranse ou dramatízanse un ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a creatividade, como unha invitación a viaxar a un mundo máxico de imaxinación e fantasía.
Os obxectivos que se intentan conseguir son, principalmente, a promoción da lectura, pero tamén que as
nenas e nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.

Participarán as contadoras e contadores Raquel Queizás, Pablísimo, Soledad Felloza, Paula Carballeira, Marisa Irimia, Ramiro Neira, Genma Pardo, Pedro Brandariz, Fátima Fernández, Caxoto, Pizpireta, o Fogueteiro, Carmen Domech, as Compañías Sarabela Teatro, Trinke-Trinke, Elefante Elegante, Migallas Teatro, Larraitz, Matapiollos Teatro, Xanela ocio e animación, Expresión Produccións, así como as monitoras María Noel Toledo e Nita, ou o mago Chrystyan Magic.
Preténdese introducir ás nenas e nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os faga gozar e divertirse. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
Entre os meses de setembro a decembro realizaranse, nas oito bibliotecas municipais, 57 sesións de diferentes actividades para fomentar á lectura e animar a que as nenas e nenos visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Levarase a cabo a programación de Ler conta moito e a da Hora do conto e poden solicitar a información en calquera das oito bibliotecas municipais, aínda que tamén se distribuirá nos catro colexios públicos de ensinanza primaria de Oleiros.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola
Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros. Con este programa as nenas e nenos poderán fomentar a creatividade con obradoiros de plastilina, divertirse e aprender con sinxelos experimentos científicos, escoitar contacontos, ver espectáculos de monicreques, gozar cun taller sobre a arte nos libros ou entreterse cun espectáculo de maxia.A Hora do conto é unha actividade tradicional nas Bibliotecas Municipais de Oleiros na que se levan a cabo diferentes sesións de contacontos dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos. Nárranse ou dramatízanse un ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a creatividade, como unha invitación a viaxar a un mundo máxico de imaxinación e fantasía.
Os obxectivos que se intentan conseguir son, principalmente, a promoción da lectura, pero tamén que as

Participarán as contadoras e contadores Raquel Queizás, Pablísimo, Soledad Felloza, Paula Carballeira, Marisa Irimia, Ramiro Neira, Genma Pardo, Pedro Brandariz, Fátima Fernández, Caxoto, Pizpireta, o Fogueteiro, Carmen Domech, as Compañías Sarabela Teatro, Trinke-Trinke, Elefante Elegante, Migallas Teatro, Larraitz, Matapiollos Teatro, Xanela ocio e animación, Expresión Produccións, así como as monitoras María Noel Toledo e Nita, ou o mago Chrystyan Magic.
Preténdese introducir ás nenas e nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os faga gozar e divertirse. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
16/9/13
Recomendacións en Radioleiros: 13 de setembro
Editado por Kalandraka
Diante da súa alopecia, Nicomedes proba con distintas
solucións. O seu gato acabará por axudalo a atopar a máis práctica. Libro
divertido que fomenta a autoestima.
- Moz@s e Adult@s:
Editado por Norma
Un político novo da esquerda francesa tenta rematar a súa
tese cando é contratado como asesor do ministro de Exteriores. Banda deseñada
definida por Le Monde como “delirante, grandilocuente e megalómana“.
Excelente humor xunto a un debuxo soberbio que acompañan a un texto de primeira
calidade.
Recomendacións
feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Recomendacións en Radioleiros: 6 de setembro
Editado por Kalandraka
Carle, ilustrador e deseñador, faille unha homenaxe ao
expresionismo alemán empregando animais pintados de cores. Libro apto para todas
as idades, de contido fundamentalmente visual e moi pouco texto.
Editado por Salamandra
Avogado penalista en Berlín desde 1994, Von Schirach tráenos
quince relatos produto da súa experiencia laboral. Miniaturas do comportamento
humano, historias reais do mundo da delincuencia expresadas dun xeito sobrio e
de grande calidade literaria. Impactante e distinto, é unha oferta diferente
para un lector concreto.
Recomendacións
feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
30/8/13
Recomendacións en Radioleiros: 30 de agosto
"Cómo empezó mi vida prestada" de Jenny Valentine, en Alfaguara
Cando Chap decide facerse pasar por Cassiel Roadnight, co que garda un extraordinario parecido físico, non sospeita todo o que lle vai vir enriba.
- Mozos-as e adultos-as:
"La verdad sobre el caso Harry Quebert" de Joël Dicker, editado por Alfaguara
Quen matou a Nolla Kellergan?
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
23/8/13
Recomendacións en Radioleiros: 23 de agosto
- Infantil (de 6 a 8 anos): Cando sexades pequenos : contos para contarlles aos maiores antes de durmir, de Uxue Alberdi e ilustrado por Aitziber Akerreta
Editado por Kalandraka
Invertindo a orde natural, son os nenos os que anuncian aos vellos o que lles agardaría se volverán á nenez: gozar das pequenas cousas sen convencións nin prexuízos.
- Moz@s e Adult@s:
Editado por Anagrama
Radiografía do Londres contemporáneo a través das persoas que visitan unha rúa de clase acomodada. Executivos, albaneis, coidadoras, xubilados, artistas, etc. conforman esta viaxe sociolóxica no comezo da crise. Un libro de plena actualidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
19/8/13
"Cidades a pé de imaxe I" en Rialeda
Presentámosche o monográfico "Cidades a pé de imaxe" no que poderás atopar películas nas que os espazos urbáns actúan coma protagonistas ou lenzo sobre o que se desenvolven as historias. Nesta primeira proposta percorremos unha das cidades cinematográficas por excelencia: París, e continuamos itinerario por Santiago de Compostela, Río de Janeiro e La Habana.
París
- Al final de la escapada, de Jean-Luc Godard
- Alrededor de la medianoche, de Bertrand Tavernier
- Amélie, de Jean-Pierre Jeunet
- Un americano en París, de Vincente Minnelli
- ¿Arde París?, de René Clement
- El globo rojo, de Albert Lamorisse
- Midnight in Paris, de Woody Allen
- Moulin Rouge, de Baz Luhrmann
- On connait la chanson, de Alain Resnais
- París, diversas historias de Éric Rohmer
... etc.
Santiago de Compostela
- Al final del Camino, de Roberto Santiago
- Peregrinos, de Coline Serreau
- Sara, de Silvia Quer
- Trece badaladas, de Xavier Villaverde
- The Way, de Emilio Estévez
Río de Janeiro
- Brasileirinho (documental), de Mika Kaurismaki
- Ciudad de Dios, de Fernando Meirelles
- Orfeo negro, de Marcel Camus
- Radio favela, de Helvécio Ratton
- Tropa de élite, de José Padilha
La Habana
- Barrio Cuba, de Humberto Solás
- Chico y Rita, de Fernando Trueba
- Habana, de Sydney Pollack
- Habana blues, de Benito Zambrano
- Suite Habana (documental), de Fernando Pérez
... etc.
Podes atopar os títulos expostos no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.
París
- Al final de la escapada, de Jean-Luc Godard- Alrededor de la medianoche, de Bertrand Tavernier
- Amélie, de Jean-Pierre Jeunet
- Un americano en París, de Vincente Minnelli
- ¿Arde París?, de René Clement
- El globo rojo, de Albert Lamorisse
- Midnight in Paris, de Woody Allen
- Moulin Rouge, de Baz Luhrmann
- On connait la chanson, de Alain Resnais
- París, diversas historias de Éric Rohmer
... etc.
Santiago de Compostela- Al final del Camino, de Roberto Santiago
- Peregrinos, de Coline Serreau
- Sara, de Silvia Quer
- Trece badaladas, de Xavier Villaverde
- The Way, de Emilio Estévez
Río de Janeiro
- Brasileirinho (documental), de Mika Kaurismaki
- Ciudad de Dios, de Fernando Meirelles
- Orfeo negro, de Marcel Camus
- Radio favela, de Helvécio Ratton
- Tropa de élite, de José PadilhaLa Habana
- Barrio Cuba, de Humberto Solás
- Chico y Rita, de Fernando Trueba
- Habana, de Sydney Pollack
- Habana blues, de Benito Zambrano
- Suite Habana (documental), de Fernando Pérez
... etc.
Podes atopar os títulos expostos no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.
16/8/13
Recomendacións en Radioleiros: 16 de agosto
"Tempus fugit: ladrones de almas" de Javier Ruescas, en Alfaguara.
"Nun escenario futurista no que gran parte da Terra quedou sepultada baixo as augas crúzanse as vidas de tres adolescentes: Pablo que viaxa desde o pasado, Hanna que busca desesperadamente un futuro para o seu pai e Klein un semiandroide ao que se lle esgota o seu tempo de vida".
- Mozos/as e adultos/as:
"Ángulo de reposo" de Wallace Stegner, editado por Libros del asteroide.
"Nas últimas décadas do século XIX un xove e emprendedor enxeñeiro de minas da costa Este dos EEUU vai vivir e traballar coa súa muller ao Oeste, cando aínda era un territorio salvaxe, apenas colonizado".
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
9/8/13
Recomendacións en Radioleiros: 9 de agosto
- Infantil (de 10 a 12 anos):Estás na lúa, de Carmen Montalbán ; ilustracións de Pilar Millán
Editado por Kalandraka
Baraka, unha nena de doce anos que vive no Sáhara, escoita os relatos da súa avoa Baía sobre como era a súa antiga casa a carón do mar. Pero a avoa de Baraka está comezando a perder a memoria …
- Moz@s e Adult@s:
En tiempos de luz menguante, de Eugen Ruge
Editado por Anagrama
Unha familia alemá a través de tres xeracións conforma o tránsito do século XX ao XXI e con iso a desaparición da RDA. Medio século de historia vivida da man deste autor con experiencia no mundo teatral e cinematográfico.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
2/8/13
Recomendacións en Radioleiros: 2 de agosto
"Isto é Nova York" de Miroslav Sasek, editado por El patito editorial
A ponte de Brooklyn, o Yankee Stadium, o Empire State Building, Park Avenue, Broadway ... Isto é Nova York!
- Mozos/as e adultos/as:
"El nombre del viento" de Patrick Rothfuss en Plaza & Janés
Kvothe xa é unha lenda. As súas fazañas cántanse en cancións e cóntanse en tabernas e palacios, pero só el pode narrar a súa verdadeira historia.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo,todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
26/7/13
Recomendacións en Radioleiros: 26 de xullo
"Luna llena" de Antoine Guilloppé, en Macmillan.
Fermoso e espectacular álbum, realizado totalmente en branco e negro para acentuar máis o contraste, coas ilustracións troqueladas con láser, de forma que parecen belidos encaixes. É unha noite de lúa chea e hai algo que alerta aos animais do bosque. Que é ese ruído que os esperta? Baixo a temática da natureza, os animais e o misterio temos un espléndido libro para ler, mirar, regalar e sobre todo gozar con el.
Magnífica obra deste ilustrador francés no que combina unha tenra e sinxela historia cun excelente traballo para a elaboración do libro.

Novela de aventuras e ao mesmo tempo de suspense e intriga, narrada en primeira persoa polo protagonista, Kurt Krausmann, un médico alemán que leva unha vida tranquila e feliz,
casado con Jessica, da que está moi namorado, pero ela ultimamente volvérase moi distante, o que lle provoca a el un gran desasosego e preocupación, ata que un drama familiar o leva á desesperación.
Por este motivo, Hans, un amigo, invítao a que o acompañe nunha misión humanitaria, viaxar ás Illas Comoras, onde ten a intención de equipar un hospital para unha organización caritativa da que é membro. Pero, no transcurso desta viaxe, cerca da costa somalí, o barco é asaltado por piratas. Kurt e Hans son secuestrados e trasladados dun campamento clandestino a outro, vivindo en lugares insalubres e en moi malas condicións e levando unha vida infrahumana. Obra que atrapa ao lector presentando uns europeos que se enfrontan a un mundo descoñecido, no que manda a violencia, a tortura e a arbitrariedade. O autor intenta achegarnos un pouco a África, presentándonos as terribles situacións de guerra e pobreza, un continente de miseria e violencia, pero ao mesmo tempo cuns habitantes que teñen unha gran alegría de vivir.
Por este motivo, Hans, un amigo, invítao a que o acompañe nunha misión humanitaria, viaxar ás Illas Comoras, onde ten a intención de equipar un hospital para unha organización caritativa da que é membro. Pero, no transcurso desta viaxe, cerca da costa somalí, o barco é asaltado por piratas. Kurt e Hans son secuestrados e trasladados dun campamento clandestino a outro, vivindo en lugares insalubres e en moi malas condicións e levando unha vida infrahumana. Obra que atrapa ao lector presentando uns europeos que se enfrontan a un mundo descoñecido, no que manda a violencia, a tortura e a arbitrariedade. O autor intenta achegarnos un pouco a África, presentándonos as terribles situacións de guerra e pobreza, un continente de miseria e violencia, pero ao mesmo tempo cuns habitantes que teñen unha gran alegría de vivir.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo,todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)