Verdedades, de Yolanda Castaño e ilustrado por Xosé Tomás.
Biblios
Fermoso álbum ilustrado, unha obra de poesía que nos achega á natureza.
Fala das plantas e das persoas que conviven con elas. Un verán na casa dos avós, unha nena aprende moitas cousas sobre as plantas, os seus froitos, etc.
Un libro que invita á lectura, pero tamén a contemplar a natureza, a fixarnos nela, cos lindos versos de Yolanda Castaño e as vistosas ilustracións de Xosé Tomás. Magnífica obra para que os nenos e nenas se inicien na poesía ao mesmo tempo que observan e valoran a natureza.

- Mozos/as e adultos/as:
El lector de Julio Verne, de Almudena Grandes.
Subtitulado "La guerrilla del Cencerro y el trienio del terror: Jaén, Sierra Sur 1947-1949"
Tusquets
Está narrada en primeira persoa, e cando o personaxe principal é adulto. Conta a vida de Nino, un neno de 9 anos, fillo dun garda civil, que vive na casa cuartel dunha localidade da Serra Sur de Jaén, durante a posguerra, principalmente nos anos 1947 ao 1949.
Narra a evolución moral e intelectual de Nino. Vemos como este neno quere a seu pai que é garda
civil, un home insatisfeito porque non lle gusta o que ten que facer; pero Nino admira ao guerrilleiro Cencerro polo forte e valente que din que é e polo que din que fai cando baixa ás tabernas e deixa agachados algúns billetes nos que escrebe “así paga Cencerro”. Un neno que non sabe a que se
deben os berros que escoita algunha noite cando xa está na cama, ou por que o seu pai chega triste e a súa nai non se deita ata que o ve na casa, ou por que, algúns días, os nenos veciños non queren xogar con el. Un neno que quere entender o que acontece.
Un día, coñece a Pepe el Portugués e desde entonces Nino quere vivir como el. Ter unha casa pequena ao pé da serra, unha horta, un cabalo, uns poucos animais, algúns amigos, ir pescar troitas ou coller setas cando queira e sobre todo estar lonxe da vila, lonxe do tenente e da súa muller. Aínda que era listo e espabilado, era baixo, polo que o pai ten medo que non poida entrar no corpo da garda civil e decide que debe aprender a escribir a máquina para irse buscando un futuro, así, a través de Pepe el portugués, coñece a Dona Elena, unha mestra retirada que vive nun "cortijo" no monte e que ten unha pequena biblioteca. A amizade con Pepe el portugués e os libros que posúe Dona Elena, converterán a Nino nun neno diferente, un neno que vai coñecer cal é a realidade da España rural de finais dos anos 40.
É unha novela de gran calidade, moi ben narrada, que nos fala dunha época dura da historia de España, a da guerrilla a finais dos anos 40, aínda que Almudena Grandes defínea como unha novela de aventuras. Un libro cun sabor agridulce: por un lado están todas as persoas que sufriron e morreron e por outro a esperanza que reflicte.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario