26/4/13

3 e 10 de maio: Roteiro Cultural e Literario


Syra Alonso e Francisco Miguel e a "Casa da felicidade" en Santa Cruz
Francisca Herrera en Oleiros 

Organizada entre o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística e o IES Miraflores de Oleiros, a actividade consiste no recorrido por distintos lugares do municipio nos que viviron diferentes mulleres e homes ilustres, como unha homenaxe a todos eles e co obxectivo de dalos a
coñecer e mellorar o coñecemento do patrimonio e espazos do termo municipal de Oleiros e promover a lectura.

Realizaránse dúas sesións, sendo a primeira o 3 de maio e a segunda o 10 de maio. En ambos casos comezaremos ás 9.30 horas nas Torres de Santa Cruz, realizando en ambas o mesmo recorrido.

O alumnado do Instituto Miraflores realizarán a presentación destas persoas ilustres. Alumnos e alumnas de 2º de bacharelato elaboraron o folleto dirixidos polo profesorado. O alumnado de 4º de ESO colabora igualmente na actividade.

O alumnado de 2º de bacharelato do IES Miraflores que realizou os textos do folleto foi: Aurora Alonso, Pablo Balado, Carlos Barros, Nicolás Berti, María Cabrero, Blanca Domínguez, Alfonso Fernández, Belén Fernández, Eduardo Ferro, Manuel González, Iago Rial, Víctor Roade,
Pablo Rodríguez, Rubén Vaamonde, Álvaro Varela, Iván Vázquez Mira, e o profesorado: Mercedes Agra Ramírez (do departamento de Lingua Galega), Mª Concepción Castro Higelmo (departamento de Ciencias Sociais), Elena López Prada (departamento de Física e Química), baixo a coordinación da catedrática Rosa García Vilariño do Departamento de Lingua e Literatura galega, así como da Biblioteca Central Rialeda e do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros.


O deseño da publicación foi realizado polo Departamento de Comunicación do Concello de Oleiros.
Participarán no roteiro, ademais de alumnado e profesorado do IES Miraflores, tamén do Instituto Mª Casares, do Instituto Neira Vilas, do Colexio Isidro Parga Pondal de Santa Cruz e do Colexio Luis Seoane de Mera. Máis de 300 alumnas e alumnos, aos que se lles entregará a publicación sobre estas persoas ilustres. 
Poderán asistir todas as persoas que o desexen, debendo apuntarse na Biblioteca Rialeda para ter praza nos autobuses. Poderán facelo vindo persoalmente á biblioteca, ou chamando por teléfono ao número 981 639 511 ou enviando un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org.

DATA LÍMITE PARA INSCRIBIRSE O MARTES, 30 DE ABRIL

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros agradecemos a todas as persoas que colaboraron na elaboración da publicación e a todas as que van colaborar os días 3 e 10 de maio para a realización do roteiro.

3 de maio: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros

Obradoiro infantil de poesía a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros para alumnado do CEIP Rabadeira de Oleiros.

Ás 10 h. para o alumnado de 4º Primaria C.

Hora do conto: de 30 de abril a 2 de maio

Aquí tes a programación da hora do conto de 30 de abril a 2 de maio.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.

Martes 30 de abril
CONTACONTOS: A Gran Lilí Gruyere da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS:  Os paxaros”, “Turelí, tureló”, “Elzbieta”
Xoves 2 de maio
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS:    “Contando no camiño”
Venres 3 de maio
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS:       "O bico da sapa", "Horrible Xoán", "Once damas atrevidas"
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

30 de abril e 2 de maio: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María

A Compañía Trinke Trinke levará a cabo o contacontos "Qué traballo dan os pequenos!" para
alumnado do CEIP Rabadeira de Oleiros.

30 de abril
10,15 h. Educación Infantil (5 anos)
11,30 h. Educación Infantil (4 anos)


2 de maio
10,15 h. Educación Infantil (4 e 3 anos)
11,30 h. Educación Infantil (3 anos)

Recomendacións en Radioleiros: 26 de abril

- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
“Barnie” de  Sonja Bougaeva, en Takatuka
Barnie é un can simpático moi controlado polo seu dono . Durante a fin de semana quere xogar con outros cans, ir detrás das pombas  ou cruzar a rúa pero o dono non o deixa. Mentras o home amaña o seu coche, Barnie toma unha decisión que mudará a súa vida. Libro con ilustracións de gran calidade de Sonja Bougaeva (San Petersburgo, 1976) e que traballa actualmente en Alemaña. Ilustradora doutros libros como Malena Ballena e Dos hermanas reciben visita.
- Mozos- as e adultos-as:
Disponíbel tamén en dvd en Rialeda, Santa Cruz, Montrove e Nós .
Nun instituto dun barrio de París coincide un grupo de rapaces e rapazas de diferente orixe racial e clase traballadora, produto da Francia actual. O profesor e autor do libro tenta motivar ao colectivo nun proceso cheo de problemas e tensións e tamén con realidades positivas. Unha experiencia sobre o ensino actual e a diversidade existente que pode facernos reflexionar .
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas. 

