19/1/24

Recomendacións en Radioleiros: 19 xaneiro 2024

Recomendacións en Radioleiros: 19 xaneiro 2024
"Vivan as uñas de cores!" de Alicia Acosta e Luis Amavisca, ilustrado por Gusti- Infantil (crianzas a partir de 5 anos):
"Vivan as uñas de cores!" de Alicia Acosta e Luis Amavisca, ilustrado por Gusti. En NubeOcho.
A Xan gústalle pintar as uñas de cores. Faino simplemente porque goza mirando o divertidas e coloridas que semellan as súas mans. Pero a súa alegría transfórmase en tristeza cando chega á escola e os rapaces métense con el. Dinlle que pintar as uñas é de nenas e fan que se sinta moi mal. Grazas ao apoio da súa familia e do colexio vaise resolver este problema que tanto fai sufrir a Xan.

"A ladroa da biblioteca de Meirás" de Eva Mejuto
- Mocidade e persoas adultas:
"A ladroa da biblioteca de Meirás" de Eva Mejuto. Editado por Xerais.
Dispoñible en Galicia Le
Novela xuvenil ambientada no Pazo de Meirás en xullo de 1948 que conta a historia de Mariña.
Mariña é unha nena espelida e curiosa que pertence a unha familia humilde represaliada polo réxime franquista. É unha namorada dos libros e, para conseguilos, é quen de facer o que faga falta. Ata o punto de que consegue coarse, cada mércores, na Torre da Quimera do Pazo de Meirás para roubar, un a un, os libros da biblioteca que foi de Emilia Pardo Bazán e que agora pertence ao ditador.
Un día reaparece a súa tía Chelo, que é unha resistente contra o franquismo na clandestinidade, e pídelle que entre no Pazo para fotografar uns documentos que ela e os seus camaradas precisan para tender unha emboscada a Franco durante unha visita estival a Meirás.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario