Aquí tes a programación da hora do conto de 26 a 30 de novembro. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso". Dorneda
Luns 26 de novembro
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULOS: "A illa das dúas caras", "A fada sen as", "Engurras"
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 28 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULOS: Contos para longas noites
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 29 de novembro
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: Contos de sobremesa: "Non fagas iso", "Os narices reais", "Historia dun home"
Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole". Nós
Venres 30 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: Ya huele a Navidad: “Sueños de nieve”, “La palabra que se fue de vacaciones”, “Luna llena”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
24/11/12
23/11/12
Tertulia literaria en Santa Cruz: 26 de novembro
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.
De 18,30 a 20 horas.
- Comentario da obra "Memorias de Adriano" de Marguerite Yourcenar.
- Entrega de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Obras de Margueritte Yourcenar nas bibliotecas do Concello de Oleiros.
De 18,30 a 20 horas.
- Comentario da obra "Memorias de Adriano" de Marguerite Yourcenar.
- Entrega de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Obras de Margueritte Yourcenar nas bibliotecas do Concello de Oleiros.
Recomendacións en Radioleiros: 23 de novembro
- Infantil (menores de 6 anos):
Mónica quere coller a lúa para xogar con ela. O pai buscou unha longa escada e levouna ata unha montaña moi alta, chantouna na parte superior e subíu e subíu...
Deliciosa obra, cunhas magníficas e coloridas ilustracións, xunto con despregables e textos curtos.
- Mozas/os e adultas/os:
"Los enamoramientos" de Javier Marías, en Alfaguara
É unha interesante novela narrada en primeira persoa por María Dolz, na que nos presenta a Miguel Desvem e a súa muller, Luisa. María coincidía con esta parella na cafetería a que ela acudía diariamente e parecían estar moi namorados. Pero un día deixou de velos, preguntou, e é cando soubo que el fora asasinado, en plena rúa do centro de Madrid, por un aparcacoches demente que o confundíu con outra persoa.
Segundo explica o autor, é un libro sobre o estado do namoramento, considerado como algo positivo e que parece xustificar todas as cousas: as accións máis nobres e desinteresadas, pero tamén moitas ruindades e as dificultades de castigar á persoa que amas. É tamén unha obra sobre a impunidade e a inconveniencia de que os mortos poidan volver, aínda que se sentira profundamente a súa perda. Neste aspecto, na novela fai unha comparación co relato de Balzac “El Coronel Chabert”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
19/11/12
Tertulia literaria en Rialeda: 21 de novembro (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario da obra "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos.
Documentación
Obras de José Mauro de Vasconcelos nas nosas bibliotecas.
Entregaráse a obra "Nada" de Carmen Laforet.
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario da obra "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos.
Documentación
Obras de José Mauro de Vasconcelos nas nosas bibliotecas.
Entregaráse a obra "Nada" de Carmen Laforet.
16/11/12
Hora do conto: de 20 a 23 de novembro
Aquí tes a programación da hora do conto de 20 a 23 de novembro. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
Martes 20 de novembro
CONTACONTOS: Marisa Irimia
TÍTULOS: Contos vidos do frío: "Neve, neve, requeteneve"; "Ai, que lista é a miña nai!"; "O zampón"
Mércores 21 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: De cabaliños e outras lendas: música e rimas
Mércores 21 de novembro
CONTACONTOS: Caxoto
Xoves 22 de novembro
CONTACONTOS: Ratalinda da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: A máis grande artista do mundo: “Rosa Caramelo”, “A charca de Catalina”, “Mariluz Avestruz”
Venres 23 de novembro
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: “Príncipas e princesos”: “Príncipe cincento”, “As princesas tamén botan peidos”, “A princesa e o chícharo”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
Recomendacións en Radioleiros: 16 de novembro
- Infantil (de 6 a 8 anos):
20.000 leguas baixo dos mares segundo a novela de Jules Verne ; ilustracións de Sandrine Gambart ; texto de Virginie Hanna
Relectura dun clásico pensada para o público máis novo. Formato grande cun magnífico traballo plástico da francesa Sandrine Gambart cun estilo próximo ao expresionismo alemán. Libro de alto valor estético.
Unha chea de masaxes eficaces para disfrutar só ou en parella. Un libro que nos facilita unha fonda sensación de benestar e relax para liberar o estrés. Amplo número de fotografías.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
13/11/12
Federico García Lorca "Medio pan y un libro"
Grazas a todos e todas os/as que creedes na Cultura e a fomentades con corazón, dende o voso pequeno ou gran recuncho, como un ben público irrenunciable.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
10:55
No hay comentarios:
Etiquetas:
Medio pan y un libro
12/11/12
Maridaxes equinocciais na Biblioteca Rialeda
Maridaxes equinocciais é unha escolla de libros que che ofrecemos na Biblioteca Central Rialeda para quecer as tardes de outono, historias que te acompañarán no depelicar das castañas. Suxestións a lume lento, como arden as toradas no fogar.
10/11/12
Hora do conto: de 12 a 16 de novembro
Aquí tes a programación da hora do conto de 12 a 16 de novembro. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
Luns 12 de novembro
CONTACONTOS: Avoa Violeta da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: O espírito de bosque: “O bidueiro de prata”, “Aínda nada?”
Martes 13 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
Xoves 15 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
Venres 16 de novembro
CONTACONTOS: Rato Camifuco da Compañía do Trinke Trinke
TÍTULOS: “Asociación de animais solidarios”: “A casa da mosca chosca”, “O galo que non sabía cantar”, “Dona Carme”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
9/11/12
Tertulia literaria en Santa Cruz: 12 de novembro
Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz.
De 18,30 a 20 horas.
- Comentario da obra "Nosotras que nos queremos tanto" de Marcela Serrano.
- Entrega de "Memorias de Adriano" de Margueritte Yourcenar.
Obras de Marcela Serrano nas bibliotecas do Concello de Oleiros.
De 18,30 a 20 horas.
- Comentario da obra "Nosotras que nos queremos tanto" de Marcela Serrano.
- Entrega de "Memorias de Adriano" de Margueritte Yourcenar.
Obras de Marcela Serrano nas bibliotecas do Concello de Oleiros.
Actividades de Fomento da Lectura 2012-2013
Na XXII Campaña de promoción da lectura as bibliotecas municipais de Oleiros ofrecen 24 actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino público de Oleiros. Dende a Biblioteca Central Rialeda estase presentando, nos colexios e institutos, as diferentes actividades que o profesorado pode elixir durante este curso escolar para o seu alumnado, clasificadas en función dos cursos ou idades á que van dirixidas.
Para educación infantil e primaria preséntanse contacontos da compañía Trinke-Trinke, Pablísimo, Soledad Felloza, Ramiro Neira, Paula Carballeira ou Caxoto; espectáculos de contacontos teatral; unha adaptación da obra de Xabier P. Docampo “Un conto de tres noites”, etc. Ao cumplirse 10 anos do falecemento do escritor galego Carlos Casares, como unha sinxela homenaxe, figura un contacontos baseado na súa obra “As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas”.
Para educación secundaria ofértase un espectáculo titulado “Xeografía do imaxinario: contos e lendas da mitoloxía galega”; ou tamén un contacontos baseado en relatos de Edgar Allan Poe de “O corazón delator e outros contos” ; ou “Contos de candil que ninguén cre” que é un contacontos realizado a partir das obras de Ánxel Fole “Á lus do candil”, “Contos da néboa” e “Historias que ninguén cre” ; tamén “Cen anos de maxia”, que son actividades baseadas na obra “Merlín e familia” de Álvaro Cunqueiro ou “Feirantes” que é un contacontos que adapta a obra “Os outros feirantes” de Álvaro Cunqueiro; “Canción de Nadal” a partir da adaptación do libro de Charles Dickens ; “O neno preguntaba...”, que é un concerto poético da obra de Celso Emilio Ferreiro.
Para bacharelato, un recital de diferentes poesías de “La voz a ti debida” de Pedro Salinas ; ou a narración de diferentes pasaxes da obra dramática de Shakespeare “Macbeth”; ou “Las Ingeniosas del hidalgo: El Quijote en voces de mujeres” que é un espectáculo con varios monólogos curtos no que se dramatizan diferentes personaxes femininos de El Quijote.
Para diferentes idades tamén se presentan obradoiros sobre o escritor ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas no ano 2013, Roberto Vidal Bolaño, sen esquecernos dos tradicionais obradoiros de ilustración ou talleres de iniciación á banda deseñada. Tamén se ofertan obradoiros infantís e xuvenís de poesía, visitas guiadas á Biblioteca Central Rialeda, etc
Actividades moi diferentes que se van a desenvolver na Biblioteca Central Rialeda en Perillo, na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz ou na Biblioteca Municipal Manuel María; coa finalidade de fomentar a lectura e promover os libros e os obxectivos de que o alumnado dos centros de ensino público de Oleiros coñezan algunhas das bibliotecas do seu municipio; potenciar a súa asistencia non só como lugares de estudo e consulta, senón tamén como centros de lectura lúdica; espertar o gusto pola lectura, de forma que vexan os libros como algo ameno, cos que poden pasar bos momentos ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos; achegarnos pola vía da animación aos sectores menos dados á lectura, a aqueles nenos/as, adolescentes e mozos/as que non senten ningún interese por esta; incidir na importancia dos libros de contos, narracións e historietas no desenvolvemento da imaxinación e creatividade dos nenos/as, adolescentes e mozos/as; favorecer procesos de creación e expresión oral e escrita; fomentar unha lectura lúdica, crítica e reflexiva que os faga pensar e reflexionar como cidadáns/as máis libres e solidarios; vivir o libro en colectividade, enriquecéndose cunha lectura activa e participativa; promover a reflexión nos diferentes axentes educativos sobre a importancia da lectura como un enriquecemento individual e colectivo.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
18:02
No hay comentarios:
Etiquetas:
Campaña de animación á lectura
Recomendacións en Radioleiros: 9 de novembro
- Infantil (a partir de 4 anos):
Fai moito tempo, unha manda de lobos preparábase para a chegada da Lúa chea, co motivo de celebrar o nacemento dos seus cachorros. Cada día subían á montaña e ouveaban até a hora de volver ás goridas. Mentres tanto os lobiños pequenos corrían e emporcallábanse pola neve. Kipá, o máis pequeno da manda, quere ouvear como os lobos grandes, pero non lle sae. A noite antes da Lúa chea, cando todos estaban durmindo, escapa á montaña e aspira tan forte que a Lúa se desprende do ceo…
Bonita obra, cunhas fermosas ilustracións, que nos fala de como se aprende na infancia a través da imitación. Unha historia sinxela sobre a aprendizaxe e como os máis pequenos van descubrindo as cousas da vida.
- Mozos/as e Adultos/as:

Este magnífico relato foi escrito en 1886 e trata sobre a ambición do ser humano, cunha vixencia e actualidade total .
Pajom, era un campesiño que canta máis terra tiña, máis necesitaba. Un día chegou a súa casa un home que viña da zona do Volga, e contoulle que os bashkirios estaban a ofrecer tanta terra como puidera recorrer unha persoa nun día...
É un breve texto, de gran calidade literaria, que, acompañado dunhas excelentes ilustracións, fai unha crítica social sobre a cobiza das persoas.
James Joyce dixo del que era o mellor relato curto que lera.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
5/11/12
Tertulia literaria en Rialeda: 7 de novembro (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario da obra "La mancha humana" de Philip Roth.
Documentación
Obras de Philip Roth nas nosas bibliotecas.
Entregaráse a obra "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos.
Hora: 17,30 a 19,30 h.
Comentario da obra "La mancha humana" de Philip Roth.
Documentación
Obras de Philip Roth nas nosas bibliotecas.
Entregaráse a obra "A miña planta de laranxa lima" de José Mauro de Vasconcelos.
Laura Gallego, Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2012
Este galardón concedido polo Ministerio de Educación, Cultura y Deporte para distinguir unha obra de autor-a español-a, escrita en cualquera das linguas oficiais do Estado, editada en España durante 2011, está dotado con 20.000 euros.
Info tomada do CILIJ da Fundación GSR
Na Biblioteca Central Rialeda ofrecemos unha exposición bibliográfica da autora que cativa a miles de xoves con libros como Finis Mundi (Premio Barco de Vapor 1998), La leyenda del rey errante (Premio Barco de Vapor 2001), a triloxía Memorias de Idhún, Alas de fuego, etc.
Na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé, tamén poderás contemplar a expo bibliográfica adicada a Laura Gallego.
Na Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé, tamén poderás contemplar a expo bibliográfica adicada a Laura Gallego.
PARABÉNS LAURA!!!
3/11/12
Hora do conto: 6 a 9 de novembro
Aquí tes a programación da hora do conto de 6 a 9 de novembro. Todas as sesións darán comezo ás 18:30 horas.
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 6 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: Bolechas de castañas: “Sofía o el pendolaje”, “Todos sus patitos”, “La vaca que puso un huevo”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 7 de novembro
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS: Magosteando: "A incrible historia de dona Castaña e don Cogumelo", "As dúas folliñas", "A caixa de lapiceiros", "Xan o materialista"
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 7 de novembro
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: Contos terribles: “Gato Guille e os monstros”, “Terrible”, “Pototo, 3 veces monstro”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 8 de novembro
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “A bruxa Iaga-Vará", "A auga do pozo da fin do mundo"
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 9 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: El jardín secreto: “Érase una vez una vieja que se tragó una mosca gris”, “El príncipe de los enredos”, “La reina de los colores”
Biblioteca Pública Municipal "Manuel María". Oleiros
Martes 6 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: Bolechas de castañas: “Sofía o el pendolaje”, “Todos sus patitos”, “La vaca que puso un huevo”
Biblioteca Pública Municipal "Rosalía de Castro". Santa Cruz
Mércores 7 de novembro
CONTACONTOS: Pedro Brandariz
TÍTULOS: Magosteando: "A incrible historia de dona Castaña e don Cogumelo", "As dúas folliñas", "A caixa de lapiceiros", "Xan o materialista"
Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño". Lorbé
Mércores 7 de novembro
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: Contos terribles: “Gato Guille e os monstros”, “Terrible”, “Pototo, 3 veces monstro”
Biblioteca Central "Rialeda". Perillo
Xoves 8 de novembro
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULOS: “A bruxa Iaga-Vará", "A auga do pozo da fin do mundo"
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 9 de novembro
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULOS: El jardín secreto: “Érase una vez una vieja que se tragó una mosca gris”, “El príncipe de los enredos”, “La reina de los colores”
(AVISO: Os títulos programados poden sufrir variacións en función do público asistente)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










