- Infantil (a partir de 6 anos):
Bárbara Fiore Editora
Como cada ano, todos soben ao alto do outeiro, pero debido a que a tartaruga está enferma, a formiga é a que vai dirixir a reunión. O elefante ten unha pregunta. É unha pregunta difícil. Como se pode saber si se quere a alguén? Todos os que alí están dan a súa particular visión do amor e o que senten: o rato, Brancaneves, a pedra, o mar, as nubes, o vagabundo, o explorador, a maceira, o oso, o sol...

Fermoso álbum ilustrado que nos achega ao sentimento do amor, cunhas delicadas imaxes realizadas en tons suaves.
- Moz@s e Adult@s:
Galaxia
Estamos en Santiago de Compostela no ano 1928 e Marcel, un neno de 5 anos, ve (agochado debaixo da cama) o asasinato de súa nai e o seu irmán e o suicidio de seu pai. Este acontecemento marcarao para toda a súa vida. Alí o atopará Lucía e coidarao igual que se fora fillo dela. De Santiago trasládanse a vivir para A Coruña. Lucía é unha muller rica, culta e librepensadora, amante na ficción de Ánxel Casal, que subvenciona a súa edición de libros, e amiga de Santiago Casares Quiroga.

A obra desenvolve cincuenta anos da vida do protagonista, por medio do relato en primeira persoa do propio Marcel. Como viven na Coruña ata o estoupido da Guerra Civil en que fuxen para París, onde se establecen e cidade na que consegue traballar de actor. De aí viaxará, por motivos de traballo, a Bos Aires e a Nova York.
Na infancia e adolescencia de Marcel podemos ver como era a vida cultural, política e de ocio na Coruña, unha cidade moderna. Aparecen desmitificadas figuras e lugares coñecidos do galeguismo. Ánxel Casal visita moitas veces a casa de Lucía e será para Marcel como un mestre. A súa amizade con Samuel e o amor adolescente de Vitola (María Casares), a quen volverá a ver en París e coa que manterá unha amizade durante toda a súa vida. En París tamén nos presenta episodios da invasión nazi e da súa vida alí. Na última parte da novela vemos como Marcel quere coñecer as causas polas que mataron á súa familia.
Unha boa novela, cunha linguaxe áxil que engancha ao lector/a.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario