19/5/23

Recomendacións en Radioleiros: 19 maio 2023

 - Xuvenil (a partir de 12 anos):

A memoria dos paxaros, de Teresa González Costa
Xerais, 2022

Versión dixital en Galiciale

Celeste vai investigar o que hai detrás da aparición dun mozo inconsciente a noite de Samaín.

- Para xoves e persoas adultas:

Epistolario a Fernández del Riego, de Ricardo Carballo Calero
Galaxia, 2006

Cincuenta anos que reflicten a cultura galega nestas cartas de dous intelectuais do século XX.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: 22 a 25 de maio 2023

Actividades de promoción da lectura: 22 a 25 de maio 2023
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 22 a 25 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 22 de maio:
- 10:00 alumnado de 2º de ESO do Colegio Hijas de Cristo Rey (Oleiros).
Visita á biblioteca e "Feirantes" con Ramiro Neira.
Martes 23 de maio:
 - 10:00 alumnado de 4º de EI do Colegio Hijas de Cristo Rey (Oleiros).
"Pipo, o paxaro que non sabía voar" con Trémola Teatro.
Mércores 24 de maio:
- 10:30 alumnado de 5º de EI e 12:15 alumnado de 6º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Contando números, cantando cores" con Pablo Díaz.
Xoves 25 de maio:
- 10:30 alumnado de 5º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Contos de aquí" con Ramiro Neira.

17/5/23

Galaxia Fernández del Riego: recomendacións para o Día das Letras Galegas

Unha constelación de obras para todas as idades coas que acompañar e celebrar o Día das Letras Galegas 2023. Acompáñanos na viaxe!

Hora do conto: de 18 e 19 de maio de 2023

Hora do conto: de 18  e 19 de maio de 2023
- Aforo limitado:
chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Xoves 18 de maio, ás 18:30 
Para crianzas a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “Brinca vai”

Venres 19 de maio, ás 18:30 Celebramos o Día das Letras Galegas
Para crianzas de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Os ratiños da caixa”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro

16/5/23

Día das Letras Galegas nas Bibliotecas Municipais

Consulta todas as actividades dedicadas ao escritor e dinamizador do galeguismo cultural Francisco Fernández del Riego.

Concerto musical para público familiar a cargo de Xoán Curiel: 16 de maio

Concerto musical para público familiar a cargo de Xoán Curiel: 16 de maio
Concerto musical para público familiar
a cargo de Xoán Curiel.
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Día: Martes 16 de maio
Hora: 19:30  
Aforo limitado: Imprescindible reservar praza na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) ou chamando ao 981 626 338.
Poderanse inscribir desde dez días antes da data de realización da actividade.
Xoán Curiel poñerá en escena o espectáculo musical "Cantando as nosas Letras" para achegar a literatura galega a todo o público. 
Será un pracer para os sentidos escoitar a voz deste músico galego!

11/5/23

Recomendacións en Radioleiros: 12 maio 2023

- Infantil (a partir de 9 anos):

O neno de lume, de Ledicia Costas con ilustracións de Iván R.

Premio Merlín de Literatura Infantil no 2021
Premio Follas Novas do Libro Galego no 2023


Unha novela infantil que conta unha historia, acontecida hai preto de dous séculos, sobre un neno especial chamado Morgan. De bebé apareceu diante da casa dunha señora, cunha caixa de mistos e unha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume», algo que ela non entendeu. Gardou a nota e a caixa, colleuno no seu colo e pensou en como se pode abandonar unha criatura así. A Sra. Culpepper quixo adoptalo pero puxéronlle tantos impedimentos legais que o neno tivo que pasar o primeiro ano de vida nunha casa de acollida, o que si puido foi darlle o seu apelido. Por ese motivo, o gobernador tivo a orixinal idea de organizar un sistema de adopciónsingular. Todos os anos, o 1 de xaneiro, farían un sorteo. O neno viviría cada mes nunha casa distinta, así tería ducias de pais e nais e nunca se sentiría só. Para garantir que o ían tratar ben o concello daríalle unha boa dotación económica a cada unha das familias agraciadas no sorteo. 

A partir dos 10 anos, as cousas comezaron a complicarse, porque Morgan sempre tiña sobre o seu ombro dereito unha especie de chama, de nome Luminaria, que nunca se apagaba e que só el podía ver. Os primeiros problemas aparecéronlle na escola, debido a que non é doado ser un neno que fala cunha chama invisible e que cada mes vive nunha casa distinta. Iso fai que entre a formar parte do grupo dos raros, dos diferentes...

Por todo isto, a Sra. Culpepper pensou en que era hora de resolver o enigma da nota que acompañaba ao neno de bebé, e a partir de aquí acontecen unha serie de aventuras fantásticas...

Estamos ante unha narración de fantasía e de aventuras, cunhas fermosas ilustracións, que fala de nenos adoptados, da busca da propia identidade, da amizade e da diversidade.

- Xoves e persoas adultas:


Unha biografía divulgativa sobre Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas deste ano, un escritor e intelectual que desenvolveu un traballo fundamental de difusión da cultura galega e principalmente do galeguismo cultural durante o século XX. Destacado membro do Seminario de Estudos Galegos e da xeración de intelectuais que xurdiron arredor do Grupo Nós. Unha ponte esencial entre a cultura galega de antes de 1936 e as posteriores xeracións galeguistas, pero tamén entre o galeguismo do exterior e o do interior do país. Membro fundador da editorial Galaxia en 1950 e da Fundación Penzol en 1963 da que foi director. Ingresa na Real Academia Galega en 1960, sendo presidente desta institución de 1997 a 2001. Entre algunha das súas iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas. Unha persoa de traballo constante e silencioso, ao mesmo tempo que un importante intelectual. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Os máis prestados do 2022

 Pulsa as imaxes e coñece os títulos favoritos en cada unha das categorías.



  Infantil - Xuvenil                            Mozas/os e Adultas/os

Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros agradecemos o voso esforzo e a vosa fidelidade.
Moitas grazas por facer biblioteca!

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 16 maio 2023 (Grupo B)

17:30 a 19 h.

Comentario de "Desgracia" de J. M. Coetzee

Seguinte lectura: "Virtudes (e misterios)" de Xesús Fraga

Tertulia literaria en Mera: luns 15 maio 2023

19 a 20:30 h.

Comentario de "Tierra desacostumbrada" de Jhumpa Lahiri

Seguinte lectura: "Un señor elegante" de Suso de Toro

10/5/23

A constelación de don Paco ten tres planetas máis que visitar

A constelación de don Paco ten tres planetas máis que visitar
A constelación de don Paco ten tres planetas máis que visitar:

Público adulto: Expo bio-bibliográfica de Francisco Fernández del Riego coa obra do autor dispoñible na biblioteca.
As crianzas poden visitar a mostra "A volta ao galego en 15 editoriais": escolma de títulos que amosan a variedade e calidade da actual produción editorial en Galiza. Asemade, o público infantil, poderá aprender dun xeito lúdico información sobre o autor homenaxeado con pasatempos que estarán dispoñibles na sala infantil.
- Obradoiro para crianzas a partir de 6 anos titulado "Autorretratos inspirados en mulleres" por Babaluva Teatro: Despois de coñecer mulleres artistas da vangarda como Maruja Mallo, inspirándonos nas fotografías que Ruth Matilda Anderson realizou en Galicia, pintaremos un orixinal autorretrato en branco e negro. Luns 22 de maio ás 17:30. Aforo limitado: reserva a túa praza na Biblioteca de Dorneda ou chamando ao 981 626 638. Podes inscribirte desde dez días antes da data de realización da actividade. 

- Mostra bibliográfica “Maio das Letras”, Francisco Fernández del Riego (1913-2010), é unha das figuras máis importantes do galeguismo do século XX. Autor dunha amplísima obra que atinxe case todos os xéneros. Esta exposición de títulos da súa autoría pretende achegar a súa obra a todas as persoas que visiten a biblioteca no mes de maio.
- "Pintamos a don Paco”: Don Paco, dende moi novo, usou lentes e gustáballe ir de traxe e gravata. As crianzas que o desexen poderán dar cor ao retrato de Francisco Fernández del Riego e a diferentes marcapáxinas conmemorativos do Día das Letras Galegas. Todos os debuxos serán expostos no mostrador de préstamo da biblioteca para dar a benvida ás persoas usuarias durante o mes de maio.

Exposición para público infantil e adulto con obras de Francisco Fernández del Riego e sobre o autor homenaxeado.

9/5/23

Ler para saber A CIENCIA: 12 de maio 2023

Xacobo de Toro Cacharrón. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía

Charla de divulgación científicaLer para saber A CIENCIA: 12 de maio 2023 dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.
Día: Venres, 12 de maio.
Lugar: Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
Hora: 18:30 h.

Cambio climático
Xacobo de Toro Cacharrón. Profesor de Bioloxía e Xeoloxía.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

Facemos parada en varias estrelas da galaxia de don Paco

Facemos parada en varias estrelas da galaxia de don Paco
Seguimos celebrando as Letras Galegas e facemos parada en varias estrelas da galaxia de don Paco:
- Exposición Bibliográfica “A galaxia de don Paco”: mostra bibliográfica coas obras escritas por e sobre Francisco Fernández del Riego.
Marcapáxinas de Francisco Fernández del Riego.
- Mural bibliográfico interactivo sobre o autor homenaxeado.
- Xogos literarios para as crianzas: A roda de Francisco e O xogo da detective (sobre lírica medieval).
O Club de lectura estará dedicado á obra “Virtudes (e misterios)” de Xesús Fraga nos dous grupos de lectura da biblioteca.
- Espectáculo musical para público familiar para achegármonos á literatura galega titulado "Cantando as nosas Letras" con Xoán Curiel. No Teatro As Torres (Santa Cruz), martes 16 de maio ás 19:30. Aforo limitado: reserva a túa praza na Biblioteca de Santa Cruz ou chamando ao 981 626 338. Podes inscribirte desde dez días antes da data de realización da actividade.
Para público adulto:  
- Mostra bibliográfica "Letras galegas 2023: Francisco Fernández del Riego" dos libros que hai na biblioteca, do autor ou relacionados con el.
Para público infantil:
- Mostra “Universo Galaxia”, unha escolla de títulos de literatura infantil e xuvenil publicados pola editorial viguesa, como homenaxe á editorial da que foi un dos seus fundadores.
- Expo "Fernández del Riego: Letras Galegas 2023" cos libros do autor e sobre el. Para crianzas, debuxos para colorear.

8/5/23

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 10 maio 2023 (Grupo B)

17:30 a 19:30 h.

Comentario de "As crónicas do Sochantre" de Álvaro Cunqueiro
Coa colaboración da profesora xubilada de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño

Seguinte lectura: "Hamnet" de Maggie O'Farrell

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 9 maio 2023 (Grupo A)

17:30 a 19 h.

Comentario de "Virtudes (e misterios)" de Xesús Fraga
Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada

Seguinte lectura: "Las viudas de los jueves" de Claudia Piñeiro