19/1/24

Recomendacións en Radioleiros: 19 xaneiro 2024

Recomendacións en Radioleiros: 19 xaneiro 2024
"Vivan as uñas de cores!" de Alicia Acosta e Luis Amavisca, ilustrado por Gusti- Infantil (crianzas a partir de 5 anos):
"Vivan as uñas de cores!" de Alicia Acosta e Luis Amavisca, ilustrado por Gusti. En NubeOcho.
A Xan gústalle pintar as uñas de cores. Faino simplemente porque goza mirando o divertidas e coloridas que semellan as súas mans. Pero a súa alegría transfórmase en tristeza cando chega á escola e os rapaces métense con el. Dinlle que pintar as uñas é de nenas e fan que se sinta moi mal. Grazas ao apoio da súa familia e do colexio vaise resolver este problema que tanto fai sufrir a Xan.

"A ladroa da biblioteca de Meirás" de Eva Mejuto
- Mocidade e persoas adultas:
"A ladroa da biblioteca de Meirás" de Eva Mejuto. Editado por Xerais.
Dispoñible en Galicia Le
Novela xuvenil ambientada no Pazo de Meirás en xullo de 1948 que conta a historia de Mariña.
Mariña é unha nena espelida e curiosa que pertence a unha familia humilde represaliada polo réxime franquista. É unha namorada dos libros e, para conseguilos, é quen de facer o que faga falta. Ata o punto de que consegue coarse, cada mércores, na Torre da Quimera do Pazo de Meirás para roubar, un a un, os libros da biblioteca que foi de Emilia Pardo Bazán e que agora pertence ao ditador.
Un día reaparece a súa tía Chelo, que é unha resistente contra o franquismo na clandestinidade, e pídelle que entre no Pazo para fotografar uns documentos que ela e os seus camaradas precisan para tender unha emboscada a Franco durante unha visita estival a Meirás.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/1/24

62 sesións da hora do conto e actividades de promoción da lectura de xaneiro a maio 2024 en Bibloleiros

62 sesións da hora do conto e diversas actividades de promoción da lectura nas bibliotecas municipais de xaneiro a maio 2024
Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a crianzas de 2 a 4 anos e a partir de 5 anos. As sesións de contacontos e concertos terán lugar ás 18:30 h e os obradoiros ás 17:30 h. Desde finais de xaneiro e ata finais de maio, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 62 sesións de diferentes actividades infantís, como contacontos, concertos de música, sesións de maxia, obradoiros científicos e de arte, etc., para fomentar á lectura e animar a que as crianzas visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Estas actividades realizaranse a través de narración ou dramatización dunha ou varias historias. Tamén haberá música, maxia e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Todos os actos terán un enfoque lúdico, fomentando a imaxinación e  a creatividade, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de ilusión e fantasía. Debido a que o aforo é limitado, é 62 sesións da hora do conto e diversas actividades de promoción da lectura de xaneiro a maio 2024 en Bibloleirosimprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Isto pode facerse chamando por teléfono ou achegándose persoalmente. Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización. Contarase con compañías como Trémola Teatro, Trinketrinke, A Xanela do Maxín, Tarabelos, Proyecto Bululú e Migallas. Contadoras-es como Charo Pita, Ramiro Neira e Anxo Fariña. Artistas como Pablo Díaz, Fran Amil, Antón Ke, Paco NogueirasXoan Curiel e magas como Leo Leíño. Os obxectivos que se intentan conseguir son fomentar a lectura a través do pracer e o gusto por esta, que se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito e promover o descubrimento da diversidade dos libros. Preténdese introducir as crianzas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, para que vexan que tamén se divirten e pasan momentos agradables cos libros. Poden solicitar información en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 17 xaneiro 2024 (Grupo B)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "Denuncia inmediata" de Jeffrey Eugenides.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "La musa oscura" de Armin Öhri.

12/1/24

Recomendacións en Radioleiros: 12 xaneiro 2024

- Infantil (menores de 6 anos):

A abelliña que perdeu as ás de Ramón Romero Nogueira, con ilustracións de Uxía Pin.
Xerais, 2023

Un conto en verso sobre unha adorable abelliña que perdeu as ás. Onde as puido deixar?. Natureza e cores nun libro con ilustracións divertidas para primeiras lecturas.

- Mocidade e persoas adultas:

La musa oscura de Armin Öhri
Impedimenta, 2016

A investigación dun asasinato no Berlín de 1865 resulta un paseo sociolóxico polos barrios da cidade e a súas diferenzas de clase. Un debuxante que axuda no traballo policial lévanos por esta interesante trama.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

AVISO: Días de peche das bibliotecas en xaneiro 2024

AVISO: Día de peche das bibliotecas en xaneiro 2024
 
Biblioteca "Mª José Ruso" (Dorneda)
Pechada ao público:
- Venres 19 de xaneiro.

Biblioteca "Ánxel Fole" (Nós)
Pechada ao público:
- Mércores 17 de xaneiro.
- Xoves 18 de xaneiro.
- Venres 19 de xaneiro.

Biblioteca "Xograr Mendiño (Lorbé)
Pechada ao público:
- Venres 12 de xaneiro.
- Venres 26 de xaneiro.

Pregamos desculpen as molestias.

9/1/24

Argallante, enxeñoso, descortés: centenario do nacemento do novelista, dramaturgo e xornalista Truman Capote (1924-2024)

Argallante, enxeñoso, descortés: centenario do nacemento do novelista, dramaturgo e xornalista Truman Capote (1924-2024)
Son incontables os epítetos que designan a vida e a obra do escritor norteamericano Truman Capote, do que se cumpre neste 2024 o centenario do seu nacemento. Un dos líderes do novo xornalismo, sobre todo tras publicar In Cold Blood (A sangue frío), deixou un enorme legado literario en forma de artigos, entrevistas, reportaxes, contos, libros de viaxes, retratos de personaxes célebres, adaptacións teatrais, un musical, varios guións cinematográficos e dúas novelas. As súas obras foron adaptadas a máis de 20 películas e series de televisión. Habitual de eventos, festas e programas da pequena pantalla, convertíuse nun personaxe de gran popularidade. A súa vida inspirou dúas películas, "Historia de un crimen" e "Truman Capote".

A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) ofréceche unha exposición de libros e fitas cinematográficas para conmemorar o centenario do seu nacemento. 

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 10 xaneiro 2024 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
17:30 a 19:30 h.

Sesión moderada por Cecilia Monllor.

Comentario de "La musa oscura" de Armin Öhri.
Documentación.

Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "Volver la vista atrás" de Juan Gabriel Vásquez.

8/1/24

Programación tertulias en Rialeda, Santa Cruz e Mera: xaneiro - marzo 2024

  

Biblioteca Central Rialeda

Grupo A:

Volver la vista atrás, de Juan Gabriel Vásquez (10 a 24 de xaneiro)
Lejos, de Rosa Ribas (24 de xaneiro a 7 de febreiro)
El árbol del olvido, de Nancy Huston (7 a 21 de febreiro)
As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (21 de febreiro a 6 de marzo)
El show de Gary, de Nell Leyshon (6 a 20 de marzo)
La doble vida de Anna Song, de Minh Tran Huy (20 de marzo a 3 de abril)

Grupo B:
La musa oscura, de Armin Öhri (17 a 31 de xaneiro)
Volver la vista atrás, de Juan Gabriel Vásquez (31 de xaneiro a 14 de febreiro)
Ninguén queda, de Brais Lamela (14 a 28 de febreiro)
El grupo, de Mary McCarthy (28 de febreiro a 13 de marzo)
Corazón tan blanco, de Javier Marías (13 de marzo a 10 de abril)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz


Grupo A:
La ley del menor, de Ian McEwan (23 de xaneiro a 6 de febreiro)
Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste (6 a 27 de febreiro)
Leña menuda, de Marta Barrio (27 de febreiro a 12 de marzo)
Denuncia inmediata, de Jeffrey Eugenides (12 de marzo a 9 de abril)

Grupo B:
Os dous de sempre, de Castelao (16 a 30 de xaneiro)
Los reyes de la casa, de Delphine de Vigan (30 de xaneiro a 20 de febreiro)
La vegetariana, de Han Kang (20 de febreiro a 5 de marzo)
El día antes de la felicidad, de Erri de Luca (5 a 19 de marzo)
A corazón abierto, de Elvira Lindo (19 de marzo a 16 de abril)

Grupo C (mañás):
República luminosa, de Andrés Barba (23 de xaneiro a 20 de febreiro)
La isla de las mujeres del mar, de Lisa See (20 de febreiro a 19 de marzo)
La mancha humana, de Philip Roth (19 de marzo a 16 de abril)

Biblioteca "María José Trincado" de Mera

Grupo A:
Antoloxía do conto galego: século XX (15 de xaneiro a 5 de febreiro)
El colibrí, de Sandro Veronesi (5 de febreiro a 4 de marzo)
Lejos, de Rosa Ribas (4 de marzo a 8 de abril)

Grupo B:
A nena do abrigo de astracán, de X. P. Docampo (22 de xaneiro a 19 de febreiro)
La uruguaya, de Pedro Mairal (19 de febreiro a 18 de marzo)
As malas mulleres, de Marilar Aleixandre (18 de marzo a 22 de abril)


5/1/24

Recomendacións en Radioleiros: 5 xaneiro 2024

Recomendacións en Radioleiros: 5 xaneiro 2024
- Infantil (crianzas menores de 6 anos):
"Papá, ¿vamos a ver la Luna esta noche?" de Héctor Anoro, ilustrado por Montse Clotet"Papá, ¿vamos a ver la Luna esta noche?" de Héctor Anoro, ilustrado por Montse Clotet. Editado por La Galera.
Un álbum ilustrado que parte do feito real de contemplar a Lúa pola noite o autor e a súa filla maior.
Un pai e unha nena pequena toman por costume saír a observar a Lúa diversas noites en días sucesivos.
A nena pregúntalle ao pai se lles responderá. A primeira noite que saíron a vela estaba moi pequena e moi lonxe. Preguntáronlle se quería ser amiga súa, pero non lles respondeu. A segunda noite xa era máis grande. A terceira estaba algo tapada polas nubes polo que non a vían ben. Na cuarta era unha lúa distinta. Na quinta era moi grande, totalmente redonda e parecía que se achegaba a eles...
Dialogando, respondendo a preguntas, xuntos descobren as fases da Lúa. Mentres o pai pretende explicarlle de forma sinxela este fenómeno astronómico, a nena intenta falar con ela, enviarlle un bico, así podemos descubrir tipos de bicos con sabor a Lúa.
Unha historia fermosa sobre a relación dunha nena co seu pai no xogo de saír a contemplar a lúa. Como a lúa irá cambiando, ata converterse nun personaxe infantil máis.
Álbum seleccionado pola OEPLI en 2022 para menores de 6 anos.

"El retrato de casada" de Maggie O’Farrell
- Mocidade e persoas adultas:
"El retrato de casada" de Maggie O’Farrell. En Libros del Asteroide.
Versión dixital en eBiblio
Obra de ficción inspirada en datos históricos na breve vida de Lucrezia de Medici.
En Florencia, a mediados do século XVI, preséntanos a Lucrezia, a terceira filla do gran duque Cosimo de Medici, unha nena diferente: soñadora, rebelde, perspicaz e cunhas grandes habilidades para o debuxo. Leva unha vida discreta ata que falece súa irmá María, uns anos maior que ela e que ía casar con Alfonso d’Este, primoxénito do duque de Ferrara. Ao falecer súa irmá, o duque pide a man de Lucrezia, cando aínda non cumprira os 13 anos. Seus pais aceptan. Non ven inconveniente en que só teña esa idade e en que o prometido sexa doce anos maior que ela. Con só quince anos casa con Alfonso II d’Este, xa duque de Ferrara debido a que lle faleceu o pai. Convértese en duquesa e é trasladada a este ducado.
Pero, como é o seu home? Ela non o coñece, a veces parece sensible e comprensivo, outras un déspota desapiadado. O que si se sabe é o que se agarda dela. Ten que proporcionar un herdeiro ao ducado o antes posible, para asegurar a continuidade do título. É unha muller que só a queren para que teña fillos. Todos están de acordo con isto: desde a propia nai, o pai e por suposto o marido. Ao final da obra hai unha nota da autora na que describe os datos históricos nos que se baseou, os cambios que realizou e diversos detalles arrepiantes sobre a vida e a morte dalgunhas mulleres citadas no libro. Tamén menciona o poema “Mi última duquesa” de Robert Browning (escritor inglés do século XIX), que se considera que se inspira en Alfonso II d’Este, duque de Ferrara. Unha emotiva novela dunha adolescente para a que o matrimonio é o seu único destino, que tivo que aprender a sobrevivir nunha corte turbulenta e que mostra como era Florencia e Ferrara na época do Renacemento.
A narración non é lineal, nin cunha orde cronolóxica, pero isto é superado polas excelentes descricións e o reais que parecen os personaxes. A historia vai envolvendo ao lectorado nunha atmosfera inquietante que o vai atrapando. Cun estilo preciso e evocador, describe os lazos familiares, as intrigas políticas, o papel da muller na época. Unha obra ben escrita, conmovedora, cunha reflexión sobre a vida e a morte das mulleres nesta época.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


2/1/24