24/4/13

29 e 30 de abril: Obradoiro de teatro n'As Torres de Santa Cruz

O dramaturgo Rubén Ruibal dirixirá o Obradoiro de teatro sobre obras de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado nas Letras Galegas 2013, para alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal.
29 de abril, 2 sesións: 9:15 H para o alumnado de  6º A e ás 11:30 H, o de 6º B.
30 de abril, 2 sesións: 9:15 H, participará o alumando de 5º A, e ás 11:30 H, 5º B.

23/4/13

26 de abril: A Compañía Trinke Trinke na Biblioteca Manuel María

A Compañía Trinke Trinke levará a cabo o contacontos "Un nacemento especial" para alumnado do CEIP Rabadeira de Oleiros.

Dúas sesións: 10: 15 H, 1º Primaria B e C; 11:30, 1º Primaria A

22/4/13

Tertulia literaria en Rialeda: 24 de abril (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentario da obra "La catedral" de Vicente Blasco Ibáñez
Documentación
Obras de Vicente Blasco Ibáñez nas nosas bibliotecas.

Durante esta sesión celebraremos o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor/a. Para elo animamos ás participantes a traer - a xeito de agasallo - un libro (preferentemente non lido) que pasará a formar parte da biblioteca comunitaria das Tertulias Literarias, á libre disposición dos/as participantes na actividade. Ao cabo dun ano, estes libros serán doados a unha institución.

A seguinte obra programada é "Ilustrísima" de Carlos Casares.

23, 24 e 25 de abril: Soledad Felloza actúa para alumnado do CEIP Valle-Inclán e CEIP Rabadeira

23, 24 e 25 de abril: Soledad Felloza actúa para alumnado do CEIP Valle-Inclán e CEIP Rabadeira.
"Xeografía do imaxinario: contos e lendas da mitoloxía galega" para alumnado do CEIP Valle-Inclán na Biblioteca Central Rialeda.
23 de abril, 3 sesións:
9:30 H, 3º Primaria A e B
11:00 H, 4º Primaria A e B 

12:30 H, 4º Primaria C


24 de abril, dúas sesións:
9:30H, 5º Primaria A e B
11:00 H, 6º Primaria A e B


"O rei Oso Branco e outros contos marabillosos" para alumnado do CEIP Rabadeira, na Biblioteca Manuel María.
25 de abril, dúas sesións:
10:15 H, 2º Primaria B e C
11:30 H, 2º Primaria A

24 de abril: Caxoto na Biblioteca Manuel María de Oleiros

O narrador de contos Caxoto levará a cabo dúas sesións do seu espectáculo "Un conto de 3 noites" de Xabier P. Docampo para alumnado do CEIP Rabadeira de Oleiros na Biblioteca Manuel María.
Ás 10:15 participará o alumnado de 3º Primaria B e C e ás 11:30 o alumnado de 3º A.

23 de abril: Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros

Obradoiro infantil de poesía a cargo da poeta Yolanda Castaño na Biblioteca Manuel María de Oleiros para alumnado do CEIP Rabadeira de Oleiros.

Dúas sesións: ás 9:45 H para o alumnado de 4º Primaria A.
Ás 11:30 H participará o alumnado de 4º Primaria B.

22 e 25 de abril: Obradoiros de ilustración (perfeccionamento) con Xosé Tomás en Rialeda

Na Biblioteca Central Rialeda
Luns 22 de abril (dentro do programa "Ler conta conta moito"):
- 9,15 h.: 5ª Primaria A do CEIP Valle Inclán
- 11,35 h.: 5ª Primaria B do CEIP Valle Inclán
Xoves 25 de abril:
- 9,15 h.: 6º Primaria A do CEIP Valle Inclán
-11,35 h.: 6º Primaria B do CEIP Valle Inclán
Xosé Tomás fará un percorrido polo proceso de creación dun libro: idea, autor/a, ilustrador/a, editorial, imprenta, distribución, lector/a, etc. A continuación explicará a estreita relación

palabra-imaxe e as diversas interpretacións gráficas de cada ilustrador/a. Guiados por Xosé Tomás, o alumnado participante construirá historias gráficas a raíz de elementos narrativos elixidos ao chou (na liña da Gramática da fantasía de Gianni Rodari) e coñecerán as técnicas para crear personaxes, así como os códigos mínimos desde os puntos de vista físico e psicolóxico.

20/4/13

Hora do conto: de 22 a 25 de abril

Aquí tes a programación da hora do conto de 22 a 25 de abril.
Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.


Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 22 de abril
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS:  “El erizo de mar “, “El sueño de Pipa”, “Gigante poco a poco”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 23 de abril
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS:       Animaladas!!!

Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 24 de abril
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS:       "Que todos os días sexan o Día do Libro, tamén o 24 de abril, e o 25, e o 26...": “A fábrica de paraugas”, “O Parrulo Patareco”, “A historia de Dona Frondosa”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 25 de abril
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS:     "A casa na árbore", "A gran belota"
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)

Tertulia literaria en Santa Cruz: 22 de abril

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz
De 18,30 a 20 horas.

Comentario da obra "La cena" de Herman Koch.
Obras de Herman Koch nas nosas bibliotecas.

Entregaráse o título "A clase" de François Bégaudeau.

19/4/13

Recomendacións en Radioleiros: 19 de abril

- Infantil (a partir dos 6 anos):

Verdedades, de Yolanda Castaño e ilustrado por Xosé Tomás.
Biblios

Fermoso álbum ilustrado, unha obra de poesía que nos achega á natureza.

Fala das plantas e das persoas que conviven con elas. Un verán na casa dos avós, unha nena aprende moitas cousas sobre as plantas, os seus froitos, etc.

Un libro que invita á lectura, pero tamén a contemplar a natureza, a fixarnos nela, cos lindos versos de Yolanda Castaño e as vistosas ilustracións de Xosé Tomás. Magnífica obra para que os nenos e nenas se inicien na poesía ao mesmo tempo que observan e valoran a natureza.

- Mozos/as e adultos/as:

El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes.
Subtitulado "La guerrilla del Cencerro y el trienio del terror: Jaén, Sierra Sur 1947-1949"
Tusquets

Está narrada en primeira persoa, e cando o personaxe principal é adulto. Conta a vida de Nino, un neno de 9 anos, fillo dun garda civil, que vive na casa cuartel dunha localidade da Serra Sur de Jaén, durante a posguerra, principalmente nos anos 1947 ao 1949.

Narra a evolución moral e intelectual de Nino. Vemos como este neno quere a seu pai que é garda
civil, un home insatisfeito porque non lle gusta o que ten que facer; pero Nino admira ao guerrilleiro Cencerro polo forte e valente que din que é e polo que din que fai cando baixa ás tabernas e deixa agachados algúns billetes nos que escrebe “así paga Cencerro”. Un neno que non sabe a que se

deben os berros que escoita algunha noite cando xa está na cama, ou por que o seu pai chega triste e a súa nai non se deita ata que o ve na casa, ou por que, algúns días, os nenos veciños non queren xogar con el. Un neno que quere entender o que acontece.

Un día, coñece a Pepe el Portugués e desde entonces Nino quere vivir como el. Ter unha casa pequena ao pé da serra, unha horta, un cabalo, uns poucos animais, algúns amigos, ir pescar troitas ou coller setas cando queira e sobre todo estar lonxe da vila, lonxe do tenente e da súa muller. Aínda que era listo e espabilado, era baixo, polo que o pai ten medo que non poida entrar no corpo da garda civil e decide que debe aprender a escribir a máquina para irse buscando un futuro, así, a través de Pepe el portugués, coñece a Dona Elena, unha mestra retirada que vive nun "cortijo" no monte e que ten unha pequena biblioteca. A amizade con Pepe el portugués e os libros que posúe Dona Elena, converterán a Nino nun neno diferente, un neno que vai coñecer cal é a realidade da España rural de finais dos anos 40.

É unha novela de gran calidade, moi ben narrada, que nos fala dunha época dura da historia de España, a da guerrilla a finais dos anos 40, aínda que Almudena Grandes defínea como unha novela de aventuras. Un libro cun sabor agridulce: por un lado están todas as persoas que sufriron e morreron e por outro a esperanza que reflicte.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.