27/1/12

Recomendacións en Radioleiros: 27 de xaneiro

- Infantil (de 8 a 10 anos):
"Juan Oveja también quiere tener una persona" de Kirsten Boie e Philip Waechter, editado por Lóguez
Papá Oveja négalle ao seu fillo Juan a posibilidade de ter unha persoa como mascota. Juan insiste porque na súa aula, todos os seus amigos téñena. Unha historia con moita mensaxe arredor dun asunto sempre de actualidade.
- Mozos/as e adultos/as:
"O bosque de levas" de Alfonso Álvarez Cáccamo, en Galaxia, (o DVD haino na Biblioteca Central Rialeda, consulta dispoñibilidade)
Lucía e Alberte levan unha vida normal cos seus tres fillos. Na súa casa comezan a suceder detalles estraños e teñen que aceptar que viven cun intruso. Unha divertida novela que opta polo humor como vía de interpretación da realidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/1/12

Ler para saber A CIENCIA: 27 de xaneiro

Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 27 de xaneiro ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Primeiramente Iria Vázquez Pillado e Daniel Sánchez Mosquera, alumnos do Instituto Neira Vilas, realizarán unha breve presentación sobre “Os persas”.
 
Posteriormente o doutor Roberto Bao Casal, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, área de Paleontoloxía falará na charla científica de “A vida nos mares do pasado: obradoiro de paleontoloxía para nenos/as”.
Seleccionamos para ti libros e DVDs para esta charla científica.

25/1/12

Emilia Pardo Bazán: a condesa rebelde

Presentamos a mostra biobibliográfica “Emilia Pardo Bazán: a condesa rebelde” na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz. Composta por varios obras escritas por dona Emilia ou dedicadas a ela en parte ou na súa totalidade, esta exposición pretende ser unha homenaxe a unha muller polifacética e das máis avanzadas do seu tempo. Nada na Coruña a mediados do XIX nunha familia moi ben situada economicamente, pasa os seus primeiros anos na cidade con estadías en Madrid e Sanxenxo. Recebe unha educación conforme a súa clase social e no 1868 casa con José Quiroga, estudante de Dereito. Viaxa por Europa e no 1876 ten o seu primeiro fillo. Segue escribindo e publica o libro, ”Pascual López”, mentres colabora en revistas galegas e madrileñas. Os anos vindeiros son prolíficos con obras como “Un viaje de novios” e “La tribuna”(1882), ambientada na Coruña coas cigarreiras e deixando ver a súa oposición ao republicanismo. Un ano máis tarde, aparece “La cuestión palpitante”, compendio de artigos sobre realismo e naturalismo, que suscitou unha grande polémica nos medios literarios e xornalísticos. Sempre activa, funda no 1884 xunto con outros intelectuais coruñeses a sociedade “El folklore gallego”, interesada no estudo da cultura popular dentro dun contorno como o rexionalismo. Pronuncia unha conferencia no Circo de Artesáns en memoria de Rosalía de Castro, tendo discrepancias por isto con Manuel Murguía. Sepárase do seu home, feito inusual nesa época. No 1886 pasa uns meses en París e redacta “Los Pazos de Ulloa”, ambientada no rural galego e con claras ligazóns co naturalismo de Zola. De volta en Madrid, mantén relacións con Pérez Galdós e Lázaro Galdiano. Posteriormente, funda a “Biblioteca de la Mujer”, iniciativa novidosa para publicar libros de socioloxía, relixión, literatura e economía doméstica. Comparte ideas coa xeración do 98. Xa no século XX, viaxa por Europa e segue publicando en prensa e revistas especializadas. A súa candidatura á Real Academia Española é rexeitada, mentres no 1914 é condecorada polo Rei. Morre en Madrid no 1921 publicando o ABC o seu último artigo.
Vencellada a Oleiros e aos seus arredores (foi propietaria do Pazo de Meirás e do Castelo de Santa Cruz), a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro de Santa Cruz atópase situada na rúa Emilia Pardo Bazán, muller á que queremos homenaxear con esta mostra.

24/1/12

Aquí está Ler para saber A CIENCIA!!!



Eis Ler para saber A CIENCIA !!!
Charlas científicas e obradoiros dirixidos a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral. Lugar: Biblioteca Central Rialeda. Perillo. Horario: 18.30 h.

27 de xaneiro
"A vida nos mares do pasado: obradoiro de paleontoloxía para nenos/as"
Dr. Roberto Bao Casal, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Ciencias da Navegación e da Terra, área de Paleontoloxía.

3 de febreiro
“Repúblicas de Homes Libres: na procura dos viquingos en Galicia”
Dr. Manuel Gago Mariño, profesor asociado da Universidade de Santiago de Compostela,
na Facultade de Ciencias da Comunicación. Director de culturagalega.org, portal de divulgación do Consello da Cultura Galega.

10 de febreiro
"Enerxías renovables para o século XXI"
Dr. Óscar Cabeza Gras, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Física, área de Física Aplicada.

2 de marzo
“Petróglifos de Pena Furada”
Antón Fernández Malde, arqueólogo, director da equipa de investigación do Castro das Travesas.

9 de marzo
"Queres xogar con sólidos, líquidos e gases? Evapórate!"
Dra. Socorro Castro García, profesora titular da Universidade da Coruña, Departamento de Química Fundamental, área de Química Inorgánica.

16 de marzo
"A sorprendente utilidade das matemáticas"
Dr. José Manuel Rodríguez Seijo, profesor titular da Universidade da Coruña, Departamento de Métodos Matemáticos e de Representación, área de Matemática Aplicada.

23 de marzo
“O xardín de Mendel”
Dr. Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña, Vicedecano de Bioloxía, Departamento de Bioloxía Celular e Molecular, área de Xenética.

13 de abril
"Que noxo de ciencia!"
Francisco Doménech Casteleiro, químico, responsable da páxina web dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).

20 de abril
“A auga é para mollarse”
Francisco Armesto Ramón, biólogo, director técnico de proxectos dos Museos Científicos Coruñeses (=mc2).

27 de abril
“Unha viaxe á máquina da mente”
Dr. Xurxo Mariño Alfonso, profesor contratado da Universidade da Coruña, Departamento de Medicina. Investigador en Neurofisioloxía (Grupo Neurocom), divulgador e membro do Consello da Cultura Galega.

4 de maio
“Socorro! A Química rodéame!”

Dr. Moisés Canle López, profesor titular da Universidade da Coruña, Vicedecano de Química, Departamento de Química Física e Enxeñaría Química, área de Química Física.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 25 de xaneiro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Tertúlia" de Xavier Alcalá
Documentación

Obras de Xavier Alcalá nas nosas bibliotecas

23/1/12

Obradoiros de Ilustración con Manel Cráneo (25 e 26 de xaneiro)

Actividade dirixida ao alumnado do I.E.S. Miraflores

Mércores 25 de xaneiro
- 9,30 h.: 1º A ESO
- 11,30 h. 1º B ESO

                             Xoves 26 de xaneiro: - 9,30 h.: 1º C ESO

Un ano máis, o ilustrador Manel Cráneo achégase a Rialeda a amosar ao alumnado dos centros públicos de Oleiros o proceso de creación dun álbum de banda deseñada. Se queres coñecer máis sobre él e a súa obra, acceda aos seus blogs Cráneo Mortem e Planeta Mincha, ou descarga o folleto que preparamos na biblioteca.

Aviso importante: durante a celebración da actividade a sala de audiovisuais (2º andar) da biblioteca estará fora de servizo. Pregamos desculpen as molestias.

20/1/12

Tertulia literaria en Santa Cruz: Programación xaneiro-marzo 2012

- A pensión Eva, de Andrea Camilleri
- El Gatopardo, de G. Tomasi di Lampedusa
- La verdad sobre el caso Savolta, de Eduardo Mendoza
- Seda, de Alessandro Baricco
- Trópico de Cáncer, de Henry Miller

Tertulia literaria en Santa Cruz: luns 23 de xaneiro

Hora: de 18,30 a 20

Comentario da obra "Capitanes de la arena" de Jorge Amado
Sobre Jorge Amado (La Onda Digital, Uruguay)

Obras de Jorge Amado nas bibliotecas do Concello de Oleiros

Recomendacións en Radioleiros: 20 de xaneiro

- Adolescentes:
"Legado" de Christopher Paolini, en Roca Editorial.
Será quen Eragon de derrotar ao malvado Galbatórix e liberar Alagaësia da súa tiranía? A esperanza do imperio descansa nas súas mans.


- Mozos/as e adultos/as:
"Hablando del asunto" de Julian Barnes, editado por Anagrama.
Cando o amor é cousa de tres...


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/1/12

Video-tertulia con Agustín Fernández Paz en Rialeda

O mércores 18 de xaneiro tivo lugar na Biblioteca Central Rialeda unha video-tertulia coescritor Agustín Fernández Paz, gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008 e o Premio Iberoamericano SM 2011 entre outros.

Ao longo de unha hora, Agustín explicounos o proceso de creación da súa novela "Non hai noite tan longa".


Fragmento da video-tertulia (YouTube)



18/1/12

Comeza o Ano Celso Emilio Ferreiro na Biblioteca Municipal de Montrove

Este será o Ano Celso Emilio Ferreiro, ano no que se conmemora o nacemento do escritor galego nacido en Celanova en 1912, que coincide ademáis co medio século de Longa noite de pedra, poemario guía do antifranquismo. Ao longo de toda Galicia sucederanse diversos actos para celebrar e divulgar a obra do poeta celanovés. A esta xeira de actos vanse sumar as Bibliotecas Municipais de Oleiros, con diferentes actividades. Esta semana comeza a exposición dos fondos bibliográficos que de Celso Emilio Ferreiro ou sobre este autor existen na Biblioteca Municipal Federico García Lorca de Montrove.

Deixamósvos este poema semiinédito de Celso Emilio de plena vixencia.


13/1/12

Recomendacións en Radioleiros: 13 de xaneiro

- Infantil (nenos/as menores de 6 anos): 
"Grisela" texto de Anke de Vries e ilustracións de Willemien Min, editado por Faktoría K de Libros.
Grisela é unha ratiña que non está conforme co seu aspecto.Proba a pintarse de cores e o resultado demóstralle que é mellor aceptarse tal e como somos.
- Mozos/as e adultos/as:
"Una esposa de fiar"
de Robert Goolrick, en Salamandra.
A comezo do século XX,un home poderoso busca unha muller para casar a través dun anuncio de prensa.A candidata ten un plan oculto e aí comezará unha historia forte e chea de contido.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/1/12

Tertulia literaria en Rialeda: Programación xaneiro-marzo 2012

Grupo A (a partires do 11 de xaneiro)
- Tertulia, de Xavier Alcalá
- Salir a robar caballos, de Per Petterson
- Versiones de Teresa, de Andrés Barba
- Viajes con Herodoto, de Ryszard Kapuściński
- Por favor cuida de mamá, de Kyung-Sook Shin
- El palacio de cristal, de Amitav Ghosh


Grupo B (a partires do 18 de xaneiro)
- La cena, de Herman Koch
- El pájaro espectador, de Wallace Stegner
- Tertúlia, de Xavier Alcalá
- Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez
- La ladrona de libros, de Markus Zusak
- Salir a robar caballos, de Per Petterson