24/10/25

Recomendacións en Radioleiros: 24 outubro 2025

- Xuvenil (a partir de 14 anos):

Aurora austral
, de Héctor Cajaraville.
Baía.

Versión dixital en Galiciale.

Novela de aventuras con fondo distópico no ano 2053.

- Mocidade e persoas adultas:

Todos los colores de la oscuridad, de Chris Whitaker.
Salamandra.

Audiolibro en eBiblio.
Versión dixital en eBiblio.

Trama de intriga e familiar nun pobo do Misuri de 1975.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/10/25

Hora do conto e Ler conta moito: 29 a 31 de outubro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 29 a 31 de outubro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Mércores 29 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “O neno raio”
CONTACONTOS: Raquel Crespo

Xoves 30 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “Casa, casiña, casona”
CONTACONTOS: Marta Ortiz



Venres 31 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “Bos días, Leo”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

20/10/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (20 a 23 outubro 2025)

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 20 de outubro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Ojos azules" de Toni Morrison.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La ciudad y los perros" de Mario Vargas Llosa.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 21 de outubro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "El nervio óptico" de María Gaínza.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a proposta literario-artística "Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo".

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 21 de outubro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "El retrato de Dorian Gray" de Oscar Wilde.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes" de Tatiana Tibuleac.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 22 de outubro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La soledad de los números primos" de Paolo Giordano.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Donde el corazón te lleve" de Susanna Tamaro.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 23 de outubro. 11 a 12:30 h.
Comentario de "El guardián entre el centeno" de J. D. Salinger.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Viento del norte" de Elena Quiroga.

17/10/25

Hora do conto e Ler conta moito: 20 a 24 de outubro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 20 a 24 de outubro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 20 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “Contacontos sensorial”
CONTACONTOS: Eduvía

Martes 21 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Follas de outono”
CONTACONTOS: Ramiro Neira



Mércores 22 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Son animal”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras

Xoves 23 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Os libros da titiriteira”
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín

Xoves 23 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “A contar esqueletos”
CONTACONTOS: Charo Pita

Venres 24 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Bruxa e abella”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

Recomendacións en Radioleiros: 17 outubro 2025

"Hai alguén máis feroz ca min?" de Hugo Fernandes. Ilustrado por Zé Carlos PintoRecomendacións en Radioleiros: 17 outubro 2025- Infantil (a partir de 3 anos):
Hai alguén máis feroz ca min? de Hugo Fernandes. Ilustrado por Zé Carlos Pinto. En OQO
Conto sobre un monstro que se cre o máis feroz do mundo ata que descobre que non é así cando se atopa cun neno que non lle ten medo. Unha historia moi divertida que aborda temas como a autoestima, a percepción dun mesmo, e como a empatía e o apoio poden axudar a superar dificultades.
"Tantos anos de silencio" de Francisco Castro
- Mocidade e público adulto:
Tantos anos de silencio de Francisco Castro. Editado por Galaxia.

Dispoñible en GaliciaLe

Vila Flavia é o pazo do médico Emilio Varela, un home xeneroso que leva anos poñendo os seus diñeiros ao servizo da xente máis humilde, dándolles pan, casa e escola.
Todo é un soño feliz no pazo ata que, o 18 de xullo de 1936, comeza unha guerra que algúns aproveitan para urdir vinganzas que acaban deixando unha pegada misteriosa: unhas fosas comúns que agochan cinco corpos executados dun tiro na cabeza e un sexto esqueleto de muller que abraza contra o peito o libro dun poeta do que ninguén oíu falar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/10/25

Parabéns, Remedios!!!

Parabéns, Remedios!!!
A investigadora e escritora cordobesa Remedios Zafra recibíu o Premio Nacional de Ensayo 2025 outorgado polo Ministerio de Cultura pola súa obra "El informe: trabajo intelectual y tristeza burocrática". 
En "El informe", Remedios Zafra profundiza nunha das liñas centrais do seu pensamento: a relación entre o traballo, a tecnoloxía e o tempo na sociedade contemporánea. A autora aborda o tema desde unha mirada afectiva: «o que nos une aos traballos intelectuais é xustamente o amor cara esa práctica». Sen embargo, advierte de como esa ligazón se ve decotío neutralizada por unha burocracia crecente que «dificulta o bo traballo» e xera o que ela denomina tristura administrativa.
Zafra cuestiona a promesa incumprida da tecnoloxía: «Pensabamos que as máquinas nos liberarían das tarefas tediosas, pero terminaron amplificando os procesos administrativos e reducindo os nosos tempos de concentración». Aínda que as ferramentas dixitais parecen facilitar a organización, «a maioría das veces rematamos con máis traballo», ao esvaecerse as fronteiras entre o laboral e o persoal, como ocorre co teletraballo e a autoxestión constante.
Grazas, Remedios, por explorar novas vías para reconciliar o pensamento, o tempo e a vida.
Remedios Zafra en Bibloleiros
Remedios Zafra en eBiblio

Hora do conto e Ler conta moito: 15 e 16 de outubro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 15 e 16 de outubro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 15 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “O magosto con Nano”
CONTACONTOS: Raquel Queizás

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 16 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Os libros da titiriteira”
CONTACONTOS: A xanela do Maxín

AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

13/10/25

Parabéns, László!!!

Parabéns, László!!!
László Krasznahorkai, natural da pequena cidade de Gyula (surleste de Hungría), é o gañador do Premio Nobel de Literatura 2025. A Academia Sueca outorgou o galardón "pola súa obra convincente e visionaria que, no medio do terror apocalíptico, reafirma o poder da arte". O comité do Nobel sinalou que “é un grande escritor épico da tradición centroeuropea, que se estende desde Kafka ata Thomas Bernhard, e se caracteriza polo absurdo e o exceso grotesco”.

O país maxiar recibe este premio por segunda vez. En 2002 foi Imre Kertész quen gañou o Nobel de Literatura.

Lévate en préstamo os libros de László Krasznahorkai que temos á túa disposición na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Parabéns, László!!!
Gratulálok!!!

Luns 13 de outubro: Presentación Tertulias Literarias nas Bibliotecas Municipais 2025-2026

Teatro As Torres. Santa Cruz.
Luns 13 de outubro ás 18:30 h.

Presentación da tempada 2024-2025. 

Coa presenza de Silvia Salgado (moderadora), Mª Xosé Santos Zas (Concelleira de Cultura) e persoal bibliotecario.

10/10/25

Recomendacións en Radioleiros: 10 outubro 2025

Recomendacións en Radioleiros: 10 outubro 2025
"Insomniacs after school" de Makoto Ojiro
- Infantil:
Insomniacs after school de Makoto Ojiro. En Milky Way

"Insomniacs after school" conta a historia de Ganta Nakami, un estudante de secundaria que sofre de insomnio crónico. Debido ao seu mal humor e aspecto canso, os seus compañeiros evítano, considerándoo antipático. Un día, buscando un lugar tranquilo onde descansar no instituto, descobre que o observatorio abandonado do club de astronomía é o sitio perfecto para durmir.

"Momentos estelares de la humanidad" de Stefan Zweig
- Mocidade e público adulto:
Momentos estelares de la humanidad de Stefan Zweig. Editado por Acantilado.
Dispoñible en eBiblio

Publicada en 1927, "Momentos estelares de la humanidad" é un ensaio histórico que reúne o que Zweig chamou 14 miniaturas históricas, é dicir 14 instantes nos que —segundo el— o destino da humanidade cambiou por obra dunha soa persoa ou dun feito puntual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/10/25

Hora do conto e Ler conta moito: 6 a 10 de outubro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 6 a 10 de outubro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 6 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: “Da árbore ao libro”
MONITORADO: Cuarto de inverno

Martes 7 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “No monte”
CONTACONTOS: Un mar de cores



Mércores 8 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Maxia para soñar”

Xoves 9 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Campionato de coches eléctricos”
MONITORADO: Leader Dreams

Venres 10 de outubro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Ecoralia, a lambona ecolóxica”
CONTACONTOS: Pakolas

Venres 10 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “Tralará: contos, obxectos e música”
CONTACONTOS: Marta Ortiz
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.


3/10/25

Recomendacións en Radioleiros: 3 outubro 2025

Recomendacións en Radioleiros: 3 outubro 2025
"Algo pasa na casa do lobo" de Susanna Isern; ilustracións de Ayesha L. Rubio- Infantil:
Algo pasa na casa do lobo de Susanna Isern; ilustracións de Ayesha L. Rubio. En OQO.

As familias do bosque están moi preocupadas porque as súas crianzas desaparecen pola noite mentres durmen nas súas camas e aparecen pola mañá noutras casas. Un conto de lobos diferente, con moito misterio e un final inesperado.
Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Fuengirola 2024

"Historias de Gaza: la vida entre guerras" de Mikel Ayestaran
- Mocidade e público adulto:
Historias de Gaza: la vida entre guerras de Mikel Ayestaran. Editado por Península.

Un percorrido histórico, xornalístico e persoal sobre Gaza, que abarca dende a Antigüidade ata xaneiro de 2025, escrito por un reporteiro especializado nos conflitos abertos en Oriente Medio que visitou Gaza en decenas de ocasións e que cubriu todas as grandes ofensivas de Israel dende 2008.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/9/25

Hora do conto e Ler conta moito: 29 de setembro a 3 de outubro 2025

Hora do conto e Ler conta moito: 29 de setembro a 3 de outubro 2025
- Aforo limitado: é imprescindible que reserves a túa praza a través de www.oleiros.org/bibliotecas/inscribete
Podes facelo desde 10 días antes da data de realización.

Luns 29 de setembro, ás 18:30  
Para crianzas a partir de 5 anos 
ESPECTÁCULO: “Abracalibro”
CONTACONTOS: Mago Rafa

Martes 30 de setembro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: “Malabares”
MONITORADO: Fraga dos mouros



Xoves 2 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos 
ESPECTÁCULO: “A viaxe de Piruleta”
CONTACONTOS: Ariadna Santana

Xoves 2 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas de 2 a 4 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contamúsicas”

Venres 3 de outubro, ás 17:30  
Para crianzas a partir de 6 anos 
OBRADOIRO: “Tortilla de ovos de conto”
MONITORADO: Pedras de papel
AVISO
A-o adulta-o responsable de cada menor de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla a-o nena-o.

26/9/25

Recomendacións en Radioleiros: 26 setembro 2025

Recomendacións en Radioleiros: 26 setembro 2025
- Infantil (de 10 a 12 anos):
"O caderno de Roque" de Carlos Taboada
O caderno de Roque de Carlos Taboada. En Xerais.
Dispoñible en Galicia Le

"Los amos del aire" de Donald L. MillerA familia Charabiscas agarda con impaciencia a chegada do tío Roque que marchou a percorrer o mundo: viaxes, aventuras e fantasía con moito humor.

- Mocidade e público adulto:
Los amos del aire de Donald L. Miller. Editado por Desperta Ferro.

Entrevistas, arquivos e historias orais conforman este relato arredor dos aviadores aliados que bombardearon a Alemaña nazi.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/9/25

Inscrición Tertulias Literarias nas Bibliotecas de Oleiros 2025-2026

Comentario de obras de distintos xéneros literarios coa moderación da escritora e xornalista Silvia Salgado.

Período: Outubro 2025 a Xuño 2026.
Sesións quincenais e mensuais, de mañás e tardes. 
Actividade dirixida a persoas maiores de 18 anos.

Prazo de inscrición: luns 22 a venres 26 de setembro.

Bases.
Formulario. 

Se houbera máis solicitantes que prazas, resolverase mediante un sorteo público con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros a celebrar o mércores 1 de outubro ás 13 h. na Biblioteca Central Rialeda.

As solicitantes inicialmente sen praza pasarán a formar parte dunha lista de agarda, para o caso de renuncias ou vacantes posteriores.

Máis información na Web Municipal e nas seguintes bibliotecas:
- Biblioteca Central Rialeda. Tfno. 981 639511
- Biblioteca Santa Cruz. Tfno. 981 626338
- Biblioteca de Mera. Tfno. 981 628507
- Biblioteca de Oleiros. Tfno. 981 610700