Editado por Kalandraka
Carle, ilustrador e deseñador, faille unha homenaxe ao
expresionismo alemán empregando animais pintados de cores. Libro apto para todas
as idades, de contido fundamentalmente visual e moi pouco texto.
Editado por Salamandra
Avogado penalista en Berlín desde 1994, Von Schirach tráenos
quince relatos produto da súa experiencia laboral. Miniaturas do comportamento
humano, historias reais do mundo da delincuencia expresadas dun xeito sobrio e
de grande calidade literaria. Impactante e distinto, é unha oferta diferente
para un lector concreto.
Recomendacións
feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario